Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Brasil, chave do futuro da América Latina
31/05/2016Emir Sader
A eventual destituição de Dilma e o final da experiência de governo do PT no Brasil aparece, para a direita continental, como o que seria uma vir...
A natureza da crise sistêmica global: às vésperas do choque das placas tectônicas do capital
30/05/2016Edmilson Costa
Mesmo com toda a ofensiva do capital, o quadro de aparente calmaria pode mudar bruscamente se as massas se colocarem em movimento. Todas as revoltas...
Colonialismo, Neocolonialismo e Balcanização: As três idades de uma dominação
30/05/2016Said Bouamama
À mutação da base material do capitalismo corresponde uma mutação das formas da dominação política. O principal objectivo já não é instal...
A partida de xadrez xeopolítica EEUU-Rusia en América Latina
27/05/2016Germán Gorraiz Lopez
As medidas cosméticas tomadas pola Administración Obama no seu primeiro mandato, a respecto de Cuba, deixan intacto o bloqueo e non cambian substa...
O novo cenário brasileiro
27/05/2016Immanuel Wallerstein
O que um movimento que venha a suceder o PT poderá fazer é voltar às raízes, como movimento anti-imperialista consistentemente de esquerda. Não...
Estratégia do golpe global
27/05/2016Manlio Dinucci
Venezuela
26/05/2016Pedro Guerreiro
CIG-Administración
17/5/2013 A Lei de Patrimonio Cultural di que “baixo ningún concepto se poden destruír documentos mentres subsista o seu valor probatorio”
 No Pleno do Parlamento galego do mércores 15 de maio, o Presidente da Xunta aseguraba que non existen contratos anteriores ao 2003 co seu daquela amigo Marcial Dorado porque “só hai obriga de arquivar os documentos durante 10 anos”. A CIG-Administración desmente esta afirmación e asegura que non se poden destruír documentos mentres subsista o seu valor probatorio e que para a súa xestión a administración conta cun grupo de funcionarios especializado no eido da arquivística (Corpo Especial de Arquivos).
16/5/2013 Publica un video “retrógrado” no seu web para vender a necesidade dos recortes coincidindo coa publicación no DOG da nova Relación de Postos de Traballo
Coindindo coa campaña propagandística da Xunta de Galiza, que aproveitou o Día da Familia, 15 de maio,  para xustificar os recortes cun video propagandístico no que unha familia tradicional (o modelo de familia galega do Partido Popular) non gasta máis do que ten, publicábase no DOG a RPT pola que a consellaría de Traballo e Benestar despide a 59 traballadoras e traballadores da administración pública. “59 familias que se van á cola do paro”, denuncia o sector da Autonómica da CIG-Administración.
15/5/2013 Durante a xornada de celebración traballadores/as e usuarios/as mobilizaranse contra a política de recortes aplicada pola administración
O martes 14 de abril, iniciouse o 11º peche que veñen realizando as traballadoras e traballadores do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade Física (CAMF-Imserso) de Ferrol semanalmente. Como veñen facendo habitualmente concentráronse entre as 12.00 e as 12:30 horas nas portas dianteiras do centro de traballo.
14/5/2013 Denunciaron ademais os “alarmantes” aspectos regresivos que se introducen coa Lei de Emprego Público que pretende aprobar o partido Popular
Empregados e empregadas da Xunta de Galiza concentrábanse na mañá deste martes en San Caetano para denunciar os despedimentos e a destrución de emprego público que esta semana se vai facer efectiva, unha vez se publique a modificación da Relación de Postos de Traballo no Diario Oficial de Galiza. Na mobilización, convocada polas centrais sindicais presentes na Mesa Xeral de Emprego Público en Galiza denunciáronse tamén as consecuencias que, nas condicións laborais do persoal das administracións públicas de Galiza, terá a Lei de Emprego Público que pretende aprobar o Partido Popular.
13/5/2013 Convocan as organizacións sindicais con representación na Mesa Xeral de Emprego Público en Galiza, ás 12:00 horas, na explanada da cafetería
As catro organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Emprego Público (CIG, CCOO, UGT e CSIF) convocan unha concentración, este martes, día 14 de maio, ás 12:00 horas, na explanada da cafetería do edificio administrativo da Xunta de Galiza, en San Caetano, para denunciar os despedimentos e a destrución de emprego público que esta semana se vai facer efectiva, unha vez se publique a modificación da Relación de Postos de Traballo no Diario Oficial de Galiza.
13/5/2013 Eliminaron os postos de traballo das persoas encargadas das tarefas de orientación laboral e da supervisión e control das subvencións que reciben as empresas
A pasada semana, a Consellaría de Traballo anunciou a contratación de 20 persoas para o control da fraude nas prestacións do Plan Prepara. Ante isto, o sector da Autonómica da CIG-Administración denuncia o “cinismo” que amosa a consellaría, logo de ter destruído 223 postos de traballo nas oficinas de emprego entre xuño e decembro do 2012 e que “nestes días está a despedir a máis persoal”.
7/5/2013 Para a central sindical a proposta da Xunta do PP non busca a creación de emprego público, senón só avanzar na destrución de servizos públicos e os dereitos do seu persoal
A Área Pública da CIG (Administración, Saúde e Ensino) vén de presentar máis de 200 alegacións ao Anteproxecto de Lei do Emprego Público de Galiza. Un anteproxecto que a central nacionalista rexeita na súa totalidade, por non ser máis que unha recompilación dos recortes na Función Pública e os Servizos Públicos aplicados polo Goberno do PP nos últimos anos, que ademais introduce novos recortes de dereitos e afianza o control, a centralización e a uniformización a todas as administracións galegas, facilitando así a reorganización, eliminación ou modificación das mesmas ao arbitrio do político de quenda á fronte de cada unha das unidades administrativas.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com