Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Grécia: Syriza enfrenta decisões difíceis
26/01/2015Dimitris Belladis
Syriza pode se tornar uma força de contestação antineoliberal e anticapitalista, embora infelizmente esta coalizão também possa ser a base de u...
A União Europeia não existe
21/01/2015Vaz de Carvalho
A UE não existe, o que existe é um problema, uma guerra de classe contra os povos sob a designação de UE. Que democracia, que vontade do povo se...
A estratégia da tensão de dois terrorismos: o jihadista e o imperialista
21/01/2015Achille Lollo
O ataque ao semanário Charlie Hebdo alimenta uma dúplice estratégia da tensão, onde, por um lado, as células jihadistas exploram o degrado e o ...
Ucrânia e fascismo
15/01/2015Inês Zuber
A população do Donbass e os patriotas ucranianos que resistem à fascização da Ucrânia – vulgarmente conhecidos nos media dominantes por «te...
Charlie Hebdo: Uma reflexão difícil
14/01/2015Boaventura de Sousa Santos
Não estamos perante um choque de civilizações, até porque a cristã tem as mesmas raízes que a islâmica. Estamos perante um choque de fanatism...
Atalhos
14/01/2015Tariq Ali
A lógica que há por trás
09/01/2015Martín Granovsky
CIG-Administración
14/8/2012 O sector da Autonómica de CIG-Administración afirma que os contratos para a campaña de incendios a Natutecnia e IANER foron adxudicados “a dedo”
O sector da Autonómica de CIG-Administración vén de presentar unha denuncia por presunto delito de prevaricación contra a conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana; o Secretario Xeral de Montes, Tomás Fernández Couto e o Secretario Xeral Técnico; Francisco Vidal. Medio Rural adxudicou a Natutecnia e INAER o servizo de helicópteros e as cuadrillas contraincendios, segundo afirman, sen garantir os principios de concorrencia competitiva, igualdade e publicidade. As adxudicacións tampouco foron publicadas nin no DOG, nin no Boletín das Comunidades Europeas, como sería preceptivo.
7/8/2012 Inclúese no decreto lei que prepara o goberno para adaptar á reforma laboral o despedimento colectivo, de suspensión de contratos e redución de xornada
O PP ten preparado xa o borrador do “Proxecto de Real decreto polo que se aproba o regulamento dos procedementos de despedimento colectivo e de suspensión de contratos e redución de xornada”.  Un texto co que se pretenden incorporar as modificacións aprobadas na reforma laboral ao Estatuto dos Traballadores/as e que afecta a todos os sectores, incluídas as administracións públicas e, xa que logo, á Xunta de Galiza.
2/8/2012 O éxito da mobilización, malia convocarse dun día para outro, en agosto e pola tarde, evidencia o malestar social e o rexeitamento ás políticas do PP
Centos de persoas concentrábanse na tarde deste xoves de agosto diante do Parlamento de Galiza, para manifestar o seu rotundo rexeitamento ás medidas que, nese intre, o Partido Popular impoñía, facendo uso da súa maioría absoluta, nun pleno extraordinario convocado para tratar ese punto. Transcorrida máis de media hora de concentración, o portalón de acceso ao pazo pechábase mecanicamente, provocando a indignación das persoas concentradas.
1/8/2012 A Área Pública da CIG chama a participar na mobilización convocada coincindo co pleno no que o PPdG imporá en Galiza as medidas regresivas decretadas en Madrid
A Área Pública da CIG fai un chamamento a participar na concentración convocada para mañá xoves, día 2 de agosto, diante do Parlamento de Galiza coincidindo coa celebración do pleno extraordinario no que o Partido Popular convalidará as medidas de recorte impostas por Rajoy. A CIG denuncia que o PPdG imporá a súa maioría absoluta na cámara para aplicar con toda a dureza eses regresivos recortes, acatando submisamente as ordes do goberno central, sen importarlle as graves consecuencias que terán para os servizos públicos de Galiza, nin para as súas traballadoras e traballadores.
31/7/2012 O custo da arbitraxe das preferentes pagarémolo todos os galegos á irmá do Presidente
O goberno de Alberte Núñez Feijóo vén de recorrer á contratación da empresa EULEN, da que é apoderada  a súa irmá para a atención telefónica das persoas afectadas pola fraude das preferentes. Así o denuncia o sector da Autonómica da CIG-Administración, que asegura que o procedemento foi negociado sen publicidade –nin saíu no BOP, nin no DOG, nin no BOE, nin no DOUE- por un total de 85.000 euros, 60.000 para a provincia da Coruña e 25.000 para a de Pontevedra.
30/7/2012 CIG, CCOO e UGT teñen convocadas xa mobilizacións coincidindo coa celebración dos Consellos de Ministros no mes de agosto
Miles de persoas, convocadas polas organizacións sindicais da área pública, percorreron as rúas das cidades galegas, máis unha vez, para manifestar o seu  rotundo rexeitamento aos recortes laborais e salariais decretados polo goberno Rajoy. Recortes que poñen en perigo servizos públicos esenciais e que pretenden a súa privatización. As mobilizacións remataron coa lectura dun  manifesto conxunto no que se denuncia o uso da crise, polos Gobernos de Galicia e do Estado Español, “para subtraer recursos dos servizos esenciais” mentres “castiga co paro e a exclusión social a miles de familias galegas”.
30/7/2012 Chaman a defender os servizos públicos e a dignidade dos seus traballadores e traballadoras
As organizacións sindicais da Área Pública acordaron, na xuntanza celebrada na mañá deste luns día 30 de xullo, continuar coas mobilizacións contra os recortes e agresións impostos polos gobernos do PP, de Mariano Rajoy e de Alberte Núñez Feijóo, contra as empregadas e empregados públicos.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com