Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Capitalismo e corrupção
18/12/2014Albano Nunes
A corrupção é sistémica. É algo inerente ao funcionamento do sistema capitalista. Não se toca nos offshore nem se avança sequer na taxação ...
A crise xaponesa e nós
17/12/2014Albert Recio Andreu
Nas economías capitalistas sempre que existe estancamento económico se traduce en paro masivo, expansión da pobreza e variedade de sufrimentos hu...
O Tratado Transatlántico de Comercio e Investimentos (TTIP) e a arquitectura da impunidade
15/12/2014Juan Hernández Zubizarreta
Co TTIP procédese á harmonización normativa á baixa; é dicir, se o control financeiro é máis estrito en EEUU, harmonizar tendo en conta a reg...
A terceira guerra mundial
15/12/2014Boaventura de Sousa Santos
Todo indica que está en preparación a terceira guerra mundial. É unha guerra provocada unilateralmente polos EE.UU. coa complicidade activa da UE...
Confrontação Norte-Sul… ou aliança entre trabalhadores do Norte e povos do Sul?
15/12/2014Rémy Herrera
A urgência é travar a regulação do sistema capitalista mundial pela guerra, sob a hegemonia estado-unidense e a agressão contra o Sul. Para iss...
A importância do "Económico"
15/12/2014Prabhat Patnaik
O irrespirável ar da América
11/12/2014António Santos
A batalha de Ferguson
01/12/2014António Santos
CIG-Administración
10/5/2012 Convocan unha manifestación para o vindeiro 26 de maio, en Compostela
Delegados e delegadas de CIG-Correos concentrábanse este xoves ante a sede da compañía, na zona vella compostelá, para alertar tanto ao persoal como á cidadanía das consecuencias que tería a súa privatización. Serxio Martínez, responsábel nacional do sector, considera que esta posibilidade está cada vez máis cerca, logo de que o Partido Popular o pasara á SEPI, como se fixo con outras empresas públicas que logo acabaron finalmente en mans privadas.
8/5/2012 O persoal dos centros de diversos centros da provincia da Coruña levou a cabo asembleas permanentes que se prolongaron até este martes
Os traballadores e traballadoras das residencias de maiores, centros de menores, escolas infantís e outros centros dependentes da Consellería de Traballo e Benestar na provincia da Coruña realizaron unha xornada de loita o luns en defensa dos seus empregos e uns servizos sociais públicos e de calidade.
3/5/2012 FESAN, empresa vinculada co Opus Dei, levarase o 50%, o resto é para Promoción de la Formación Las Palmas S.L.
O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar formaliza a xestión privada  de varias escolas integradas na Rede Galega de Escolas Ingantís. En concreto trátase da xestión da atención educativa da escola infantil de Pontevedra-Monte Porreiro, de Betanzos, de Carballo-A Braña e do Pino. Así figura no  DOG 30/04/2012. Para CIG-Administración este é “outro claro exemplo de austeridade hipócrita”.
2/5/2012 Denuncian a represión tanto contra a representación sindical, nomeadamente á CIG, como ao conxunto do persoal
Membros do Comité de Empresa da Fundación para a Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galiza concentrábanse esta mañá na entrada interior do edificio administrativo da Xunta de Galiza para denunciar o despedimento dunha traballadora embarazada de cinco meses e a represión sindical á que está sometido o cadro de persoal deste organismo.
30/4/2012 Anuncian accións penais por vulneración de dereitos fundamentais e represión sindical
O Comité de Empresa da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial realizaba, o pasado venres, un peche na sala de xuntas dos Servizos Centrais para denunciar o despedimento dunha traballadora embarazada, amparándose na reforma laboral. Os delegados da CIG anunciaron accións penais contra os responsábeis desta entidade pública por vulneración de dereitos fundamentais e represión sindical dende o ano 2009.
27/4/2012 Denuncian a política de peche de centros e de redución de prazas que está a aplicar a Consellería de Traballo e Benestar
O sector de Autonómica de CIG-Administración de Ourense vén de denunciar publicamente que as últimas decisión adoptadas pola Consellería de Traballo e Benestar volven ser discriminatorias coa provincia e poñen en risco servizos sociais públicos básicos. Ao peche hai uns días do centro de menores de Montealegre súmaselle agora a redución de prazas na residencia de maiores de Barbadás, polo que dende a central nacionalista reclaman a dimisión ou cese do delegado territorial do departamento autonómico.
24/4/2012 A Sección Sindical rexeita que o Goberno municipal utilice a prensa para dar a coñecer os recortes de persoal
A Sección Sindical da CIG no Concello de Silleda manifestou a súa disconformidade coas formas utilizadas pola Alcaldía para informar da aplicación dos últimos recortes decretados polo Goberno español, xa que, a pesares de que a central nacionalista ostenta a maioría da representación entre o persoal laboral, e tendo presenza tamén no persoal funcionario, vén de coñecer un suposto plan de axuste do cadro de traballadores/as a través da prensa.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com