Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
A desfeita das políticas de austeridade
28/10/2014Vicenç Navarro
O xeito de reducir o déficit e a débeda públicos dun país non é aplicando políticas de austeridade. Estas políticas reducen a demanda de ben...
O Brasil de Lula segue para diante
28/10/2014Emir Sader
A militancia de esquerda gañou as rúas de todo o país; a segunda volta foi dunha clara contraposición entre esquerda e dereita, o que configuro...
Entrevista a Tom Kucharz: “O TTIP é un ataque sen precedentes contra dereitos sociais e laborais»
28/10/2014
Hai unha intención de crear unha OTAN económica, que sería ese pacto económico-comercial UE e EEUU, que faría máis forte ambas as potencias, ...
Capitalismo e discriminação entre trabalhadores
23/10/2014Prabhat Patnaik
O capitalismo, portanto, actua para segmentar romper a classe trabalhadoras de dois modos bastante distintos: um pela promoção da competição en...
EUA: Guerra ao EI é cortina de fumaça para guerra contra Síria e Irã
22/10/2014Mahdi Darius Nazemroaya
A chamada “ameaça” do Estado Islâmico no Iraque e Levante, ou Estado Islâmico (EI) é cortina de fumaça. A força do EI foi deliberadamente...
Neoliberalismo século XXI?
21/10/2014Emir Sader
Orzamentos do Estado 2015
16/10/2014María do Carme García-Negro
A terceira guerra de Iraq
14/10/2014Ignacio Ramonet
CIG-Administración
11/4/2014 Dende a CIG-Salnés denuncian que a única xestión que fixo o rexedor en dous días foi enviarlle un fax á conselleira
As 39 traballadoras despedidas/os da residencia Valle Inclán abandonaron hoxe o peche que dende onte mantiñan no Concello de Vilanova para reclamar unha xuntanza coa conselleira de Traballo despois de que o alcalde as ameazase con sancións económicas. Dende a CIG-Salnés denuncian o nulo interese da Xunta do PP en solucionar un conflito laboral que provocou o peche da maior empresa da localidade.
11/4/2014 Denuncian que a redución de até o 30% do persoal impedirá a prestación do servizo postal
Traballadores e traballadoras da oficina principal de Correos de Ferrol rexistraron esta maña unha moción no Concello solicitando do Pleno municipal apoio ás súas reivindicacións contra o recorte de emprego previsto, que podería chegar a supor unha redución do 30% do actual cadro de persoal. Este recorte, denuncian, faría imposíbel prestar o servizo postal nas condicións que marca a lexislación actual.
10/4/2014 Iniciaron a protesta despois de que o alcalde afirmase que o peche do xeriátrico é responsabilidade da CIG
As 39 despedidas/as da residencia de maiores Valle Inclán permanecen pechadas/os dende este mediodía xunto a representantes da CIG no salón de plenos Concello de Vilanova para reclamar unha xuntanza coa conselleira de Traballo. As afectadas/os iniciaron a mobilización tras as declaracións do alcalde nas que aseguraba que o peche do centro é responsabilidade da central nacionalista e que as partes aínda estaban a tempo de negociar.
10/4/2014 Hoxe continuaron en Vigo as protestas contra a privatización do Rexistro Civil
Os sindicatos con representación no sector da Xustiza, entre eles a CIG-Administración, amosaron hoxe o seu rexeitamento ao anteproxecto da Lei Orgánica do Poder Xudicial que vén de presentar o Goberno español. As centrais e reclaman o mantemento dos actuais partidos xudiciais porque a súa redución suporía “alonxar aínda máis os cidadáns da administración de xustiza”.
9/4/2014 A Xunta de Persoal dos Servizos Centrais denunciou ante a Institución a falta de resposta ante os escritos que foron remitidos a distintos departamentos
A Xunta de Persoal dos Servizos Centrais denunciou a principios de ano ante o Valedor do Pobo o ‘ninguneo’ ao que sometían a este órgano de representación os distintos departamentos da Xunta que nin sequera se molestaban en contestar a multitude de escritos que lles ten dirixidos. En febreiro, o Valedor comunicoulle que admitía a trámite a queixa. Agora o Valedor vén de comunicarlle á Xunta de Persoal dos Servizos Centrais que a Xunta de Galiza segue sen remitirlle o informe demandado de por que non contesta á meirande parte dos escritos que lle presenta este órgano de representación.
9/4/2014 CIG, CCOO e UGT plantan a xuntanza convocada pola administración para falar do Código “Patético”
As organizacións sindicais CIG, CCOO e UGT, con representación na Mesa Xeral da Función Pública de Galiza, compareceron esta mañá en rolda de prensa para manifestar o seu rotundo rexeitamento ao Código Ético presentado polo Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. Denuncian que o PP pretende desviar a atención dos casos de corrupción no que están implicados cargos públicos do seu partido e provocar confusión respecto das súas responsabilidades coas do persoal das administracións públicas.
8/4/2014 Lembran que a flexibilidade xa existía na administración autonómica desde que se aprobou, en 2007, a Lei Galega de Traballo en Igualdade
O sector da Autonómica da CIG Administración denuncia que a Xunta de Galiza está intentando cambiar a Lei de Igualdade a través de instrucións de flexibilidade. Lembra que na administración autonómica comezouse a falar de flexibilidade a raíz da negociación da Orde de xornada laboral, flexibilidade e teletraballo. Porén, xa existía flexibilidade na Xunta, na súa modalidade familiar desde que, no 2007, se aprobara a lei Galega de Traballo en Igualdade.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com