Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Análise da conjuntura política brasileira
23/09/2016João Pedro Stédile
O golpe não conseguiu legitimar-se. No jurídico se evidenciou a contradição na manutenção dos direitos da President. E nas ruas, perdeu a legi...
Bratislava : a cimeira da mesquinhez
23/09/2016Thierry Meyssan
Três meses após a decisão dos eleitores britânicos em sair da União Europeia, os seus chefes de Estado e de governo —com a excepção do Prim...
O consenso de Bruxelas
23/09/2016Ângelo Alves
Salvar a Europa significa derrotar a União Europeia e o consenso que apesar das contradições emergentes parece prevalecer entre direita e social-...
Brasil, o elo mais frágil do neoliberalismo na América Latina
22/09/2016Emir Sader
Apesar da realização do sonho da direita de recuperar o controle do governo, as bases em que o faz são extremamente frágeis, fazendo do Brasil o ...
Cartografía da loita de clases en América Latina e o Caribe: Posneoliberalismo vs. Capitalismo offshore
22/09/2016Katu Arkonada
O devalo da hexemonía estadounidense, xunto co rol cada vez máis ambicioso de China e Rusia no taboleiro xeopolítico, xera condicións máis favo...
O Decálogo “neo-neoliberal”
20/09/2016Ava Gomez e Alejandro Fierro
Os golpes de Estado de ontem e de hoje
15/09/2016Marcos Roitman Rosenmann
CIG-BANCA
15/11/2011 A CIG denunciou as indemnizacións millonarias e a diferencia entre a valoración en libros e a finalmente aprobada polo Banco de ESpaña
A CIG denunciou ante a Fiscalía Xeral do Estado as indemnizacións multimillonarias dos ex-directivos de Novacaixagalicia, por entendelo como unha mala xestión da entidade, así como o posible acordo entre o Banco de España e os investidores para pactar unha valoración á baixa da caixa. Desde a Fiscalía Xeral do Estado comunicouse o traslado á Fiscalía Especial contra a Corrupción e a Criminalidade Organizada.
14/11/2011 A central advirte que o proceso de centralización suporá a desaparición das entidades galegas e a perda da capacidade de decisión
Delegados e delegadas da CIG-Banca realizaron na mañá deste luns unha manifestación polas rúas da Coruña en rexeitamento ao proceso de reconversión do sector financeiro, impulsado polo Goberno estatal co apoio do PP, e a prol dun convenio xusto para os traballadores e traballadoras de bancos e caixas. Este proceso de reestruturación, advertía o Secretario Nacional da Federación de Banca durante a mobilización, está a supor a desaparición das entidades financeiras galegas e, polo tanto, implica a perda de capacidade de decisión, mais tamén pon en perigo a continuidade de miles de empregos en Galiza.
14/11/2011 O traballo, que analiza as consecuencias da privatización sobre a economía galega, contén entrevistas a Clodomiro Montero, Xavier Vence e Carlos Aymerich
A Fesga-Fundación Moncho Reboiras presenta unha reportaxe de 12 minutos de duración na que se abordan as consecuencias da privatización das caixas galegas sobre a economía do noso país. Conta coas entrevistas a Xavier Vence (catedrático de Economía Aplicada na USC), Clodomiro Montero (secretario nacional da CIG-Banca e Aforro) e máis a Carlos Aymerich (portavoz do BNG no Parlamento galego).
9/11/2011 A Sección Sindical da CIG no banco reclama a apertura urxente das negociacións do protocolo de integración e denuncia que estas decisións só crean inseguridade entre os traballadores/as
A pesares de que a CIG solicitou aos presidentes dos bancos Pastor e Popular a apertura de negociacións do proceso de absorción, parece que os responsábeis de recursos humanos do Banco Popular (co consentimento do Banco Pastor) decidiron saltarse o proceso negociador e iniciar unilateralmente un período de entrevistas individualizadas a todo o persoal do Pastor, co fin de coñecer as súas perspectivas de futuro na nova entidade.
28/10/2011 Agora os cartos recíbenos por representar a novagalicia banco nas empresas participadas
Malia o considerable escándalo social polas macro-indemnizacions multimillonarias dos ex-directivos de novacaixagalicia, José Luis Méndez López, José Luis Pego Alonso, Oscar Nelson Rodríguez Estrada e Goyo Gorriaran continuan cobrando por representar agora a novagalicia banco nas empresas participadas.
14/10/2011 CIG-Banca denuncia que agora, ante os escándalos, o negan
A Unión Europea aprobou unha Directiva Comunitaria que debía reflectirse nas lexislacións dos Estados e que limitaba o salario dos banqueiros. No mes de maio deste ano a UE ameazou con denunciar ante o Tribunal Europeo a seis Estados incumpridores, entre eles ao Estado Español, por non ter adaptado a citada Directiva. O Ministerio alegou que a capacidade de supervisar as remuneracións era do Banco de España. CIG-Banca denuncia que agora, ante os escándalos, o negan.
11/10/2011 Afectará ao 53% do persoal, coa extinción de 99 postos de traballo en Galiza, o peche dos servizos centrais na Coruña e de 25 oficinas
A Sección Sindical da CIG no Banco Gallego rexeitou o Expediente de Regulación de Emprego acordado entre a Dirección da empresa, CCOO e UGT. Clodomiro Montero, secretario nacional de CIG-Banca considera que “estamos ante un duro plano de reestruturación a través dun ERE centrado en Galiza que culmina a deslocalización dos Servizos Centrais cara a Madrid”. O acordo afectará ao 53% do cadro de persoal, coa extinción de 99 postos de traballo en Galiza vinculado ao peche de SSCC na Coruña e de 25 oficinas e establece mobilidade xeográfica obrigatoria para  145 persoas.
cig.prensa@galizacig.com