Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
EUA: Guerra ao EI é cortina de fumaça para guerra contra Síria e Irã
22/10/2014Mahdi Darius Nazemroaya
A chamada “ameaça” do Estado Islâmico no Iraque e Levante, ou Estado Islâmico (EI) é cortina de fumaça. A força do EI foi deliberadamente...
Neoliberalismo século XXI?
21/10/2014Emir Sader
O neoliberalismo do século XX foi uma tragédia. Um neoliberalismo do século XXI seria uma nova tragédia e uma farsa. O neoliberalismo surgiu...
Orzamentos do Estado 2015
16/10/2014María do Carme García-Negro
‘Outra vaca no millo’: resumo coloquial dun orzamento que profunda na traxectoria da acción pública que foi parte activa da crise económica....
Portugal: Sair do Euro para recuperar a soberania e desenvolver o país
14/10/2014Octávio Teixeira
Só com a libertação do jugo do Euro será possível implementar uma efectiva alternativa de esquerda. Sob a ditadura do Euro, objectivamente, a ...
A terceira guerra de Iraq
14/10/2014Ignacio Ramonet
Como as dúas precedentes, e tras case vinte e cinco anos de enfrontamentos, esta nova guerra non conseguirá o seu obxectivo. Primeiro porque nunc...
Brasil: A luta continua
10/10/2014Albano Nunes
A «receita» para o ébola
10/10/2014Maurício Miguel
CIG-Ensino
22/10/2014 A CIG-Ensino esixe a dimisión da xefa territorial de Lugo pola súa actuación “irregular” e a súa “irresponsabilidade”
A Consellaría de Educación anunciou o día 20 de outubro, no claustro e no consello escolar, que cesaría a actual directora do IES Vila Ponte, nomeada a dedo, recoñecendo así a ilegalidade cometida. A decisión da consellaría prodúcese a raíz do recurso de alzada presentado pola CIG-Ensino o día 13 de outubro, a través do que se solicitaba a anulación deste nomeamento que vulneraba a legalidade vixente.
21/10/2014 As empregadas e empregados públicos dependentes da Xunta de Galiza perderon desde 2010 o 30,9% dos seus salarios
A Área Pública da CIG (Ensino, Saúde e Administración) fixo hoxe -en rolda de prensa- un chamamento á mobilización contra os orzamentos da Xunta para 2015 e contra o Anteproxecto de Lei de Emprego Público. Denuncia que para o vindeiro ano mantéñense os recortes salariais dos empregados/as públicos/as -que xa perderon entre 2010 e 2014 o 30,9% do seu poder adquisitivo- e impóñense unhas taxas de reposición que afondarán na destrución do emprego e dos servizos públicos.
17/10/2014 A CIG–Ensino amosa o seu apoio ao centro e denuncia novos recortes no ensino público
A falta de cadros de persoal mínimos nos centros de secundaria fai que o sistema de cupos que utiliza a Administración para dotalos de persoal supoña que a Consellaría procure cada curso recortar o cupo con respecto ao curso anterior tal como vimos denunciando recorrentemente desde a CIG-Ensino. O IES Poeta Añón conta con un cadro de persoal de 25 docentes con destino definitivo no centro, pero viu reducido o seu número en dous aproveitando as comisións de servizo.
16/10/2014 Confírmase o mantemento das reducións salariais e laborais para os/as empregados/as públicos/as que dependen da Xunta de Galiza
A Área Pública da CIG considera que a xuntanza da Mesa Xeral do persoal da Xunta de Galiza –convocada esta tarde para tratar dos aspectos referidos ao Capítulo de Persoal da Administración Pública Galega nos orzamentos para o ano 2015- foi a constatación da “inutilidade” do diálogo social e da necesidade de mobilizacións. No decurso da mesma confirmouse o mantemento das reducións salariais e laborais para as e os empregados públicos e que o goberno galego manterá as políticas de destrución de emprego público e perda de poder adquisitivo.
15/10/2014 A CIG-Ensino denuncia que Consellaría ignora así a súa propia lexislación
A Consellaría de Educación está adxudicando as prazas de formación profesional dual (FP Dual) mediante nomeamentos de profesorado interino por un período de tres meses, no canto de nomeamentos para todo o curso, como vén sendo a norma no resto das modalidades de formación profesional. A CIG-Ensino denuncia que a administración ignora deste xeito a súa propia lexislación.
14/10/2014 Manifesta a súa solidarieade coas dúas nais da ANPA do centro denunciadas
A CIG-Ensino segue a exixir a dotación dun profesor ou profesora de Lingua española, tal e como estaba prometido e solidarízase coas dúas nais da ANPA do IES Vilar Ponte denunciadas pola directora do centro e demanda a inmediata retirada da denuncia. Acusa ademais á Consellaría e a Xefatura Territorial de Lugo, en particular, de seren as responsábeis do que está acontecendo no IES Vilar Ponte de Viveiro, de seren incapaces de resolver o conflito que provocaron, de actuar de forma improvisada e prepotente e de vulnerar sistematicamente a legalidade vixente.
14/10/2014 A de hoxe era a cuarta xuntanza de negociación do terceiro borrador de anteproxecto
A Área Pública da CIG vén de retirarse da mesa de negociación do anteproxecto de Lei de Emprego Público de Galiza ao non se aceptar apenas ningunha das emendas presentadas pola central sindical e ao negarse a administración a retirar o plus de altos cargos, mentres se manteñen todos os recortes laborais e salariais para as empregadas e empregados públicos.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com