Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Refugiados e deslocados: Podíamos ser nós…
29/08/2016João Pimenta Lopes
O fluxo de refugiados e deslocados, hoje já sem as muitas capas e noticiários que encheu até Março deste ano, tem uma dimensão que é muitas ve...
Mercosul na contra-maré
29/08/2016Luís Carapinha
A inflexão do rumo do Mercosul ou mesmo a sua paralisação se inscrevem na estratégia dos EUA de promoção da Aliança do Pacífico (à qual a A...
Sahara, un conflito esquecido
26/08/2016Iosu Perales
O obxectivo marroquí non é outro que provocar unha fatiga en Nacións Unidas, e mesmo na poboación saharauí, de maneira que cedan ante o que é ...
EEUU en contra do Libre Comercio?
26/08/2016Germán Gorraiz Lopez
A Asociación Transpacífico (TPP polas súas siglas en inglés) sería a peza central de Obama na súa política de reafirmación do poder económi...
Portugal: Sanções, FMI e cegueiras
24/08/2016Sandra Monteiro
A arquitectura da União Europeia neoliberal, mais ou menos punitiva, está formatada para impor a Portugal desemprego, salários baixos, emigraçã...
A nova doutrina estratégica Turca
23/08/2016Thierry Meyssan
A lógica do capitalismo neoliberal
22/08/2016Prabhat Patnaik
Guerras e crises na África de hoje
22/08/2016Carlos Lopes Pereira
CIG-Ensino
15/7/2011 Supón a perda dun novo dereito despois da redución salarial, da ampliación do horario lectivo e da imposición de novas funcións
O pasado mes de maio a CIG-Ensino presentou un escrito dirixido ao conselleiro de Educación reclamando que o departamento que dirixe seguise asumindo a compensación da subvención de prezos públicos, é dicir, do custe da matrícula universitaria para o persoal docente. Pois ben, a central nacionalista tivo constancia de que a Universidade de Compostela eliminaba esta subvención de cara ao curso 2011-2012 por mor da negativa da Consellaría de asumir este custe.
14/7/2011 O Ministerio reiterou a súa intención de aprobalo e aplicalo xa na vindeira convocatoria
A última hora da tarde do pasado martes rematou a negociación do borrador do novo sistema de aceso á función publica docente na Mesa Sectorial de Educación do Estado. A CIG-Ensino criticou desde o principio as présas do Ministerio de Educación por querer negociar xa metidos no verán e nun espazo de tempo tan curto un real decreto tan importante e que vai afectar a milleiros de opositores e opositoras. Tamén solicitou en repetidas ocasións que se paralizara a negociación até o inicio do vindeiro curso tendo en conta a necesidade de negociar devagar unha norma deste tipo.
13/7/2011 A central critica tamén que o departamento autonómico reduza o número de horas que se imparten en galego
Onte fíxose público no portal web da Consellaría de Educación a relación provisional de centros que pasan a integrar a rede de centros plurilingües. Malia ser provisional e modificábel, unha vez máis compróbase que o obxecto desta orde é, xunto coa redución de horas a impartir no noso idioma, o desvío de fondos á privada.
11/7/2011 Varios centros non poden pagar aos provedores desde hai tres meses
A CIG Ensino denuncia publicamente que a Consellaría de Educación aínda non pagou as cantidades asignadas aos gastos dos comedores escolares a todos os centros de ensino. O departamento autonómico leva sen pagar os meses de abril, maio e xuño cando estes pagos se viñan realizando con periodicidade mensual.
8/7/2011 A central lamenta que o Ministerio rexeitase a proposta e manifestase a súa intención de pechar a negociación a vindeira semana
Recentemente celebrouse en Madrid a reunión da mesa sectorial de Educación do Estado co obxecto de debater a proposta de novo sistema de oposicións para o ensino realizada polo Ministerio. Neste reunión a CIG-Ensino reiterou a súa solicitude de paralización da negociación ao considerar que unha cuestión tan importante para o futuro do sistema educativo e que afecta a milleiros de futuros opositores debe ser negociada con tempo suficiente "se de verdade o que se busca é acadar un acordo que permita mellorar o sistema de acceso á función pública docente", explican dende a central.
8/7/2011 As rúas de Compostela acollerán unha nova manifestación en setembro e haberá paros e xornadas de folga
Tal e como a CIG-Ensino ten adiantado, a rotura do acordo da xornada laboral do profesorado galego non trae maior calidade educativa, senón un gran recorte de profesorado, e non é difícil facer a conta que a menor profesorado a atención ao alumnado vai descender, sobre todo nos casos de atención á diversidade. Alén do prexuízo que se causa ao profesorado, deixaranse de atender moitas necesidades dos centros, masificaranse as aulas, non se propiciarán os grupos de diversificación necesarios, non se poderán atender debidamente as necesidades educativas específicas, o profesorado verase na necesidade de impartir materias afíns das que non é especialista, e moitos interinos/as perderá o seu posto co inicio do vindeiro curso.
7/7/2011 Unha delegación da plataforma cidadá mantivo un encontro en Madrid cun comité de expertos europeos
A finais de 2008, o Comité de Expertos do Consello de Europa emitiu o seu informe sobre o nivel de aplicación da Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias no Estado español. Desde o acceso á presidencia do Goberno galego de Alberto Núñez Feijóo, na primavera de 2009, non só non se escoitaron as recomendacións realizadas nese relatorio, senón que mesmo se produciron pasos atrás gravísimos á hora de dar cumprimento a este tratado internacional. Unha delagación de Queremos Galego e da Mesa mantiveron unha xuntanza en Madrid cos expertos para trasladarlles os principais incumprimentos en materia lingüística.
cig.prensa@galizacig.com