Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Neoliberalismo século XXI?
21/10/2014Emir Sader
O neoliberalismo do século XX foi uma tragédia. Um neoliberalismo do século XXI seria uma nova tragédia e uma farsa. O neoliberalismo surgiu...
Orzamentos do Estado 2015
16/10/2014María do Carme García-Negro
‘Outra vaca no millo’: resumo coloquial dun orzamento que profunda na traxectoria da acción pública que foi parte activa da crise económica....
Portugal: Sair do Euro para recuperar a soberania e desenvolver o país
14/10/2014Octávio Teixeira
Só com a libertação do jugo do Euro será possível implementar uma efectiva alternativa de esquerda. Sob a ditadura do Euro, objectivamente, a ...
A terceira guerra de Iraq
14/10/2014Ignacio Ramonet
Como as dúas precedentes, e tras case vinte e cinco anos de enfrontamentos, esta nova guerra non conseguirá o seu obxectivo. Primeiro porque nunc...
Dez claves sobre os tratados de libre comercio e investimentos
10/10/2014Sol Sánchez
No caso concreto do TTIP, o proxecto apunta a tres obxectivos principais: eliminar os últimos dereitos de alfándega, reducir as barreiras non ara...
Brasil: A luta continua
10/10/2014Albano Nunes
A «receita» para o ébola
10/10/2014Maurício Miguel
CIG-Químicas e Enerxía
17/10/2011 A representación do persoal teme as consecuencias que o pacto entre as dúas compañías poida ter no emprego
O Comité de empresa da Refinaría que Repsol Petróleo ten na Coruña amosaron este luns as súas inquedanzas polas consecuencias negativas que o pacto Sacyr-Pemex para facerse co control da petroleira podería supor no emprego e na continuidade da propia empresa. Dende o Comité denuncian a actuación dos “especuladores directivos” que permitiron cos seus votos favorábeis esta manobra coa que se pretende “tratar de roubar dun xeito sutil a tecnoloxía” de Repsol.
5/10/2011 Persoeiros do mundo da cultura, a política e a sociedade galega reivindican a necesidade da edición dixital, ameazada por un ERE de extinción
Máis de 1.600 persoas asinaron xa o manifesto Pola Continuidade de Xornal (http://www.petitiononline.com/xornal/), no que os traballadores do diario esixen a permanencia da edición dixital desta histórica cabeceira web e no que reivindican na viabilidade xornalística e económica do proxecto.
30/9/2011 O persoal continúa coas mobilizacións e reivindica a viabilidade xornalística e económica de Xornal.com
Os traballadores e as traballadoras de Xornal de Galicia concentráronse de novo este venres ás doce diante da redacción, no polígono da Grela na Coruña, para insistir no seu rexeitamento ao peche da edición dixital, ante a falta de avances por parte da empresa, que presentou un ERE de extinción que afecta aos/ás 38 traballadores/as. O Comité de Empresa denuncia que a dirección incumpriu a promesa de potenciar o dixital, como anunciara hai mes e medio cando deixou de editar en papel, e trata de disfrazar de causa económica un peche motivado por intereses políticos.
30/9/2011 Agárdase que o proceso culmine no primeiro semestre de 2012 coa unificación definitiva das federacións de Metal e de Químicas
As executivas das federacións de Metal e de Químicas da CIG comezaron a manter xuntanzas a nivel nacional para elaborar o calendario e desenvolver os traballos necesarios para facilitar o proceso de unificación, que se prevé que conclúa no primeiro semestre de 2012. Deste xeito dáse cumprimento aos acordos acadados nos respectivos congresos, nos que se marcou como un dos obxectivos dar os pasos necesarios para confluír nunha única federación que pasaría a denominarse federación de Industria.
29/9/2011 Os paros realizaranse os días 20 de outubro, 16 e 17 de novembro e terán carácter indefinido a partir do 21 de novembro
Os traballadores/as da empresa municipal de augas do Concello de Arteixo (Augarsa) acordaron en asemblea convocar folga para os días 20 de outubro e 16 e 17 de novembro para demandar a reactivación da negociación do III Convenio Colectivo, iniciada xa o pasado mes de xaneiro. Ademais, se non se producen avances, a folga terá carácter indefinido a partir do 21 de novembro.
27/9/2011 O persoal rexeita o ERE de extinción e pide a continuidade da edición dixital do diario, xa que ten “viabilidade xornalística e económica”
Os traballadores/as de Xornal de Galicia iniciaron na mañá deste martes mobilizacións para manifestar o rexeitamento ao peche da edición dixital, para o que a empresa presentou un ERE de extinción que afecta aos/ás 38 traballadores/as. Coa protesta, o persoal quere reivindicar a a viabilidade da edición dixital de Xornal.com e o mantemento dos postos de traballo, ao tempo que denuncia o incumprimento da promesa de potencial o dixital realizada pola dirección tras o peche da edición en papel hai mes e medio.
26/7/2011 Os ex traballadores/as do semanario continúan á espera de cobrar as liquidacións e as mensualidades que aínda se lles adebedan
Promocións Culturais Galegas, empresa editora do xornal A Nosa Terra, vén de ser liquidada mediante un auto emitido polo Xulgado do Mercantil número de 3 de Pontevedra. A resolución xudicial pecha deste xeito a fase de convenios unha vez esgotado o prazo sen que se presentase ningunha proposta e deixa a compañía baixo a dirección da administración concursal. Os traballadores/as do histórico semanario nacionalista continúan á espera de cobrar as liquidacións e os salarios que aínda se lles adebedan.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com