Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
A partida de xadrez xeopolítica EEUU-Rusia en América Latina
27/05/2016Germán Gorraiz Lopez
As medidas cosméticas tomadas pola Administración Obama no seu primeiro mandato, a respecto de Cuba, deixan intacto o bloqueo e non cambian substa...
O novo cenário brasileiro
27/05/2016Immanuel Wallerstein
O que um movimento que venha a suceder o PT poderá fazer é voltar às raízes, como movimento anti-imperialista consistentemente de esquerda. Não...
Estratégia do golpe global
27/05/2016Manlio Dinucci
No campo de visão da estratégia golpista de Washington encontram-se hoje o Brasil, para minar por dentro os Brics, e a Venezuela, para minar a Ali...
Brasil: O assalto ao poder de um bando de aventureiros
26/05/2016Emir Sader
Privatização de tudo o que puder, sem limite, sem pudor, liquidação do patrimônio publico, entregue ao mercado e aos grandes capitais privados ...
O Euro e a crise na e da União Europeia
26/05/2016João Ferreira
A recuperação da soberania monetária – e por arrastamento da soberania cambial, orçamental e fiscal – é condição necessária, ainda que i...
Venezuela
26/05/2016Pedro Guerreiro
CIG-Químicas e Enerxía
12/7/2011 A central nacionalista reclama a publicación da orde ministerial que reserva o 7% de biocarburantes para o consumo interno
O secretario nacional da CIG-Químicas, Alberto Gonçalves, compareceu hoxe xunto ao deputado do BNG Henrique Viéitez para esixirlle ao Goberno español que publique de inmediato a orde ministerial sobre produción de biodiesel que recolle “a subida e reserva” do 7% de biocarburantes para o consumo interno. O representante sindical anunciou que a central adoptará “medidas de presión” no caso de que non se dean pasos para desbloquear a actual “parálise do sector”.
8/7/2011 A central obtivo tres dos cinco representantes que se escollían no comité de empresa
A Confederación Intersindical Galega (CIG) venceu nas eleccións sindicais celebradas recentemente en Forbos Adhesives Spain ao sumar un delegado/a máis que CCOO. Deste xeito, a central nacionalista acadou tres dos cinco representantes que se escollían no comité da empresa con sede en Mos.
10/6/2011 Repartiron panfletos e realizaron asembleas informativas para explicar as intencións da patronal de recortar dereitos laborais
Numerosos delegados/as sindicais e traballadores e traballadoras da automoción de Vigo participaron hoxe nas concentracións convocadas pola CIG ás portas das empresas Faurecia e Denso para reclamar convenios colectivos xustos e rexeitar a precariedade laboral que pretenden impoñer as compañías do sector. A acción reivindicativa incluíu o reparto de folletos e a realización de asembleas para informar do estado das negociacións dos convenios e das pretensións da patronal de empeorar as condicións de traballo.
7/6/2011 A central nacionalista logra sete dos nove delegados/as do comité en detrimento da UGT
A federación de Químicas e Enerxía da CIG logrou rematar con 20 anos de hexemonía da UGT na compañía porriñesa CZ Veterinaria ao acadar sete dos nove delegados/as do comité de empresa nas eleccións sindicais celebradas recentemente. A central nacionalista obtivo un total de 77 votos fronte aos 26 que sumou a candidatura presentada polo sindicato español, que até o de agora ostentaba os nove representantes.
25/5/2011 A central sindical acada catro dos nove delegados/as de persoal
A CIG gañou as eleccións sindicais celebradas o pasado martes 24 de maio en Emalcsa (empresa municipal de augas da Coruña) ao acadar catro dos nove delegados/as que conformarán a representación do persoal.
10/5/2011 O comité incluíu no acordo coa firma moañesa medidas para reducir nun 40% o impacto da proposta de eliminar 120 dos 277 postos
O cadro de persoal de Rodman Polyships aprobou por unanimidade o ERE extintivo presentado pola empresa despois de que o comité lograse introducir unha cláusula que establece a creación dunha bolsa de emprego que vincula a reincorporación dos traballadores/as despedidos á futura recuperación da compañía. Ao mesmo tempo, o acordo coa firma de construción naval con sede na parroquia moañesa de Meira, que foi ratificado onte en asemblea, inclúe unha serie de medidas que reducen nun 40% o impacto da proposta inicial de eliminar 120 dos 277 empregos.
20/4/2011 A empresa, da que o Concello de Arteixo ten o 49% do capital, pretende sanear as contas reducindo persoal e empeorando as condicións laborais
Os traballadores/as de Augarsa, empresa mixta que se encarga do servizo municipal de augas en Arteixo, rexeitaron a decisión unilateral da xerencia de paralizar a negociación do convenio colectivo e adiantaron que non tolerarán nin un só despedimento. A empresa pretende sanear as súas contas recortando o cadro de persoal, que xa está en situación de mínimos, e empeorando as condicións laborais dos/as empregados/as.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com