Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
A partida de xadrez xeopolítica EEUU-Rusia en América Latina
27/05/2016Germán Gorraiz Lopez
As medidas cosméticas tomadas pola Administración Obama no seu primeiro mandato, a respecto de Cuba, deixan intacto o bloqueo e non cambian substa...
O novo cenário brasileiro
27/05/2016Immanuel Wallerstein
O que um movimento que venha a suceder o PT poderá fazer é voltar às raízes, como movimento anti-imperialista consistentemente de esquerda. Não...
Estratégia do golpe global
27/05/2016Manlio Dinucci
No campo de visão da estratégia golpista de Washington encontram-se hoje o Brasil, para minar por dentro os Brics, e a Venezuela, para minar a Ali...
Brasil: O assalto ao poder de um bando de aventureiros
26/05/2016Emir Sader
Privatização de tudo o que puder, sem limite, sem pudor, liquidação do patrimônio publico, entregue ao mercado e aos grandes capitais privados ...
O Euro e a crise na e da União Europeia
26/05/2016João Ferreira
A recuperação da soberania monetária – e por arrastamento da soberania cambial, orçamental e fiscal – é condição necessária, ainda que i...
Venezuela
26/05/2016Pedro Guerreiro
CIG-Vigo
24/5/2016 A central entregou un escrito no que denuncia a inacción do organismo fronte á sinestralidade e reclama máis actuacións de oficio
Arredor de 150 delegados/as sindicais da CIG de distintos sectores participaron hoxe na mobilización convocada pola Unión Comarcal de Vigo ás portas da Inspección de Traballo na cidade para denunciar que o aumento da precariedade laboral estase a traducir nun aumento da sinistralidade no traballo, con accidentes cada vez máis graves. Fronte a isto, dende a central reclámanlle ao organismo público que abandone a súa inacción e que atenda as denuncias e incremente as actuacións de oficio.
24/5/2016 CIG, CCOO e UGT aplauden un acordo que foi avalado por traballadores/as e colectivos
O anuncio de mobilizacións por parte da CIG, CCOO e UGT fixo que o Concello de Vigo optase finalmente por excluír o centro comercial A Laxe da zona que vai ser proposta á Xunta para que sexa declarada de grande afluencia turística, o que permitiría ampliar a liberalización de horarios comerciais. As tres centrais, que se opoñen a que a medida abarque toda a cidade, aplauden un acordo que foi avalado en asemblea por traballadores/as do sector, colectivos veciñais e representantes do pequeno e mediano comercio.
26/4/2016 A central denuncia a escaseza de persoal no centro e demanda o rescate da sanidade pública
A CIG de Vigo convoca unha concentración na entrada das consultas externas do hospital Álvaro Cunqueiro este mércores ás 10.00 horas para denunciar a precariedade laboral no centro médico e a escaseza de traballadores/as en todas as súas áreas. Con esta mobilización a central quere reclamar tamén o rescate da sanidade pública e reivindicar un servizo gratuíto e de calidade.
4/3/2016 A central tamén anunciou as mobilizacións que desenvolverá na cidade con motivo do Día da Clase Obreira Galega
A Unión Comarcal da CIG de Vigo presentou hoxe un informe sobre a situación laboral, produtiva e social da bisbarra que desmonta a propaganda oficial que fala da recuperación económica. Os responsábeis da central aproveitaron a comparecencia diante dos medios para anunciar tamén as mobilización que se desenvlverán na cidade para conmemorar o 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega.
17/2/2016 A central obtivo un total de 1175 delegados/as e acada unha representatividade do 31,96%
A CIG vén de revalidar a súa posición como primeira forza sindical da comarca de Vigo. A central obtivo un total de 1175 delegados/as e acada unha representatividade do 31,96% unha vez finalizado o período concentrado de elección sindicais o pasado 31 de decembro. O sindicato nacionalista, que considera os datos significativamente positivos, continúa a ser o principal referente para a clase traballadora na maior parte dos sectores, mentres que tamén é a primeira forza sindical nas catro Unións Locais: Vigo, O Morrazo, Porriño e Baixo Miño.
23/12/2015 A iniciativa contribúe ás necesidades mensuais básicas de 40 familias da comarca
Os voluntarios e voluntarias do Plan Solidario de Axuda Alimentaria da CIG en Vigo redobran esforzos estes días para empaquetar e distribuír nas vindeiras datas os 1326 quilos de bens de primeira necesidade recollidos para as 40 familias beneficiadas. A iniciativa, posta en andamento dous anos atrás, parte da solidariedade de clase, fuxindo de orientacións asistencialistas ou caritativas.
18/8/2014 A Unión Comarcal reclama do Goberno municipal que resolva de xeito inmediato as solicitudes das Axudas de Emerxencia Municipal
Diante da situación de emerxencia social que se padece na cidade de Vigo, onde a un insoportábel número de persoas sen emprego –moitas delas sen ningunha fonte de ingresos- se engade o crecente empobrecemento de cada vez máis fogares, a Unión Comarcal da CIG de Vigo reclama ao Concello de Vigo que faga “do combate ás gravísimas consecuencias sociais, provocadas pola vixente crise e agravadas polas políticas de recortes, a súa primeira e máxima prioridade”.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com