Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
A luta pela independência na Escócia não terminou apesar do voto do medo
29/09/2014Tariq Ali
O medo conduz à passividade e ainda que neste caso os unionistas tenham conseguido meter medo no voto, talvez não sejam capazes de voltar a fazê...
Como enfrentar os fundos abutres e o imperialismo financeiro
29/09/2014Éric Toussaint
Eric Toussaint A dívida já que se converte, novamente, em um poderoso instrumento de subordinação dos povos da América Latina. Que será...
A austeridade neoliberal ameaza con máis sufrimento
29/09/2014Albert Recio Andreu
Seguimos baixo o dominio dunhas políticas deseñadas para garantir unha distribución da renda extraordinariamente favorábel ás grandes elites e...
EUA: Um estado inimigo da Humanidade
26/09/2014Miguel Urbano Rodrigues
A contra-ofensiva imperialista iniciada logo após o final da II Guerra Mundial intensificou-se na década de 80 do século passado e atingiu dimen...
Geopolítica do petróleo e gás natural
26/09/2014Rui Namorado Rosa
A energia, colocando severos problemas técnicos quanto ao seu armazenamento em larga escala, carece de vastas infra-estruturas de transporte e dis...
“Caos Controlado”
26/09/2014Ângelo Alves
Analogias entre Jugoslávia e Ucrânia
24/09/2014Stephen Karganovic
O triunfo cultural do neoliberalismo
24/09/2014Marcos Roitman Rosenmann
concentración
14/9/2010 O persoal reclama á empresa e ás administracións esforzos conxuntos para conseguir carga de traballo e evitar o peche
Os traballadores e traballadoras do Grupo San Martín, unha das principais inmobiliarias de Ferrolterra, concentráronse na tarde do luns diante das instalacións da empresa en As Pontes en defensa da continuidade dos seus empregos e para demandar á dirección e ás diferentes administracións que realicen todos os esforzos posíbeis de cara a conseguir carga de traballo.
14/9/2010 Os traballadores/as dos centros de menores de Ourense e A Coruña xestionados pola entidade desenvolverán o mércores unha concentración
Os delegados de persoal da Fundación Camiña Social (3 da CIG, 3 de CCOO e 1 de UGT) denunciaron de xeito simultáneo este martes en A Coruña e Ourense a paralización da negociación do convenio colectivo imposta pola dirección e a intención da empresa de modificar a estrutura salarial. Os delegados explicaron que logo de nove meses de negociación, o pasado mes de xuño a empresa decidiu bloquear o diálogo e impor o convenio estatal, que recolle unhas condicións inferiores ás do convenio de empresa vixente.
13/9/2010 As empregadas afectadas pola regulación convocan unha nova mobilización o martes 14 de setembro, ás 12 horas, diante da tenda da firma na Rúa Real
A CIG quere denunciar as múltiples irregularidades que a empresa do téxtil Kina Fernández está a cometer. A compañía, logo de executar un ERE de extinción para 20 traballadoras, está a contratar persoal eventual que, curiosamente, presta os seus servizos unha vez rematada a xornada laboral do persoal fixo da empresa. Este persoal eventual, contratado en fraude de lei, dedícase a pasar o ferro e a todas aquelas tarefas relacionadas coa preparación do desfile da firma para a Fashion Week, o vindeiro 23 de setembro.
22/7/2010 A central fixo entrega dun escrito dirixido ao Delegado do Goberno denunciando as consecuencias para as comarcas de A Coruña e Ferrol
Delegados e delegadas da CIG nas centrais térmicas e nas empresa auxiliares do sector desenvolveron este mediodía unha concentración diante da Delegación do Goberno na Galiza en contra do Real Decreto que cesará a produción enerxética no noso País. Durante a protesta, a CIG, organización sindical maioritaria no sector, fixo entrega dun escrito no que reclama a paralización inmediata do Decreto do Carbón polas graves consecuencias que terá a súa aplicación no emprego e a economía das comarcas de A Coruña e Ferrolterra.
20/7/2010 A CIG retoma as mobilizacións no sector aproveitando o tirón mediático da inauguración da tenda sueca na Coruña
Vixilantes da seguridade privada de todo o País concentráronse esta mañá diante do edificio do IKEA en A Coruña, coincidindo coa inauguración do primeiro estabelecemento da cadea sueca en Galiza. A protesta, convocada pola CIG-Servizos, retoma así as mobilizacións que os traballadores/as do sector veñen realizando dende hai máis de ano e medio en demanda dun convenio digno e con dereitos e cuxa negociación está paralizada dende hai meses.
15/7/2010 O persoal trasladou a protesta aos despachos da Dirección de Área
Máis de 150 traballadores e traballadoras do Servizo Galego de Saúde (Sergas) na área sanitaria de Ferrol continuaron esta maña co calendario de mobilizacións para protestar polas agresións que está a sufrir o persoal. Nesta ocasión concentráronse diante do Hospital Arquitecto Marcide da cidade departamental para posteriormente levar a protesta até o despacho da Dirección de Área, onde conseguiron que o seu máximo responsábel se comprometese verbalmente a sacar adiante os acoplamentos internos.
13/7/2010 CIG-Administración Autonómica denuncia que o departamento que dirixe Beatriz Mato “ningunea” e “ignora” os seus traballadores e traballadoras
A CIG-Administración Autonómica solicitou, o pasado 17 de xuño, unha entrevista urxente coa conselleira de Traballo e Benestar coa fin de evitar a entrega a empresas privadas do servizo de atención ás persoas maiores. Unha petición que, malia ter sido tramitada por escrito e reiterada por teléfono, foi completamente ignorada. Diante desta situación, delegados/as da CIG-Administración Autonómica concentráronse, na mañá deste luns, diante do despacho da conselleira para demandar explicacións respecto da política que ten pensado seguir a Xunta nos centros de Benestar e nos servizos sociais en xeral e respecto da súa intención de privatizalos.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com