Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Grécia: Syriza enfrenta decisões difíceis
26/01/2015Dimitris Belladis
Syriza pode se tornar uma força de contestação antineoliberal e anticapitalista, embora infelizmente esta coalizão também possa ser a base de u...
A União Europeia não existe
21/01/2015Vaz de Carvalho
A UE não existe, o que existe é um problema, uma guerra de classe contra os povos sob a designação de UE. Que democracia, que vontade do povo se...
A estratégia da tensão de dois terrorismos: o jihadista e o imperialista
21/01/2015Achille Lollo
O ataque ao semanário Charlie Hebdo alimenta uma dúplice estratégia da tensão, onde, por um lado, as células jihadistas exploram o degrado e o ...
Ucrânia e fascismo
15/01/2015Inês Zuber
A população do Donbass e os patriotas ucranianos que resistem à fascização da Ucrânia – vulgarmente conhecidos nos media dominantes por «te...
Charlie Hebdo: Uma reflexão difícil
14/01/2015Boaventura de Sousa Santos
Não estamos perante um choque de civilizações, até porque a cristã tem as mesmas raízes que a islâmica. Estamos perante um choque de fanatism...
Atalhos
14/01/2015Tariq Ali
A lógica que há por trás
09/01/2015Martín Granovsky
concentración
14/12/2009 Néganlles a posibilidade de traballar en festivos para que non poidan recuperar os cartos
O pasado domingo día 6 de decembro, un grupo de delegados e delegadas de comercio de alimentación concentrábanse diante dun centro de traballo de Gadis en solidariedade cunha delegada polas presións que ela e máis as súas compañeiras están a sufrir por teren participado na folga convocada no sector en demanda dun convenio digno.
25/11/2009 Con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero
O día 25 de novembro, con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, CIG, CCOO, UGT e STEG levaron a cabo unha concentración diante da Consellaría de Educación, en San Caetano, co obxectivo de denunciar a actitude da administración educativa que acordou subvencionar aos centros do Opus Dei que segregan ao alumnado por razóns de sexo, a pesares de que o anterior goberno tivera informado negativamente ditos concertos debido a que incumprían a lexislación educativa vixente.
25/11/2009 Dende ás nove da mañá até as dez e media, para reclamar a regulación da contratación no sector
O xoves 26 de novembro está convocada a primeira das concentracións da asemblea de parados do Naval, que desde as nove da mañá e até as dez e media se mobilizarán diante do estaleiro de Barreras.
10/11/2009 O venres 13 de novembro, ás 9:00 horas, diante do Pazo de Xustiza
A CIG de Ourense vén de convocar unha concentración o vindeiro venres 13 de novembro, diante do Pazo de Xustiza, en apoio a dous traballadores da Vidreira do Atlántico despedidos e represaliados pola empresa. A protesta comezará ás nove da mañá pouco antes de que se celebre o xuízo polos despedimentos.
23/10/2009 Repítese o xuízo, que ficara suspendido o pasado mes de setembro
Delegados e delegadas da CIG volveron concentrarse diante dos Xulgados de Ferrol en apoio ao traballador de Rialsa-Monbus despedido pola empresa de transportes por ser afiliado á esta central sindical. A protesta coincide coa repetición do xuízo contra a compañía, adiado dende o pasado mes de setembro.
13/10/2009 A CIG reclama á Xunta que resolva o recurso de alzada presentado contra a aprobación do ERE
Traballadoras/es de Caramelo e delegados/as da CIG mobilizáronse na mañá do 13 de outubro diante da delegación da Consellaría de Traballo en A Coruña para reclamar á Xunta unha contestación ao recurso de alzada presentado contra a aprobación do ERE que supuxo o despedimento de 237 persoas na planta de A Grela e abriu ás portas a deslocalización do 100% da produción.
7/10/2009 Concentración de delegados do Metal fronte esta empresa do sector de Ourense, con máis de tres décadas de traballo
Pasadas as doce da mañá delegados do Metal da comarca de Ourense e compañeiros da CIG doutras federacións desta comarca achegábanse até o Polígono de San Cibrao das Vñas para concentrarse en solidariedade cos traballadores de Comoldes, despedidos o pasado 30 de setembro. O persoal desta firma do siderometal recibiu as cartas de despedimento despois de tres dias de folga polo impago do seu salario nos últimos seis meses, alegando por parte dos socios cooperativistas "falta de rendimento".
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com