Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
O novo estado da vigilância global
08/02/2016Ignacio Ramonet
Cada clique, cada telefonema, cada compra no cartão de crédito e cada navegação na internet, fornecem excelentes informações sobre cada um de ...
Portugal: pressões e chantagens
08/02/2016Pedro Guerreiro
Para a UE, para a troika e os seus arautos não há restrições ao aumento do défice quando se trata de financiar o grande capital financeiro, ape...
Nova lei anti folga dos conservadores na Gran Bretaña
29/01/2016Clodomiro Montero e Luciano Luxilde
O goberno de David Cameron, aliado e amigo do Rajoy, defende unha nova lei que restrinxe gravemente a liberdade sindical, nomeadamente o dereito de ...
“El Jefe”, retrato da precariedade laboral nos USA
27/01/2016Clodomiro Montero M.
O grupo de comunicación Atresmedia, que conta entre as súas cadeas co canle de referencia da progresía española “La Sexta”, emite un programa...
O imperialismo contemporáneo
20/01/2016Samir Amin
A ofensiva actual do imperialismo colectivo dos Estados Unidos/Unión Europea/Xapón contra todos os pobos do Sur descansa sobre dous alicerces: o ...
Arxentina, Venezuela e a loita de clases
18/01/2016Ángel Guerra Cabrera
Os BRICS: unha fábula do noso tempo
15/01/2016Immanuel Wallerstein
A década da Bolívia
15/01/2016Luís Carapinha
concentración
10/6/2009 Coincidindo co debate que se vai producir na Cámara galega a respecto do ERE e a situación do sector téxtil
Uns 300 traballadores e traballadoras de Caramelo desprazáronse esta mañá até Compostela para continuar o calendario de mobilizacións en contra do Expediente de Regulación, que suporá o despedimento de 237 persoas na fábrica de A Grela, e que xa se atopa en fase de resolución por parte da administración. O persoal, que está secundando ao 100% unha nova xornada de folga na fábrica, concentrouse diante do Parlamento entre ás 11:30 horas e as 13:00 horas, coincidindo co debate que esta tarde se vai producir na Cámara a respecto do expediente, pero tamén como unha nova maneira de denunciar o “escándalo” que está a protagonizar a Xunta pola súa actitude fronte ao ERE.  
1/6/2009 O propietario da empresa é o voceiro do PP nesta localidade
Arredor de 30 traballadores/as de VIPROGA e delegados/as da CIG-Servizos de Compostela concentráronse o pasado 29 de maio diante do Concello de Camariñas, onde tiña lugar unha sesión plenaria da Corporación. O persoal da empresa de vixilancia privada trasladouse até esta localidade para reclamar ao propietario da mesma, e voceiro do PP en Camariñas, o pago das dúas mensualidades que aínda adebeda a uns 50 empregados.
28/5/2009 O martes 2 de xuño, ás 12:00 horas, diante da Subdelegación do Goberno de Ourense
A CIG de Verín fixo un chamamento a todos os afiliados e afiliadas a participar na concentración convocada o vindeiro martes 2 de xuño, ás 12:00 horas, diante da Subdelegación do Goberno de Ourense. O obxecto da mobilización é amosar a solidariedade cos compañeiros/as que traballan no Concello de Rairiz de Veiga e rexeitar a actitude de “discriminación, intransixencia e desprezo absoluto aos dereitos dos traballadores/as” amosada polo rexedor local.
28/5/2009 Solicitan á administración que “mire con lupa” o ERE presentado pola empresa
Traballadores/as de Ingemarga concentráronse na mañá do 27 de maio diante dos edificios da Xunta en Lugo en contra do ERE presentado pola empresa e que suporá o despedimento de case a metade do persoal da fábrica que o grupo vasco ten en Guitiriz. Practicamente a totalidade do cadro de persoal, acompañado de representantes sindicais, secundaron a protesta a través da que pretenden amosar o seu total rexeitamento ao expediente de regulación na empresa e reiteraron que non van negociar “nin un só despedimento”.
27/5/2009 A dirección negouse novamente a entregar unha parte da documentación reclamada polos traballadores/as
As traballadoras e traballadores de Caramelo desenvolveron a segunda xornada de folga consecutiva na fábrica de A Grela e continuaron coas protestas pola cidade de A Coruña, logo do fracaso da reunión mantida coa dirección da empresa, na que novamente se negaron a entregar unha parte da documentación solicitada polos representantes dos traballadores/as. O persoal concentrouse diante da Fundación María José Jove e manifestouse até a tenda de Caramelo situada en Catro Camiños para rexeitar, unha vez máis, un ERE que cualifican de “fraude” e que suporá o despedimento de 237 persoas na fábrica coruñesa.
26/5/2009 Rexeitan o ERE “inxustificado” presentado pola empresa e preparan novas mobilizacións
Os traballadores e as traballadoras de Ingemarga concentraranse o vindeiro mércores 27 de maio ás 12:00 horas diante do edificio administrativo da Xunta en Lugo como medida de protesta contra o ERE presentado pola empresa e que afectará a máis do 40% do cadro de persoal da planta de Guitiriz. A medida enmárcase dentro do calendario de mobilizacións establecido polos traballadores/as que tamén secundarán paros parciais na fábrica e teñen previsto desenvolver unha manifestación o vindeiro 13 de xuño.
26/5/2009 As centrais sindicais convocan unha concentración o mércores 3 de xuño, ás 12:00 horas, diante da Xunta
A CIG-Ensino, xunto coas demais organizacións sindicais con representación na Mesa Sectorial de Ensino non Universitario, abandonaron a reunión ante a negativa da Consellaría de Educación de retirar a circular sobre o agrupamento de alumnos de distintos cursos ou ciclos nunha aula. As organizacións sindicais acordaron emitir resolucións das Xuntas de Persoal das catro provincias e convocar unha concentración de delegados/as do ensino público o mércores 3 de xuño diante dos edificios de San Caetano.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com