Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Islamofobia, o novo racismo occidental
30/09/2016Enzo Traverso
A islamofobia non é un simple sucedáneo do vello antisemitismo, as súas raíces son antigas e posúe a súa propia tradición: o colonialismo. As...
O neoliberalismo atroz e subalterno de nossos dias
30/09/2016Luis Manuel Arce Isaac
Onde a direita governa reinstala um neoliberalismo selvagem e agressivo para tentar demonstrar que seu círculo zero não ficou desequilibrado pelos...
Crise: algumas perguntas e respostas
30/09/2016Jorge Figueiredo
Para um país sair individualmente de uma crise estrutural será preciso romper com o capital monopolista e financeiro. Isso implica o repúdio da s...
Venezuela: Guerra económica ou erros do Goberno?
29/09/2016Marta Harnecker
Hoxe que Venezuela está a sufrir os embates da crise mundial do capitalismo e da guerra económica despregada contra ela, concentrando as maiores a...
Não verta lágrimas pelo capitalismo
28/09/2016Immanuel Wallerstein
Nos próximos anos, haverá melhoras que parecerão indicar que o sistema está funcionando de novo. Mesmo o nível geral de emprego, o indicador ch...
A incerteza entre o medo e a esperança
28/09/2016Boaventura de Sousa Santos
Brexit: Um giro histórico-mundial
27/09/2016Alex Callinicos
Cara a unha desdolarización da economía mundial?
27/09/2016Alfredo Serrano e Francisco Navarro
Análise da conjuntura política brasileira
23/09/2016João Pedro Stédile
Bratislava : a cimeira da mesquinhez
23/09/2016Thierry Meyssan
Consorcio galego de Servizos de Igualdade e Benestar
30/12/2009 Convocada pola CIG e o Comité de Empresa do Consorcio
Desde as oito da tarde, e baixo unha intensa chuvia, tivo lugar o martes 29 de novembro unha concentración na defensa dos servizos públicos na Administración galega e contra o desmantelamento das oficinas de Igualdade e Benestar, que foi convocada pola CIG e polo Comité de Empresa do Consorcio de Igualdade e Benestar da provincia de Pontevedra.
22/12/2009 En Vigo, o vindeiro martes, ás 20:00 horas, na céntrica rúa do Príncipe
O Comité de empresa do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar de Pontevedra vén de convocar unha concentración para o vindeiro martes, 29 de decembro, ás 20:00 horas, na céntrica rúa do Príncipe en Vigo. Coa medida, que se suma ás mobilizacións levadas a cabo nos últimos meses polo persoal do Consorcio, quérese defender o mantemento dos servizos ofrecidos ao conxunto da cidadanía galega, reivindicar o seu carácter público, demandar a aplicación do convenio negociado e a realización das oposicións convocadas.
21/12/2009 Máis de 100 traballadores/as concentráronse ante o Hotel San Francisco, en Compostela, en denuncia do desmantelamento deste organismo
A CIG agarda que a consellaría de Traballo amose “sensibilidade democrática” e atenda ás máis de 24.000 persoas que apoiaron coa súa sinatura as demandas das traballadoras/es do Consorcio. Así o manifestaba tras da súa entrega no Rexistro Xeral da Xunta de Galiza, Anxo Louzao, secretario nacional de CIG-Ensino, quen facía ademais un chamamento á conselleira de Traballo, para que mude a súa actitude advertindo que se na mesa de negociación prevista para o día 13 de xaneiro non se dá resposta ás demandas deste colectivo continuarán as mobilizacións, nomeadamente a folga convocada para o día 19 de xaneiro e a manifestación prevista para o día 30 dese mesmo mes, en defensa dos servizos públicos e contra a súa privatización.
18/12/2009 Masiva participación -dun 90%- na folga convocada en todos os centros de traballo
A CIG valora moi positivamente a participación das traballadoras e traballadores do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar na folga e na manifestación convocadas durante a xornada do xoves día 17 de decembro. Mobilizacións coas que se reclama a aplicación do convenio, partidas orzamentarias para manter os servizos e os postos de traballo e o cumprimento das condicións laborais pactadas, nomeadamente no referido a xornada e a suba salarial, a celebración das oposicións aprobadas, a resolución das irregularidades que se están a producir e que se garanta o seu carácter público.
15/12/2009 A CIG presentará alegacións pola decisión da administración de anular a convocatoria de oposicións que ela mesma convocou
Os traballadores/as do Consorcio acordaron, na asemblea celebrada o pasado sábado día 12 de decembro, un novo calendario de mobilizacións que foi presentado esta mañá en rolda de prensa. A primeira é a folga convocada para o próximo xoves 17 de decembro, xunto cunha manifestación que partirá da praza do Toural ás 11.30 horas, para denunciar a precariedade laboral que padecen e exixir a inmediata aplicación do convenio, a convocatoria de oposicións, a paralización do proceso de desmantelamento e privatización dos servizos sociais dependentes deste organismo e a paralización dos 61 despedimentos anunciados. Despedimentos que onte mesmo comezaron a ser comunicados.
11/12/2009 O Xerente vén de proceder a anular as oposicións que estaban convocadas
O PP vén de publicar no DOG, asinado polo xerente do Consorcio dos Servizos Galegos de Igualdade e Benestar, a nulidade das resolucións polas que se convocaron as oposicións que o actual goberno paralizou cando tomou posesión. Desde a CIG-Ensino denúnciase que estamos diante dunha actuación sen precedentes, fraudulenta, inxustificada, partidista e perniciosa.
4/12/2009 Demandan a aplicación do convenio e denuncian os despedimentos de 61 traballadores/as e o desmantelamento das oficinas de I+B
Delegados e delegadas da CIG no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar concentráronse esta mañá diante do seu edificio, para denunciar o progresivo desmantelamento do que está sendo obxecto e a súa privatización, anunciada xa nos 14 Centros de Día que se van pór en marcha mediante concesións. Alén diso, exixiron a aplicación do Convenio, a realización das oposicións convocadas e a readmisión dos/as 61 traballadores/as despedidos.
cig.prensa@galizacig.com