Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
As mentiras teóricas do Banco Mundial
21/11/2014Éric Toussaint
A visão do Banco Mundial está marcada por diferentes preconceitos conservadores. Nos relatórios e discursos dos quinze primeiros anos de existên...
Entrevista a Walden Bello: “O TTIP é como braço económico da OTAN”
20/11/2014Thomas Fazi
Os EUA negoceiam actualmente –em segredo- com a UE e com 11 países asiáticos dois tratados de “comércio livre”. O conteúdo negativo das in...
Brasil, a grande divisão
20/11/2014Boaventura de Sousa Santos
A grande burguesia não tendo podido derrotar a candidata do PT,  vai continuar a pressionar abertamente (e a ser provavelmente atendida) pela...
A armadura xurídica do Tratado Transatlántico de Comercio e Investimentos (TTIP)
20/11/2014Juan Hernandez Zubizarreta
O TTIP é un Tratado tremendamente violento. A violencia estrutural do sistema capitalista -que permite a acumulación da riqueza duns poucos a cust...
A anatomia do Estado sob o neoliberalismo
17/11/2014Prabhat Patnaik
O Estado neoliberal, ou o Estado na era da hegemonia do capital financeiro internacional, é cada vez mais moldado de uma maneira que restringe a "...
O mistério de Kobane
17/11/2014Pepe Escobar
convenio provincial
26/3/2009 As centrais sindicais non descartan convocar novas xornadas de mobilizacións no sector
A patronal do comercio vario na provincia de A Coruña rompeu as negociacións para o novo convenio sectorial, logo de negarse a asinar o preacordo acadado a finais de decembro. O responsábel da CIG nesta área na comarca de A Coruña, Roberto Pérez, sinalou que non se descarta a convocatoria de novas mobilizacións se os empresarios manteñen a súa postura. Representantes de CIG, UGT e CCOO compareceron en rolda de prensa na mañá do 26 de marzo para denunciar a actitude dun colectivo de empresarios “cativos, que non representan a ninguén, que só miran polo seu interese, cando estamos a falar dun convenio que afecta a máis de 15.000 traballadores/as en toda a provincia”.
30/1/2009 Unha nova xornada de mobilización contra a represión e pola dignidade
O sector do convenio provincial do metal de Pontevedra vivirá unha nova xornada de folga, convocada pola CIG, o vindeiro 5 de febreiro. Os máis de 22.000 traballadores afectados por este convenio provincial están chamados á folga contra a represión sindical, xa que nesa data van volver ser xulgados catro traballadores do Metal, que no 2007 estiveron case quince días en folga para que se cumprira o convenio, despois do aprazamento do xuízo o pasado 6 de novembro, data na que a CIG convocou outra xornada de folga e solidariedade. A Fiscalía solicitaba catro anos de cárcere para estes catro folguistas.
9/1/2009 Foi elaborado en varias asembleas de debate cos delegados da provincia de Pontevedra do sector
A continuación reproducimos á integra o comunicado que será repartido nos próximos días nos centros de traballo afectados pola negociación do convenio do Metal da provincia de Pontevedra, e no que se expón cales van ser os puntos principais e as demandas para a negociación colectiva neste sector. O anteproxecto da CIG será presentado ás outras centrais sindicais para artellar unha plataforma unitaria, e convocar, coa maior brevidade posíbel, a Mesa Negociadora. A vixencia dun ano, unha suba salarial dun 6%, que se cumpra o plus de produtividade regulado por convenio, e a xornada laboral serán os principais cabalos de batalla para o convenio do metal a negociar neste ano.
9/12/2008 A Patronal volve modificar os acordos xa negociados
As centrais sindicais CIG, CCOO e UGT non asinaron o venres 5 de decembro, como estaba previsto, o Convenio de Limpeza de Edificios e Locais de Pontevedra. Os tres sindicatos comprometéronse diante da asemblea de traballadores e traballadoras, celebrada no concello de Vigo a asinar o acordo do 27 de novembro, mais as centrais sindicais enviaron un comunicado de imprensa para clarificar a situación do convenio xa que "o que non sabiamos é que a Patronal da Limpeza volve unha vez máis a interpretar os acordos como lle convén".
27/11/2008 As asembleas decidiron nunha maioría axustada aceitar o pre-acordo
Logo de 12 días de paro indefinido, a folga do convenio provincial de limpeza de edificios e locais de Pontevedra quedou desconvocada. Centrais sindicais e patronal chegaron a un pre-acordo que foi ratificado polas asembleas de traballadores. A proposta aceptada contempla a sinatura dun convenio colectivo para os vindeiros tres anos e inclúe un incremento salarial de 30 euros o primeiro ano e 40 euros para cada un dos outros dous. Ademais, estabelécese unha cuarta paga de 60 euros. A antigüidade pasa a computarse por cuadrienios, no canto de trienios.
21/11/2008 Presenza de piquetes en Sanxenxo e paralización do Porto de Marín
Marchas polo centro de Vigo, sinalando a aquelas empresas que continúan a vulnerar o dereito de folga, visitas dos grupos de piquetes a áreas comerciais e outras accións, foron o centro das mobilizacións do sexto dia de folga na loita por un convenio xusto da limpeza de edificios e locais da provincia de Pontevedra. Fóra da cidade olívica, o grupo de piquetes de Pontevedra continuaba extendendo o conflito cara outras zonas da comarca, como o concello de Sanxenxo ou o porto de Marín, ademais do mantemento do paro na zona do Salnés.
17/11/2008 Seguimento maioritario das traballadoras/es do sector
O 17 de novembro comezaba ás doce da noite a folga na limpeza de locais e edificios pola negociación do convenio provincial de Pontevedra deste sector. Esta folga ten carácter indefinido e está a ter unha importante repercusión nas áreas comerciais, aeroporto, na Universidade de Vigo, ambulatorios, xa que se está a visibilizar o conflito destas traballadoras e traballadores, e a súa loita por un convenio xusto e polas melloras laborais e sociais que tan necesarias son neste sector tan precarizado, que ten un salario medio de 753 euros.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com