Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Um olhar sobre o Brexit
01/07/2016João Ferreira
A ausência ou debilidade de projectos de ruptura pela esquerda com a UE constitui um perigo capaz de comportar consequências potencialmente trági...
Brasil: O golpismo contra-ataca
30/06/2016Emir Sader
A incapacidade de iniciativa política da luta contra o golpe, que combine mobilizações populares com proposta política viável no curto prazo, ...
Porque os britânicos disseram não à Europa
28/06/2016John Pilger
O voto maioritário dos britânicos a favor do abandono da União Europeia foi um acto de democracia pura. Milhões de pessoas comuns recusaram-se a...
UE: Os dias contados
28/06/2016Jorge Bateira
Tendo em conta que as políticas da UE não serão alteradas no essencial, já que isso é do interesse das elites alemãs e da tecno-burocracia de ...
O referendo inglês: o irrecusável "não", suas perspectivas e riscos
28/06/2016Haroldo Lima
A UE frustrou a esperança de vida de grande parte da gente que dizia unir. O bem-estar foi substituído pela "austeridade". E as reações se este...
O direito soberano de decidir
23/06/2016João Pimenta Lopes
Correos
13/6/2016 CIG-Correos demanda unha modificación do actual sistema de contratación, tanto no que ten a ver co procedemento como os criterios e as formas de chamamento
A CIG realizou unha caravana de vehículos pola Coruña o pasado sábado para chamar a atención e denunciar as irregularidades da contratación do persoal que se atopa nas bolsas para substitucións de Correos na provincia. A caravana saíu dende a parte posterior do Edificio de Sindicatos na Avda. Alfonso Molina e percorreu as principais rúas da cidade da Coruña até rematar cunha concentración diante do Edificio Principal de Correos na Avda. da Mariña.
10/6/2016 O sábado 11 de xuño, con saída ás 11:30 horas, dende o edificio de sindicatos
A CIG-Correos ten convocada unha caravana de vehículos para este sábado 11 de xuño, para chamar a atención e denunciar as irregularidades da contratación do persoal que se atopa nas bolsas para substitucións de Correos na provincia da Coruña. A caravana sairá ás 11:30 horas dende a parte posterior do Edificio de Sindicatos na Avda. Alfonso Molina e percorrerá as rúas da cidade da Coruña até rematar cunha concentración diante do Edificio Principal de Correos na Avda da Mariña.
16/3/2016 Denuncian que a eliminación de diversos medios técnicos nestas oficinas prexudicará especialmente á poboación das zonas rurais
A CIG-Correos vén de alertar da eliminación de diversos medios técnicos cos que a empresa postal pon en marcha “o seu plan para o desmantelamento definitivo das Oficinas Auxiliares de atención ao público”. Segundo informan, a semana pasada os servizos de mantemento de Correos recibiron orde de eliminar, o máis axiña posíbel, as balanzas franqueadoras existentes na maioría destas oficinas, polo que xa non se expenderán as clásicas estampiñas de franqueo nin os recibos xustificantes do prezo aboado polos distintos envíos.
10/12/2015 Ante a situación de desbordamento que sofren as carteirías e as colas nas oficias ao coincidir a campaña electoral e a de nadal
A CIG-Correos denuncia o desbordamento que están a sufrir as oficinas ante o incremento do volume de traballo neste mes pola coincidencia das eleccións xerais e da campaña de nadal. Un incremento de traballo que se suma á habitual falta de persoal que dende a central sindical se vén denunciando dende hai anos.
9/12/2015 Dende a CIG critican a pasividade da dirección de Correos ante estes feitos
Os representantes da CIG en Correos da provincia de Ourense veñen de denunciar a indefensión na que se atopan os carteiros rurais debido ás presións que padecen durante a campaña electoral para que recollan votos no interior de vivendas particulares, algo que está prohibido. Dende a central critican a pasividade da dirección da empresa de capital público ante estes feitos.
28/5/2015 A CIG-Correos denuncia o progresivo desmantelamento do servizo postal
Traballadores e traballadoras de Correos de Fene concentráronse na tarde do mércores para rexeitar os recortes no cadro de persoal que pretende levar adiante a empresa postal, seguindo a liña de destrución de emprego e desmantelamento progresivo deste servizo público que a CIG-Correos ten denunciado en reiteradas ocasións.
11/2/2015 Traballadores/as que cobren os distritos postais 7 e 8 denuncian a “inasumíbel carga de traballo” tras o recorte de postos
Traballadoras e traballadores da Unidade de Reparto 2 da Coruña concentráronse esta mañá diante da oficina para demandar de Correos que contrate o persoal necesario para garantir un servizo postal eficiente e puntual. Denuncian que hai dous anos se fixo unha reforma da unidade, pola que se recortaron 9 postos de traballo, o que supuxo un deterioro da condicións laborais e unha rebaixa da calidade do servizo. 
cig.prensa@galizacig.com