Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Os bancos centrais da tríade, entre guerras e crises
19/12/2014Ariel Noyola Rodríguez
A autonomía dos bancos centrais, imposta durante a década de 1990 polo capitalismo neoliberal, vinculou de xeito decisivo o apoio estatal á moeda...
Cara a unha Terceira Guerra Mundial?
18/12/2014Atilio A. Boron
A historia apréndenos que todas as transicións xeopolíticas globais -e estamos inmersas nunha delas- estiveron acompañadas por grandes guerras ...
NATO: Perigo para a paz mundial
18/12/2014Immanuel Wallerstein
A NATO e o que ela simboliza hoje representa um perigo severo devido à reivindicação dos países ocidentais do direito de interferir em qualquer ...
Capitalismo e corrupção
18/12/2014Albano Nunes
A corrupção é sistémica. É algo inerente ao funcionamento do sistema capitalista. Não se toca nos offshore nem se avança sequer na taxação ...
A crise xaponesa e nós
17/12/2014Albert Recio Andreu
Nas economías capitalistas sempre que existe estancamento económico se traduce en paro masivo, expansión da pobreza e variedade de sufrimentos hu...
A terceira guerra mundial
15/12/2014Boaventura de Sousa Santos
A importância do "Económico"
15/12/2014Prabhat Patnaik
denuncia
11/10/2012 Os traballadores da ambulancia, que se negaron a facer a viaxe nestas condicións irregulares e inseguras, foron ameazados co despedimento
O sector de Transportes da CIG na Coruña vén de presentar denuncia diante da Fiscalía para depurar responsabilidades, logo de que dous traballadores de Ambulancias Xuvias fosen obrigados a trasladar dende o CHUAC até o Hospital Xeral Cíes de Vigo a unha bebé prematura nunhas condicións que non cumprían os requisitos mínimos de seguridade.
14/9/2012 Denuncian que se está a poñer en risco a vida de traballadores/as e a supervivencia do monte galego
A CIG reclámalle á Xunta que esixa o cumprimento do protocolo das aeronaves contraincendios despois accidente ocorrido onte en Ourense cando tres brigadistas foron alcanzados pola carga de auga dun helicóptero. Para a central nacionalista o máis preocupante é que a propia administración, neste caso a Consellería do Medio Rural e do Mar, non establece os criterios de seguridade que lle esixe a lei, “polo que os traballadores/as do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF) estanse a xogar as súas vidas día tras día”.
3/9/2012 Os secretarios comarcal e de organización aceptaron unha sanción de 150 euros por un delito de faltas
O xuízo contra 18 persoas acusadas de ocupar unha ETT en Vigo, entre elas os secretarios comarcal e de organización da CIG, non se celebrou finalmente tras a proposta de acordo da propia acusación particular. Deste xeito, 16 dos procesados foron absoltos, mentres que os secretarios comarcal e de organización da central nacionalista aceptaron unha sanción de 150 euros por un delito de faltas.
31/8/2012 A acusación particular reclámalles tres anos de cadea por presuntamente teren ocupado unha ETT
A CIG convoca unha concentración de delegados/as diante dos Xulgados de Vigo, na rúa Lalín, coincidindo co xuízo que se celebra este luns día 3 e no que se lle piden tres anos de prisión a 18 persoas -entre elas os secretarios comarcal e de organización da central nacionalista- por presuntamente teren ocupado unha empresa de traballo temporal. A protesta dará comezo ás 10.00 horas, media hora antes do inicio da sesión.
14/8/2012 O sector da Autonómica de CIG-Administración afirma que os contratos para a campaña de incendios a Natutecnia e IANER foron adxudicados “a dedo”
O sector da Autonómica de CIG-Administración vén de presentar unha denuncia por presunto delito de prevaricación contra a conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana; o Secretario Xeral de Montes, Tomás Fernández Couto e o Secretario Xeral Técnico; Francisco Vidal. Medio Rural adxudicou a Natutecnia e INAER o servizo de helicópteros e as cuadrillas contraincendios, segundo afirman, sen garantir os principios de concorrencia competitiva, igualdade e publicidade. As adxudicacións tampouco foron publicadas nin no DOG, nin no Boletín das Comunidades Europeas, como sería preceptivo.
27/7/2012 Os principais afectados/as son cidadáns/ás estranxeiros/as que residen no Barco de Valdeorras, aínda que tamén hai galegos/as
A Unión Comarcal da CIG de Ourense adiantou hoxe que denunciará diante da Fiscalía a máis dunha ducia de establecementos hostaleiros da provincia por explotación laboral. Dende a central nacionalista explicaron que os afectados/as son maioritariamente cidadáns/ás estranxeiros/as que residen no Barco de Valdeorras, aínda que tamén hai galegos/as. Parte dos feitos xa foron postos en coñecemento da Inspección de Traballo.
15/6/2012 O co-voceiro comarcal foi denunciado por Alcampo por participar nunha protesta para denunciar a represión sindical na multinacional
Delegados e delegadas da CIG concentráronse na mañá do xoves diante dos xulgados de Ferrol en apoio e solidariedade co co-voceiro comarcal Xesús López Pintos, coincidindo co xuízo de faltas seguido por falta de danos. Este compañeiro foi denunciado pola empresa Alcampo por participar nunha acción reivindicativa, convocada por todos os sindicatos, que se realizou no hipermercado o pasado 19 de abril.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com