Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
As mentiras teóricas do Banco Mundial
21/11/2014Éric Toussaint
A visão do Banco Mundial está marcada por diferentes preconceitos conservadores. Nos relatórios e discursos dos quinze primeiros anos de existên...
Entrevista a Walden Bello: “O TTIP é como braço económico da OTAN”
20/11/2014Thomas Fazi
Os EUA negoceiam actualmente –em segredo- com a UE e com 11 países asiáticos dois tratados de “comércio livre”. O conteúdo negativo das in...
Brasil, a grande divisão
20/11/2014Boaventura de Sousa Santos
A grande burguesia não tendo podido derrotar a candidata do PT,  vai continuar a pressionar abertamente (e a ser provavelmente atendida) pela...
A armadura xurídica do Tratado Transatlántico de Comercio e Investimentos (TTIP)
20/11/2014Juan Hernandez Zubizarreta
O TTIP é un Tratado tremendamente violento. A violencia estrutural do sistema capitalista -que permite a acumulación da riqueza duns poucos a cust...
A anatomia do Estado sob o neoliberalismo
17/11/2014Prabhat Patnaik
O Estado neoliberal, ou o Estado na era da hegemonia do capital financeiro internacional, é cada vez mais moldado de uma maneira que restringe a "...
O mistério de Kobane
17/11/2014Pepe Escobar
denuncia
5/10/2011 A federación de Banca reclama tamén unha sanción para a ex cúpula directiva polo cobro millonario de indemnizacións
A Confederación Intersindical Galega esíxelle á Fiscalía Anticorrupción que depure responsabilidades pola xestión de Caixa Galicia, Caixanova e Novacaixagalicia e investigue a valoración da entidade pactada entre o Banco de España e os fondos de investimento estadounidenses. A federación de Banca da central nacionalista reclámalle tamén ao Banco de España a apertura dun expediente sancionador aos ex directivos da caixa polo cobro de indemnizacións millonarias.
22/9/2011 Máis de medio cento de persoas volveron reclamar diante do despacho do letrado a súa parte das cargas condonadas polo Concello
O grupo de ex traballadoras/as de Álvarez que representa a CIG amosaron a súa disposición a retirar a denuncia penal contra José Pérez Pousa se o avogado vigués lles garante que van cobrar a parte que lles corresponde das cargas que pesaban sobre as vivendas de Cabral e que foron condonadas polo Concello. Máis de medio cento de afectadas/os volveron concentrarse hoxe diante do despacho do letrado.
21/7/2011 A central nacionalista detectou irregularidades nas oposicións de Primaria en cidades como Ourense, Vigo ou A Coruña
A CIG-Ensino tivo constancia de irregularidades que se produciron no desenvolvemento dos procedementos selectivos aos corpos docentes que se están celebrando estes días. Varios tribunais retiraron da web as cualificacións da proba de oposición alegando problemas informáticos. Concretamente, o tribunal Nº8 de Primaria de Ourense retirounas da web o día 13 de xullo cando xa había persoal opositor que realizaran todas as probas e estaban avaliados, incumprindo así a norma establecida de publicar diariamente as cualificacións do persoal avaliado. Situacións similares repetíronse en tribunais de Vigo e A Coruña, "sendo numerosas as queixas de tribunais que retiraron da web as cualificacións para modificalas alegando erros do sistema informático”. Diante disto, reclámalle á Consellería de Educación que asuma a súa responsabilidade e vele polo cumprimento da normativa que regula as oposicións.
12/7/2011 A central nacionalista reclama a publicación da orde ministerial que reserva o 7% de biocarburantes para o consumo interno
O secretario nacional da CIG-Químicas, Alberto Gonçalves, compareceu hoxe xunto ao deputado do BNG Henrique Viéitez para esixirlle ao Goberno español que publique de inmediato a orde ministerial sobre produción de biodiesel que recolle “a subida e reserva” do 7% de biocarburantes para o consumo interno. O representante sindical anunciou que a central adoptará “medidas de presión” no caso de que non se dean pasos para desbloquear a actual “parálise do sector”.
5/7/2011 Alerta que se está a producir un empeoramento substancial na calidade asistencial prestada
A sección sindical de CIG-Saúde na área do Barco de Valdeorras denuncia a política que está a levar o Sergas nesta área sanitaria, xa que ao seu xuízo está a producir "un empeoramento substancial na calidade asistencial prestada". En concreto, critican o peche de seis habitacións co obxectivo de reducir a contratación de persoal.
1/7/2011 A central remitiulle unha carta á conselleira de Sanidade para solicitarlle información
Responsábeis da federación de Saúde da CIG, coa súa secretaria nacional, María Xosé Abuín, á cabeza, comparaceron hoxe en rolda de prensa para denunciar que a Consellería de Sanidade pretende acometer novos recortes no proxecto do cuarto hospital de Vigo. "Segundo a información que recibimos dende o propio centro, unha persoa do departamento autonómico está a manter entrevistas con diferentes xefes de servizo para comunicarlles a redución da superficie construída que o seu servizo terá no novo hospital", sosteñen. En concreto falan dunha redución importante do número de camas, da redución do 40% da superficie de urxencias, da desaparición do hotel de pacientes ou da desaparición da unidade de docencia e investigación, entre outras cuestións.
29/6/2011 A Consellería de Sanidade establece, en contra do criterio habitual, que a ex concelleira viguesa María Méndez só dispón dun período de reciclaxe dun mes
Tras ocupar cargos de representación pública, xa sexa no mundo sindical ou político, aos profesionais sanitarios recoñecíaselles un período equivalente a un mes de reciclaxe por ano de exercicio do cargo electo, afastado do exercicio profesional activo, cun máximo de cinco meses. No último mes, e trala solicitude de reingreso da ex-concelleira María Méndez Piñeiro, médica especialista en Medicina Interna afiliada á CIG, ao servizo de Medicina Interna do CHUVI, ao que pertence, esta situación mudou.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com