Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Análise da conjuntura política brasileira
23/09/2016João Pedro Stédile
O golpe não conseguiu legitimar-se. No jurídico se evidenciou a contradição na manutenção dos direitos da President. E nas ruas, perdeu a legi...
Bratislava : a cimeira da mesquinhez
23/09/2016Thierry Meyssan
Três meses após a decisão dos eleitores britânicos em sair da União Europeia, os seus chefes de Estado e de governo —com a excepção do Prim...
O consenso de Bruxelas
23/09/2016Ângelo Alves
Salvar a Europa significa derrotar a União Europeia e o consenso que apesar das contradições emergentes parece prevalecer entre direita e social-...
Brasil, o elo mais frágil do neoliberalismo na América Latina
22/09/2016Emir Sader
Apesar da realização do sonho da direita de recuperar o controle do governo, as bases em que o faz são extremamente frágeis, fazendo do Brasil o ...
Cartografía da loita de clases en América Latina e o Caribe: Posneoliberalismo vs. Capitalismo offshore
22/09/2016Katu Arkonada
O devalo da hexemonía estadounidense, xunto co rol cada vez máis ambicioso de China e Rusia no taboleiro xeopolítico, xera condicións máis favo...
O Decálogo “neo-neoliberal”
20/09/2016Ava Gomez e Alejandro Fierro
Os golpes de Estado de ontem e de hoje
15/09/2016Marcos Roitman Rosenmann
despedimento
12/3/2012 Un grupo de compañeiros reclamou hoxe a súa readmisión na protesta organizada no Concello para denunciar este novo caso de aplicación da reforma laboral
Unha ducia de traballadores de Cespa, empresa concesionaria da recollida do lixo en Nigrán, participaron hoxe na protesta organizada diante do Concello para esixir a readmisión dun compañeiro despedido por permanecer de baixa médica máis dun ano. Dende a CIG-Servizos de Vigo denuncian que se trata dun novo caso de aplicación da reforma laboral que vén de aprobar o PP xa que a empresa alega que os empregados/as que collen baixas “non son rendíbeis” e resolve a rescisión de contrato cunha indemnización de 20 días por ano traballado e 12 mensualidades. 
9/3/2012 A CIG convocou a concentración, o 8 de marzo, en demanda da súa readmisión e advirte de que, ou hai unha saída negociada, ou convocará unha manifestación, nos próximos días
Que a estas alturas a clientela dun banco salga na defensa dun Director despedido non é o que se pode agardar. Por iso, o apoio solidario da veciñanza do Concello ourensán de Paderne  racha o guión en Novagalicia Banco. A CIG convocou unha concentración en demanda dun traballador inxustamente despedido e malia que esta tivo lugar a mediodía, en plena xornada laboral, foron centos as persoas de Paderne que se achegaron á concentración.
24/1/2012 A federación de Químicas e Enerxía de Ferrol considera que se trata dunha actitude represiva e ameazadora para o conxunto dos traballadores
A empresa Frangosa Servizos, auxiliar de Forestal do Atlántico, que desenvolve a súa actividade no complexo de Punta Promontorio, en Mugardos, acaba de despedir a un traballador con problemas de saúde que o limitan para algunha das funcións que ten que desempeñar. A federación de Químicas e Enerxía de Ferrol denuncia que o traballador vén padecendo estes problemas desde hai anos, pero que estaba desempeñando a súa función nun posto no que podía traballar sen limitacións.
22/12/2011 A central nacionalista considera “inxusta e inmoral” a decisión da cadea de supermercados
Ducias de delegados/as da CIG volveron concentrarse fronte aos centros de traballo que a multinacional da alimentación Lidl ten en Ourense en protesta polo despedimento dunha traballadora acusada de roubar unhas papas de cereais para a súa filla. Dende a central nacionalista rexeitan a decisión da empresa por “inxusta, indecente e inmoral e anuncian que as protesta continuarán até que se chegue a un acordo que dignifique a profesionalidade dunha empregada con máis de 10 anos de antigüidade.
14/12/2011 A auxiliar do automóbil despediuno alegando baixo rendemento sen telo advertido ou sancionado previamente
Un grupo de traballadores/as da empresa Maier Ferroplast SL concentrouse onte e hoxe diante da sede da compañía no políngono porriñés da Granxa para reclamar a readmisión dun compañeiro despedido. Dende a CIG explican que o afectado, técnico de mantemento na firma auxiliar da automoción que fabrica plásticos de interior para automóbil e que emprega a unhas 220 persoas, foi despedido despois de máis de 13 anos na empresa acusado de baixo rendemento. Ao parecer, a dirección tería comparado o tempo que tarda en desenvolver o seu labor co do resto dos seus compañeiros/as.
9/12/2011 Dende a CIG denuncian a actitude do xefe da sección de lácteos do centro comercial, ao que acusan de abuso de autoridade
O comité de empresa de Alcampo Vigo 2, centro comercial situado na Avenida de Madrid, desenvolveu hoxe unha nova mobilización para denunciar o despedimento dunha traballadora e criticar a actitude do xefe da sección de lácteos. As protestas continuarán todos os luns e venres do mes de decembro entre as 12.00 e as 13.00 horas.
18/11/2011 A afectada está acusada de roubar unhas papas para a súa filla por valor de tres euros nun supermercado de Ourense
A Unión Comarcal da CIG de Ourense anunciou que continuará coas mobilizacións convocadas para denunciar o despedimento "inxusto e inmoral" dunha traballadora con máis de 10 anos de antigüidade tras ser acusada de roubar unhas papas de cereais para a súa filla por valor de tres euros. Dende a central nacionalista critican a falta de vontade negociadora da trasnacional alemá, que non compareceu no acto de conciliación previo ao xuízo.
cig.prensa@galizacig.com