Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Orzamentos do Estado 2015
16/10/2014María do Carme García-Negro
‘Outra vaca no millo’: resumo coloquial dun orzamento que profunda na traxectoria da acción pública que foi parte activa da crise económica....
Portugal: Sair do Euro para recuperar a soberania e desenvolver o país
14/10/2014Octávio Teixeira
Só com a libertação do jugo do Euro será possível implementar uma efectiva alternativa de esquerda. Sob a ditadura do Euro, objectivamente, a ...
A terceira guerra de Iraq
14/10/2014Ignacio Ramonet
Como as dúas precedentes, e tras case vinte e cinco anos de enfrontamentos, esta nova guerra non conseguirá o seu obxectivo. Primeiro porque nunc...
Dez claves sobre os tratados de libre comercio e investimentos
10/10/2014Sol Sánchez
No caso concreto do TTIP, o proxecto apunta a tres obxectivos principais: eliminar os últimos dereitos de alfándega, reducir as barreiras non ara...
México: Ayotzinapa, crime de Estado
10/10/2014Felipe Cuevas
Os gobernantes xogan á confusión, fanse os desentendidos, demoran as investigacións, están coludidos por diversos intereses; o pobo debe mobili...
Brasil: A luta continua
10/10/2014Albano Nunes
A «receita» para o ébola
10/10/2014Maurício Miguel
O Estado español e as desigualdades
08/10/2014Albert Recio Andreu
eleccións sindicais
4/3/2014 A central nacionalista consegue por primeira vez representación en Sidecu, a compañía que xestiona as instalacións
A federación de Servizos da CIG de Pontevedra sumou onte os tres delegados/as que se escollían no Complexo Deportivo Rías do Sur, xestionado pola empresa Sidecu, que conta con 35 empregados/as. A central nacionalista logra deste xeito representación na compañía por vez primeira.
21/2/2014 A CIG tivo que presentar denuncia diante do TSXG para que se constituísen os órganos de representación
Despois de 2 anos, 7 meses e 21 días dende a celebración das eleccións sindicais en Correos na provincia da Coruña (28 de xuño de 2011), tras numerosos intentos diante de varios organismos (Consellería, Inspección de Traballo, AGA) e de ter que mediar unha denuncia por parte da CIG no Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, que resultou definitivo; os sindicatos CCOO, UGT e CSIF decidiron constituír o Comité de Empresa e mais a Xunta de Persoal da empresa, xunto cos sindicatos CGT e CIG, este mércores día 19 de febreiro.
28/1/2014 A empresa tentou en varias ocasións disuadir aos traballadores de continuar co proceso
A carpintería Spazio Saga SL, radicada no Polígono do Espíritu Santo (Cambre), despediu o pasado venres a toda a candidatura da CIG que concorría ás eleccións sindicais convocadas para o seguinte día hábil.
31/7/2013 Un dos candidatos da lista presentada pola CIG dimitiu, malia a candidatura manter o mínimo requirido -tras da súa proclamación- do 60% de postos a cubrir
O xulgado do Social número 3 de Compostela vén de estimar a impugnación da CIG ditaminando que a súa candidatura para as elección sindicais en Leroy Merlín debe ser considerada válida. A sentenza obriga a retrotraer o proceso ao momento da proclamación defitiniva de candidaturas “entre as que debe figurar a CIG”.
27/2/2013 A central obtivo 5 dos 13 membros que integrarán o Comité de Empresa
A CIG-Saúde vén de gañar as eleccións sindicais celebradas o martes 26 de febreiro no Hospital Xeral “Juan Cardona” en Caranza (Ferrol). Dos 13 membros do Comité que se elixían (7 no colexio de Técnicos e Administrativos e 6 no colexio de Especialistas e Non cualificados), a central nacionalista obtivo 5 representantes.
23/1/2013 Os dous delegados que se presentaron pola central nacionalista saíron reelixidos
A CIG-Metal volveu gañar as eleccións sindicais na empresa Supervisión y Control (concesionaria da Inspección Técnica de Vehículos), celebradas o pasado venres 11 de Xaneiro na ITV de Ourense, situada no Parque Empresarial do Pereiro de Aguiar.
10/1/2013 A Federación do Metal valora o proceso como o resultado da dura loita sindical realizada nos últimos anos nesta empresa
A Confederación Intersindical Galega vén de gañar as eleccións sindicais en Masa Galicia S.A., celebradas o martes 8 de xaneiro. A central nacionalista obtivo 52 votos, conseguindo cinco dos nove representantes que integrarán o Comité de empresa. Pola súa banda, CCOO obtivo tres delegados, mentres que UGT ficou só con un representante no Comité.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com