Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Sahara, un conflito esquecido
26/08/2016Iosu Perales
O obxectivo marroquí non é outro que provocar unha fatiga en Nacións Unidas, e mesmo na poboación saharauí, de maneira que cedan ante o que é ...
EEUU en contra do Libre Comercio?
26/08/2016Germán Gorraiz Lopez
A Asociación Transpacífico (TPP polas súas siglas en inglés) sería a peza central de Obama na súa política de reafirmación do poder económi...
Portugal: Sanções, FMI e cegueiras
24/08/2016Sandra Monteiro
A arquitectura da União Europeia neoliberal, mais ou menos punitiva, está formatada para impor a Portugal desemprego, salários baixos, emigraçã...
A nova doutrina estratégica Turca
23/08/2016Thierry Meyssan
A nova doutrina estratégica Turca conduziu já Ancara a restaurar boas relações, pelo menos comerciais, com vários dos seus vizinhos. No fim de ...
A lógica do capitalismo neoliberal
22/08/2016Prabhat Patnaik
Os dias tranquilos do neoliberalismo estão acabados, o que portanto traz para a agenda histórica uma luta pela sua transcendência. Isto pode ser ...
Guerras e crises na África de hoje
22/08/2016Carlos Lopes Pereira
50 verdades sobre Fidel Castro
17/08/2016Salim Lamrani
eleccións sindicais
12/1/2016 A central obtivo 57 delegados/as, o que supón o 44,53% da representación
A CIG vén de lograr uns resultados históricos na Administración local da provincia de Ourense ao gañar as eleccións sindicais cunha ampla marxe con respecto ás outras centrais. O sindicato nacionalista obtivo durante o proceso un total de 57 delegados/as, o que supón o 44,53% da representación.
21/12/2015 A central nacionalista revalida a maioría nas eleccións sindicais neste centro especial de emprego de Ourense
A CIG-Industria revalidou o pasado día 17 a maioría nas eleccións sindicais en Fundosa (antiga Celcoauto), un centro especial de emprego do parque tecnolóxico de Ourense no que traballan persoas con diversidade funcional. Os 3 delegados/as electos superan aos 2 conqueridos pola UGT, candidatura que para a central nacionalista “contou co aval da empresa”.
18/11/2015 A central suma 7 dos 13 delegados/as que se escollían nas eleccións sindicais
A federación de Construción da CIG vén de facerse coa maioría absoluta no comité de empresa de Maderas Iglesias, con centros de traballo en Porriño e Mos, ao lograr 7 dos 13 delegados/as que se escollían nas eleccións sindicais celebradas recentemente.
13/11/2015 Consegue a maioría absoluta no comité de empresa, onde pasa de 1 a 3 delegados/as, quedando CCOO con 2
A CIG vén de obter a maioría absoluta nas eleccións ao comité de empresa do persoal laboral do Concello de Vilanova de Arousa ao obter 3 dos 5 delegados/as que se elixían. A central foi a máis votada no colexio de especialistas e non cualificados/as, onde obtivo 27 dos 39 votos emitidos e, polo tanto, 3 dos 4 delegados/as, fronte aos 10 votos de CCOO. Tamén se rexistraron 2 votos en branco.
4/11/2015 A central, con 65 votos, logrou os tres representantes, por ningún de CSIF e CCOO
A CIG obtivo os tres delegados/as sindicais que se escollían entre o persoal funcionario do Concello de Verín ao sumar 65 votos. Pola súa banda, CSIF e CCOO, con 9 e 4 apoios respectivamente, non lograron representación.
29/10/2015 A central sindical pasa de ter un só delegado no comité a contar con catro representantes
A CIG acadou catro delegados dos nove a escoller nas eleccións sindicais celebradas na empresa Arteixo Telecom, situada no Polígono de Penapurreira nas Pontes. Deste xeito, a central sindical pasa de estar en minoría no Comité a ser a forza con máis apoio (en número de votos) entre o cadro de persoal.  
23/10/2015 A empresa, con sede en Narón, dedícase á elaboración de pezas e montaxe das tendas do grupo Inditex
A CIG-Industria da comarca de Ferrol vén de gañar as eleccións sindicais celebradas en Tecais, S.L., empresa dedicada na actualidade á elaboración de pezas e montaxe das tendas do grupo Inditex e que ten a sede e os talleres no Polígono Río do Pozo de Narón.
cig.prensa@galizacig.com