Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Um olhar sobre o Brexit
01/07/2016João Ferreira
A ausência ou debilidade de projectos de ruptura pela esquerda com a UE constitui um perigo capaz de comportar consequências potencialmente trági...
Brasil: O golpismo contra-ataca
30/06/2016Emir Sader
A incapacidade de iniciativa política da luta contra o golpe, que combine mobilizações populares com proposta política viável no curto prazo, ...
Porque os britânicos disseram não à Europa
28/06/2016John Pilger
O voto maioritário dos britânicos a favor do abandono da União Europeia foi um acto de democracia pura. Milhões de pessoas comuns recusaram-se a...
UE: Os dias contados
28/06/2016Jorge Bateira
Tendo em conta que as políticas da UE não serão alteradas no essencial, já que isso é do interesse das elites alemãs e da tecno-burocracia de ...
O referendo inglês: o irrecusável "não", suas perspectivas e riscos
28/06/2016Haroldo Lima
A UE frustrou a esperança de vida de grande parte da gente que dizia unir. O bem-estar foi substituído pela "austeridade". E as reações se este...
O direito soberano de decidir
23/06/2016João Pimenta Lopes
eleccións sindicais
18/5/2015 Na primeira foi a única candidatura presentada e na segunda logrou 2 dos 3 delegados/as que se escollían
A federación de Industria da CIG vén de gañar as eleccións sindicais nas empresas Apersa e Gómez & Crespo de Ourense. Na primeira foi a única candidatura que concorría ao proceso, mentres que na segundo logou dous dos tres delegados/as que se escollían.
7/5/2015 Considera que os resultados referendan a liña de traballo destes anos e supoñen unha maior carga de responsabilidade na defensa da sanidade pública e do seu persoal
A CIG-Saúde foi a organización sindical máis votada nas eleccións sindicais celebradas este mércores no SERGAS, nas que obtivo 57 delegados e delegadas. Con estes resultados sitúase como primeira forza na Mesa Sectorial da que quedan fóra sindicatos como SAE que tan só obtivo 17 delegados e delegadas.
7/5/2015 Foi a organización máis votada e obtivo a maioría de delegados e delegadas, un total de 14
A CIG-Ensino gañou novamente as eleccións sindicais do profesorado da Universidade de Santago de Compostela (USC) celebradas este mércores, nas que obtivo 14 delegados/as. Entende que, deste xeito, reafírmase e fortalécese como a organización sindical maioritaria e de referencia na USC, grazas ao apoio maioritario recibido.
4/5/2015 A central obtivo 11 representantes nas xuntas de persoal e mais un delegado no Comité de empresa da provincia de Pontevedra
A CIG gañou as eleccións sindicais do persoal funcionario da Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) en Galiza, realizadas o pasado 29 de abril, ao obter 11 representantes entre as catro Xuntas de Persoal. A central sindical mantén deste xeito a súa representación e resultou a lista máis votada nas xuntas da Coruña, Lugo e Pontevedra. 
29/4/2015 A central obtivo 3 dos 5 delegados/as que se elixían
A CIG volveu gañar as eleccións sindicais na empresa Placasa (Carballo) celebradas o martes 28 de abril, ao obter tres dos cinco delegados/as que se elixían. Con este resultado a CIG consolida a súa presenza na empresa e a  maioría no Comité. 
27/4/2015 A central logra os 3 delegados/as que se escollían na compañía téxtil e os 5 da construtora
A CIG vén de gañar por maioría absoluta as eleccións sindicais celebradas recentemente nas empresas Roberto Verino e Construcciones Hermanos Carrajo de Verín, ao obter os tres delegados/as que se escollían na compañía téxtil e os cinco da construtora. Dende a central nacionalista agradecen o apoio e a confianza amosada unha vez máis polos traballadores/as.
23/4/2015 A central sindical pon en marcha a campaña “Contigo a sanidade pública ten futuro” e estrea web especial sobre o proceso de eleccións
O próximo 6 de maio terán lugar as eleccións sindicais no SERGAS, nas que se elixirán as/os 275 delegados/as que integrarán as Xuntas de Persoal das distintas áreas sanitarias. Con tal motivo, a CIG-Saúde vén de pór en marcha unha campaña baixo o lema “Contigo a sanidade pública ten futuro” e abriu unha páxina web especial onde se pode consultar toda a información sobre o proceso, dende as candidaturas e o programa até cuestións máis prácticas como o horario das votacións. 
cig.prensa@galizacig.com