Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
A desfeita das políticas de austeridade
28/10/2014Vicenç Navarro
O xeito de reducir o déficit e a débeda públicos dun país non é aplicando políticas de austeridade. Estas políticas reducen a demanda de ben...
O Brasil de Lula segue para diante
28/10/2014Emir Sader
A militancia de esquerda gañou as rúas de todo o país; a segunda volta foi dunha clara contraposición entre esquerda e dereita, o que configuro...
Entrevista a Tom Kucharz: “O TTIP é un ataque sen precedentes contra dereitos sociais e laborais»
28/10/2014
Hai unha intención de crear unha OTAN económica, que sería ese pacto económico-comercial UE e EEUU, que faría máis forte ambas as potencias, ...
Capitalismo e discriminação entre trabalhadores
23/10/2014Prabhat Patnaik
O capitalismo, portanto, actua para segmentar romper a classe trabalhadoras de dois modos bastante distintos: um pela promoção da competição en...
EUA: Guerra ao EI é cortina de fumaça para guerra contra Síria e Irã
22/10/2014Mahdi Darius Nazemroaya
A chamada “ameaça” do Estado Islâmico no Iraque e Levante, ou Estado Islâmico (EI) é cortina de fumaça. A força do EI foi deliberadamente...
Neoliberalismo século XXI?
21/10/2014Emir Sader
Orzamentos do Estado 2015
16/10/2014María do Carme García-Negro
A terceira guerra de Iraq
14/10/2014Ignacio Ramonet
eleccións sindicais
8/7/2011 A central obtivo tres dos cinco representantes que se escollían no comité de empresa
A Confederación Intersindical Galega (CIG) venceu nas eleccións sindicais celebradas recentemente en Forbos Adhesives Spain ao sumar un delegado/a máis que CCOO. Deste xeito, a central nacionalista acadou tres dos cinco representantes que se escollían no comité da empresa con sede en Mos.
2/7/2011 Obtén o 40% dos votos a pesar das presións e das artimañas utilizadas pola empresa para reducir a presenza da central nacionalista
Máis de 2.000 traballadores/as estaban chamados ás urnas na rede de distribución comercial do Grupo GADIS en 90 centros espallados por toda a provincia coruñesa, nunhas eleccións nas que a CIG conseguiu un resultado espectacular ao obter máis do 40% do apoio do persoal, o que supón uns 600 votos e 9 delegados/as. Dende a Federación de Servizos valoran especialmente este resultado, xa que o proceso desenvolveuse baixo as habituais presións e os intentos da dirección por prexudicar o sindicato nacionalista a través da influencia dos encargados no voto, da contratación a última hora para inflar o censo, de se celebraren as eleccións en período de vacacións ou da difusión de mensaxes apocalípticas no caso de que gañase CIG.
1/7/2011 A central nacionalista consegue o 25% da representación do persoal
A CIG conseguiu 30 delegados/as (15 en laborais e outros/as 15 entre o persoal funcionario) dos/as 116 que se elixían nas eleccións de Correos celebradas o pasado 28 de xuño. Con este resultado, a central nacionalista obtén o 25% da representación, a pesar da redución considerábel do número de votantes e delegados/as.
29/6/2011 O Comité, de nova creación, está composto por 13 representantes, dos que 7 correspóndenlle á CIG
A Confederación Intersindical Galega manifesta a súa satisfacción polos resultados obtidos nas eleccións sindicais na empresa SERUNIÓN na provincia da Coruña. A empresa dedícase fundamentalmente á xestión dos comedores escolares e comedores en distintas empresas e entidades da provincia. O Comité, de nova creación, conta con 13 representantes, dos cales a CIG obtivo e a UGT os restantes.
27/6/2011 Obtivo 67 votos e 6 representantes dos 9 que compoñen o comité
Cunha ampla participación dos traballadores e traballadoras (votaron 104 dos 106 que forman parte do cadro de persoal), a candidatura da CIG foi a máis votada, con 67 votos, fronte aos 28 obtidos por UGT. Con estes resultados increméntase o número de votos e de representantes da central sindical obtidos nas eleccións celebradas hai catro anos, onde con 97 votantes, a CIG acadou 5 delegados/as (52 votos) e UGT 4 delegados/as (41 votos).
23/6/2011 A central obtén 9 representantes dos/as 13 que conformarán o Comité de empresa
A CIG-Saúde revalidou a súa presenza no Comité de empresa do Hospital Santa Teresa da Coruña ao obter 9 dos/as 13 delegados/as que se elixían nas eleccións celebradas o mércores 22 de xuño. Con este resultado, a CIG-Saúde consolida a maioría absoluta e mantense como primeira forza sindical neste centro.
22/6/2011 A central consegue 8 representantes e reforza a súa maioría absoluta no Comité
A CIG obtivo 8 delegados/as nas eleccións celebradas o 21 de xuño nos centros do Imserso da Coruña (CAMF de Ferrol e CPAP de Bergondo), manténdose como primeira forza sindical no Comité de empresa e reforzando a súa maioría absoluta ao conseguir un representantes máis.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com