Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
América Latina despois de Panamá
16/04/2015Juan Manuel Karg
Aínda que Obama logrou a foto que quería xunto a Raúl Castro, e aproveitou os días previos para se reunir cos países do Caribe nucleados en Car...
Algumas notas sobre o TTIP (Acordo de Parceria Transatlântica de Comércio e Investimento UE-EUA)
16/04/2015João Ferreira
O TTIP comporta sérias ameaças ao emprego – levando a uma corrida ao fundo no plano dos direitos, salários e condições de trabalho. Sublinhe-...
Eric Toussaint: “A débeda ilexítima non se debe pagar”
16/04/2015
 Eric Toussaint, Coordinador da comisión do Parlamento de Grecia para a auditoría da Débeda, e Adolfo Muñoz "Txiki", secretario xeral de EL...
Israel prepara a guerra
13/04/2015Immanuel Wallerstein
O primeiro-ministro de Israel, Benyamin Netanyahu alcançou uma expressiva vitória eleitoral em Israel, em 17 de março. Conseguiu isso fazendo doi...
A historia endexamais contada da integración europea
13/04/2015Héctor Illueca Ballester
A verdadeira disxuntiva consiste en saír do euro e recuperar a soberanía ou afrontar unha lenta pero inexorábel transición cara ao subdesenvolve...
Caos
10/04/2015Jorge Cadima
O conceito de imperialismo
07/04/2015Prabhat Patnaik
Alvos de guerra
07/04/2015Max Altman
Defendamos a Venezuela em perigo
30/03/2015Guillermo Almeyra
eleccións sindicais
20/10/2011 A central, que até agora non tiña representación, consegue e maioría da representación no Comité de empresa
A CIG acadou a maioría do Comité de Empresa do Concello de Cariño nas eleccións sindicais celebradas na mañá do mércores 19 de outubro, ao obter catro dos cinco delegados/as. Dende a CIG-Administración Pública de Ferrol amosáronse moi satisfeitos por estes resultados, xa que até este momento a central sindical non tiña representación no Concello de Cariño, ao estar en mans da UGT.
14/10/2011 Un membro da mesa dimitiu para completar a lista do sindicato español ao colexio de técnicos
A CIG vén de denunciar que a empresa Aquagest, encargada do subministro e a depuración de auga en varias cidades e vilas galegas, modificou o censo das eleccións sindicais no último momento co obxectivo de que a UGT teña a maioría no comité intercentros. Dende a central nacionalista afirman que un membro da mesa electoral chegou a dimitir para completar a lista do sindicato español e facer posíbel deste xeito que puidese presentar candidatura no colexio de técnicos do centro de traballo de Pontevedra .
13/10/2011 A federación de Químicas desbancou deste xeito a CCOO como forza maioritaria
A federación de Químicas e Enerxía da CIG conseguiu os tres delegados/as de persoal que se escollían nas eleccións sindicais celebradas recentemente na compañía porriñesa Aztega La Artística. Con este resultado, a central nacionalista desbanca a CCOO como forza maioritaria.
13/10/2011 A federación da Construción obtivo 133 votos fronte aos 119 que sumaron CCOO e UGT
A federación da Construción e Madeira da CIG obtivo a maioría absoluta nas eleccións sindicais celebradas recentemente compañía pontevedresa Maderas Iglesias ao sumar 133 votos, 14 máis que os logrados por CCOO e UGT. Deste xeito, a central nacionalista contará con sete representantes no comité de empresa, os mesmos que os sindicatos españois.
7/10/2011 A participación foi do 90,08% votando 108 dos 119 traballadores
Cento oito traballadores, dun total de cento dezanove, o 90,08% do total do cadro de persoal, participaron no proceso de eleccións sindicais de Altia-Compostela, empresa de consultoría e prestación de servizos TIC. Malia o complicado do proceso, que durou catro meses desde a constitución da mesa até a data de votación, o despedimento de dous candidatos da CIG, xunto con outros traballadores vinculados á candidatura, e un traballador que foi desprazado, a CIG obtivo 4 delegados/as; CCOO 3 e a UGT 2.
29/9/2011 A central nacionalista obtivo tres delegados/as no primeiro e cinco no segundo
A Confederación Intersindical Galega fíxose coa maioría absoluta nas eleccións sindicais celebradas este luns nos hoteis Hesperia Illa da Toxa e Gran Hotel da Toxa ao obter tres e cinco representantes no comité de empresa.
29/9/2011 A central acada seis dos nove delegados/as que integrarán o Comité de empresa
A CIG-Saúde vén de consolidar a maioría absoluta nas eleccións sindicais celebradas o mércores 28 de setembro no Hospital San Rafael. A central nacionalista obtivo seis delegados/as fronte aos/ás tres representantes acadados por CCOO. Con este resultado a CIG-Saúde mantense como primeira forza sindical neste centro.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com