Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
A partida de xadrez xeopolítica EEUU-Rusia en América Latina
27/05/2016Germán Gorraiz Lopez
As medidas cosméticas tomadas pola Administración Obama no seu primeiro mandato, a respecto de Cuba, deixan intacto o bloqueo e non cambian substa...
O novo cenário brasileiro
27/05/2016Immanuel Wallerstein
O que um movimento que venha a suceder o PT poderá fazer é voltar às raízes, como movimento anti-imperialista consistentemente de esquerda. Não...
Estratégia do golpe global
27/05/2016Manlio Dinucci
No campo de visão da estratégia golpista de Washington encontram-se hoje o Brasil, para minar por dentro os Brics, e a Venezuela, para minar a Ali...
Brasil: O assalto ao poder de um bando de aventureiros
26/05/2016Emir Sader
Privatização de tudo o que puder, sem limite, sem pudor, liquidação do patrimônio publico, entregue ao mercado e aos grandes capitais privados ...
O Euro e a crise na e da União Europeia
26/05/2016João Ferreira
A recuperação da soberania monetária – e por arrastamento da soberania cambial, orçamental e fiscal – é condição necessária, ainda que i...
Venezuela
26/05/2016Pedro Guerreiro
emprego
10/6/2014 O Presidente da Xunta e a conselleira de Traballo estiveron ausentes durante o debate, como moitos outros deputados/as do PP que só regresaron aos seus escanos para votar
O Partido Popular rexeitou, no pleno do Parlamento celebrado onte, que se articulen medidas alternativas para promover o crecemento económico e a creación de emprego en Galiza ao votar en contra da ILP impulsada pola CIG. Fronte a isto, BNG, AGE, PSOE e grupo mixto manifestaron o seu apoio, non só pola forma en que foi tramitada a proposta –como Iniciativa Lexislativa Popular- senón tamén polo seu contido. Malia o resultado, que xa estaba previsto, cúmprese así un dos principais obxectivos da CIG, abrir un debate arredor do problema do emprego e das alternativas ás políticas económicas que os gobernos veñen aplicando.
6/6/2014 Chega ao seu debate na cámara co respaldo de máis de 31.000 sinaturas, co apoio de concellos, comités de empresa e organizacións sociais e políticas
O secretario xeral da CIG, Suso Seixo, defenderá este martes, no pleno do Parlamento a Iniciativa Lexislativa Popular impulsada pola central sindical na que se recollen 100 medidas para promover o crecemento económico e a creación de emprego en Galiza. Unha ILP que chega avalada por máis do dobre das sinaturas necesarias e que conta ademais co apoio de numerosas organizacións sociais, políticas, comités de empresa e concellos.
3/6/2014 Para a CIG este deterioro das condicións laborais é consecuencia das sucesivas reformas laborais
Os datos de paro rexistrado do mes de maio poñen de manifesto as graves consecuencias que para as condicións laborais e de vida das traballadoras e traballadores galegos tiveron as reformas laborais: cada vez hai máis contratación temporal e cada vez é menor a porcentaxe de persoas desempregadas con dereito a prestación.
1/4/2014 A primeira hora da mañá celebrarase unha asamblea nacional de delegadas/os que partirán, contra as 12:15 horas en manifestación desde a Alameda até o Pazo do Hórreo
Este mércores a CIG fará entrega, no Parlamento de Galiza, das sinaturas que avalan a Iniciativa Lexislativa Popular polo Emprego impulsada pola central sindical. Unha ILP que ten como obxectivo promover o debate en sede parlamentaria arredor dun dos principias problemas do país: o desemprego, e arredor das políticas que é preciso pór en marcha para darlle unha solución. O acto terá lugar contra as 12:30 horas da mañá pero antes celebrarase unha asamblea nacional de delegados/as que sairán contra as 12:15 horas en manifestación desde a Alameda compostelá cara ao Pazo do Hórreo.
26/3/2014 Este mércores a CIG de Ferrol realizou unha marcha a pé polo emprego dende Xuvia até a Praza de Armas
A campaña de divulgación e recollida de sinaturas para a Iniciativa Lexislativa Popular para a creación de emprego en Galiza promovida pola CIG concluirá o vindeiro 2 de abril cunha asemblea nacional de delegados/as en Compostela e a entrega das sinaturas no rexistro do Parlamento. Na recta final da campaña, a Unión Comarcal de Ferrol realizou este mércores unha marcha a pé polo emprego que saíu da Praza do Concello Vello en Xuvia e rematou na Praza de Armas de Ferrol.
13/3/2014 En sesión ordinaria celebrada na Coruña
En sesión ordinaria celebrada o mércores 12 de marzo no local sindical da CIG na Coruña, o Comité de Empresa de ACCIONA Infraestructuras SA (delegación Galiza) acordou por unanimidade apoiar a Iniciativa Lexislativa Popular pola creación de emprego en Galiza.
10/3/2014 Centos de persoas maniféstanse coa central nacionalista en Ferrol, Vigo e Compostela
Con tres manifestacións, en Ferrol, Vigo e Compostela, conmemoraba a CIG este 10 de marzo o Día da Clase Obreira Galega, nun contexto “profundamente negativo” para a clase traballadora e para Galiza tanto no plano económico, como social ou político. Así o denunciou Suso Seixo, secretario xeral, na manifestación que percorreu as rúas de Ferrol, onde alertou de que “o capital está a aproveitar o contexto de crise para levar adiante un durísimo ataque contra os dereitos, as condicións laborais e a calidade de vida das clases populares”.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com