Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Grécia: Syriza enfrenta decisões difíceis
26/01/2015Dimitris Belladis
Syriza pode se tornar uma força de contestação antineoliberal e anticapitalista, embora infelizmente esta coalizão também possa ser a base de u...
A União Europeia não existe
21/01/2015Vaz de Carvalho
A UE não existe, o que existe é um problema, uma guerra de classe contra os povos sob a designação de UE. Que democracia, que vontade do povo se...
A estratégia da tensão de dois terrorismos: o jihadista e o imperialista
21/01/2015Achille Lollo
O ataque ao semanário Charlie Hebdo alimenta uma dúplice estratégia da tensão, onde, por um lado, as células jihadistas exploram o degrado e o ...
Ucrânia e fascismo
15/01/2015Inês Zuber
A população do Donbass e os patriotas ucranianos que resistem à fascização da Ucrânia – vulgarmente conhecidos nos media dominantes por «te...
Charlie Hebdo: Uma reflexão difícil
14/01/2015Boaventura de Sousa Santos
Não estamos perante um choque de civilizações, até porque a cristã tem as mesmas raízes que a islâmica. Estamos perante um choque de fanatism...
Atalhos
14/01/2015Tariq Ali
A lógica que há por trás
09/01/2015Martín Granovsky
ensino público
6/9/2013 A CIG participou na mobilización na que se denunciou a redución orzamentaria, o recorte de salarios e de bolsas ou a suba das taxas
Traballadores/as das tres universidades galegas, estudantes e representantes sindicais participaron este venres, coincidindo co acto de apertura do curso académico 2013-2014, nunha multitudinaria “tesoirada” na Praza do Obradoiro en contra dos recortes impostos polos gobernos do PP. A protesta, trasladouse posteriormente até o Pazo de Fonseca, onde os asistentes ao acto institucional foron recibidos con berros en defensa das universidades públicas galegas.
4/9/2013 A CIG-Ensino advirte que hai 15 centros menos e 64 unidades de Infantil e Primaria suprimidas, mentres se concertan 40 unidades novas e 18 ciclos formativos
A CIG-Ensino denunciou este mércores 4 de setembro, nunha rolda de prensa, que estamos ante un inicio do curso escolar caracterizado por unha política educativa continuísta do PP, alicerzada en laminar o ensino público en base a recortes “sistemáticos, inxustificados, inaceptábeis e innecesarios”. O secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, e Ana Rodiño, membro da Executiva, repasaron nesta comparecencia a situación do ensino público para o curso 2013-2014.
7/5/2013 A CIG anima a participar nas mobilizacións convocadas pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público ás 11:30 horas en todas as comarcas
A CIG-Ensino fai un chamamento ao profesorado e á comunidade educativa no seu conxunto para sumarse á folga contra a LOMCE deste xoves 9 de maio no ensino público galego. A central agarda que esta folga sexa un éxito e que a comunidade educativa volva pór de manifesto o seu rexeitamento a unha lei reaccionaria, españolizadora, privatizadora, clasista, antipedagóxica, antidemocrática e confesional, que liquida a igualdade de oportunidades e expulsa do ensino os sectores sociais máis desfavorecidos da sociedade.
12/4/2013 A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público xa fixo encerros rotatorios en Santiago e A Coruña
O CEIP Ferrolterra acolleu entre as 17:00 horas do xoves ás 10:00 horas deste venres un novo peche contra a LOMCE e os recortes no ensino público. Este 12 de abril, os peches rotatorios que organiza a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público trasládanse ao IES A Sangriña de A Guarda. O encerros continúan o luns 15 no IES Alfredo Brañas de Carballo.
10/4/2013 O xoves as protestas trasladaranse até o CIFP Ferrolterra e o IES Alfredo Brañas de Carballo
O IES Menéndez Pidal da Coruña tomaba este mércores ás 17:00 horas o relevo ao IES Rosalía de Castro de Compostela, no calendario de peches convocados pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público en rexeitamento á LOMCE e ao conxunto de recortes aplicados polo Goberno galego no eido educativo. A medida de presión manterase até ás 10:00 horas do xoves, xornada na que os peches se trasladarán até Ferrol e Carballo.
20/3/2013 A CIG-Ensino advirte que Chantada, Monforte, Sarria e Vilalba estarán afectadas así como o IES A Carballeira de Ourense e do IES As Mercedes de Lugo
A CIG-Ensino vén de denunciar que a Consellería continúa na súa batalla contra o ensino público con continuos recortes. Agora, explican, pretende pechar centros de secundaria ou reconvertelos, o que significará unha menor oferta educativa pública, masificación de aulas e supresión de profesorado para facilitar e potenciar o ensino privado concertado. Parace confirmado que nas localidades de Chantada, Monforte, Sarria e Vilalba, a Consellería pretende concentrar as ensinanzas e xa anunciou a desaparición de ensinanzas de ESO e Bacharelato do IES A Carballeira de Ourense e do IES As Mercedes de Lugo
19/3/2013 En 123 centros de ensino de Secundaria (o 36,82%do total) o recorte supera o 9%
Segundo un estudo feito pola CIG-Ensino a Consellaría de Educación recorta nun total de 21 centros de ensino de Secundaria máis dun 20% a partida destinada a gastos de funcionamento. De 334 centros de ensino de Secundaria, nun total de 123 -o que representa un 36,82% dos Institutos de Educación Secundaria, Centros Integrados de Formación Profesional e Centros Públicos Integrados- a porcentaxe de recorte nesta partida supera o 9%.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com