Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Os bancos centrais da tríade, entre guerras e crises
19/12/2014Ariel Noyola Rodríguez
A autonomía dos bancos centrais, imposta durante a década de 1990 polo capitalismo neoliberal, vinculou de xeito decisivo o apoio estatal á moeda...
Cara a unha Terceira Guerra Mundial?
18/12/2014Atilio A. Boron
A historia apréndenos que todas as transicións xeopolíticas globais -e estamos inmersas nunha delas- estiveron acompañadas por grandes guerras ...
NATO: Perigo para a paz mundial
18/12/2014Immanuel Wallerstein
A NATO e o que ela simboliza hoje representa um perigo severo devido à reivindicação dos países ocidentais do direito de interferir em qualquer ...
Capitalismo e corrupção
18/12/2014Albano Nunes
A corrupção é sistémica. É algo inerente ao funcionamento do sistema capitalista. Não se toca nos offshore nem se avança sequer na taxação ...
A crise xaponesa e nós
17/12/2014Albert Recio Andreu
Nas economías capitalistas sempre que existe estancamento económico se traduce en paro masivo, expansión da pobreza e variedade de sufrimentos hu...
A terceira guerra mundial
15/12/2014Boaventura de Sousa Santos
A importância do "Económico"
15/12/2014Prabhat Patnaik
ERE
9/5/2013 O expediente afectaría aos centros das Somozas e Narón e suporía o despedimento de case 70 empregados/as
Os traballadores e traballadoras de Alstom están secundando este xoves unha xornada de folga en contra das pretensións da empresa de aplicar un ERE para o conxunto das plantas que a multinacional ten no estado español e que suporá unha redución brutal de persoal. Coincidindo co paro, os empregados/as de Galiza partían esta madrugada en autobús dende o Polígono de Río do Pozo (Narón) cara a Madrid para participar nunha manifestacións conxunta en rexeitamento aos plans da empresa.
7/5/2013 A empresa presentou un ERE para sete traballadoras e durante o período de consultas solicitou concurso voluntario de acredores
As traballadoras e traballadores de Star Center, dedicada á venda de electrodomésticos e situada en Narón, protagonizaron este martes unha concentración diante das instalacións da empresa no Polígono da Gándara en rexeitamento ao despedimento de sete compañeiras e para esixir o cobro das tres nóminas que se lles adebedan.
19/4/2013 Esta é a primeira das mobilizacións convocadas pero xa anuncian que “haberá máis”
O persoal de AENA de Lavacolla concentrábase esta mañá no aeroporto para denunciar o Plan de Viabilidade que se vén de pór en marcha e que implica unha diminución do 20% do cadro de persoal -31 traballadoras/es menos-, vulnerando así o convenio colectivo vixente e o acordo polo que se fixaba en 138 traballadores/as o cadro mínimo operativo. Esta é a primeira mobilización convocada, pero a sección sindical da CIG xa anuncia que haberá máis e reitera o seu chamamento ao resto dos sindicatos para unir esforzos e paralizar este ERE encuberto que temen teña como obxectivo a privatización.
19/4/2013 A Sección Sindical solicita a nulidade do despedimento colectivo por entender que non está axustado a dereito
A Sección Sindical da CIG na Fábrica de Armas vén de presentar demanda na Audiencia Nacional contra a decisión de Santa Bárbara Sistemas - General Dynamics de aplicar un ERE de extinción para a totalidade do cadro de persoal da factoría da Coruña, co conseguinte peche das instalacións. A central sindical solicita que se declare a nulidade do despedimento colectivo, xa que entende que este non está axustado a dereito e carece de xustificacións económicas, organizativas ou de produción que avalen tal medida.
17/4/2013 Convocan unha concentración para o venres 19 de abril, ás 12:30 horas na nova terminal
AENA vén de pór en marcha un Plan de Viabilidade que implica unha diminución do 20% do cadro de persoal no aeroporto de Santiago. A sección sindical da CIG denunciou esta mércores, en rolda de prensa, que deste xeito Lavacolla pasará a ter 31 traballadores/as menos vulnerando así o convenio colectivo vixente e o acordo polo que se fixaba en 138 traballadores/as o cadro mínimo operativo. Alertan das repercusións que isto terá na calidade da atención e no normal funcionamento do servizo.
16/4/2013 CIG-Banca denuncia que se notifican os despedimentos a pesar de haber vacantes e que entidade mantén contratos temporais
Ás 08:00 horas da mañá deste martes arrancaban diante da oficina de San Roque na cidade de Lugo as mobilizacións contra a nova vaga de despedimentos en Novagalicia Banco, derivados da aplicación do cuarto ERE. A protesta desenvolveuse nesta sucursal de Lugo, xa que nela están afectados dous traballadores dos oito despedimentos notificados.
16/4/2013 A representación do persoal denuncia a falta de vontade negociadora por parte da dirección
Os traballadores de Eymosa acordaron, logo da reunión que a representación social e a empresa mantiveron este martes no marco do período de consultas, continuar coas mobilizacións en contra dos despedimentos e a suspensións de contratos á vista da escasa oferta achegada pola dirección. Así, o persoal realizará paros de media xornada e concentracións o mércores e o xoves, día no que remata o período de negociacións.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com