Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
UE/Euro: Prisão de povos
17/07/2015Jorge Cadima
Os acontecimentos dos últimos dias são portadores de importantíssimos ensinamentos sobre a verdadeira natureza da dominação de classe, do imper...
A operação em curso – nome de código: Grécia
10/07/2015Vaz de Carvalho
Contrariamente às ilusões europeístas o sistema é incapaz de resolver os problemas provocados pela financeirização da economia a favor do rent...
Aprofundamento da União Económica e Monetária Europeia – ensaio sobre a cegueira
10/07/2015Miguel Viegas
Em traços gerais, este relatório dos cinco presidentes aponta para o reforço dos pilares neoliberal e federalista da UE. Podando o discurso dos h...
Grécia – a força do povo
10/07/2015Ângelo Alves
O povo grego emitiu uma opinião muito «simples» e clara. Quer mandar no seu próprio devir colectivo. Entende que o seu país é o seu povo e nã...
Uma guerra de classe
10/07/2015Filipe Diniz
A UE conduz uma guerra. Descrever essa guerra como uma guerra que opõe países ricos e países pobres não ajuda a entender a sua natureza. É uma ...
O caldeirão grego
03/07/2015Luís Carapinha
Ucrânia, o fascismo galopante
25/06/2015Raúl Antonio Capote
O contra-senso comum
25/06/2015Boaventura de Sousa Santos
ERE
29/7/2013 Secundou masivamente a folga convocada para os días 24 e 25 de xullo
As traballadoras e traballadores do Hotel Puerta del Camino levan meses sen cobrar con regularidade os seus salarios. Tal é así, que da nómina do mes de xuño levaban cobrado, á altura do día 26 de xullo, tan só o 25%. Por iso e porque a empresa que xestiona o hotel decidiu aplicar un ERE en plena tempada alta tiñan convocadas dúas xornadas de folga para os días 24 e 25 de xullo. Malia o masivo seguimento non houbo intento algún, desde a dirección do estabelecemento hostaleiro, de sentar a negociar co persoal que, ante isto, acordou convocar dúas novas xornadas de folga para os días 2 e 3 de agosto.
26/7/2013 Coincidindo co acto de conciliación polo despedimento forzoso de dous empregados
Este venres tiña lugar a celebración, ás 10:15 horas no SMAC da Coruña, do acto de conciliación de dous traballadores da Fábrica de Armas, que foron despedidos forzosamente o pasado día 28 de xuño. Con tal motivo, ex traballadores/as da planta realizaron unha concentración diante das oficinas do SMAC para denunciar, “unha vez máis, a inxustiza que supón o ERE e o peche das instalacións da Coruña”.
24/7/2013 Teñen denunciada perante a Inspección a contratación de persoal para estas dúas xornadas, vulnerando o dereito á folga
Ás 00:00 horas deste mércores 24 de xullo comezaba a primeira das dúas xornadas de folga convocadas polo Comité de Empresa do hotel Puerta del Camino. Unha folga que está a ser secundada pola inmensa maioría do persoal, agás os xefes. Denuncian que levan meses arrastrando atrasos nos cobros dos salarios e que, de feito, a estas alturas só cobraron da nómina correspondente ao mes de xuño, o 25%. Están inmersos nun ERE que afecta a todo o cadro do persoal e malia a convocatoria de folga desde a dirección non houbo intento algún de negociación.
18/7/2013 O Expediente inclúe redución de xornada e suspensión de contratos por un período dun ano
O Comité de Empresa do Hotel Puerta del Camino convocou para este xoves unha concentración de protesta contra o ERE suspensivo e de redución de xornada imposto pola empresa. No decurso da mobilización denunciaron ademais os atrasos continuados no pagamento das nóminas e anunciaron a convocatoria de folga para os días 24 e 25 de xullo de non se retirar o ERE e actualizar os pagos pendentes.
26/6/2013 A pesar dos millonarios beneficios declarados e das abusivas xornadas laborais do persoal, a entidade pretende levar adiante unha regulación de emprego
Traballadoras e traballadoras do Banco Santander-Banesto realizaron unha protesta este mércores diante da Oficina Urbana 7 da Coruña en rexeitamento ao inicio dos despedimentos do ERE executado recentemente polo grupo bancario. Dende a Sección Sindical da CIG sinalaron que a empresa, a pesar dos beneficios obtidos e por causas económicas non explicadas, decidiu fusionar as tres marcas do grupo (Santander, Banesto e Baniff) e ao amparo desta medida aplicar unha regulación de emprego.
19/6/2013 A protesta realizouse con motivo do acto de conciliación polo despedimento de 13 traballadores o pasado 10 de maio
Un grupo de traballadores da Fábrica de Armas concentrouse na mañá deste mércores ás portas das oficinas do SMAC no Mercado de Elviña, con motivo do acto de conciliación de 13 operarios que foron despedidos o pasado día 10 de maio. Os actos de conciliación, previos á celebración do xuízo, corresponden ás reclamacións individuais presentadas polo persoal despedido que está sendo asesorado pola CIG.
18/6/2013 Os traballadores/as manteñen unha acampada ás portas da compañía dende o domingo para reclamar o mantemento dos empregos
O presidente e un delegado do comité de Biofabri -os dous da CIG, que ten tres representantes- abandonaron onte á noite o peche iniciado pola tarde no interior das instalacións da empresa no Porriño despois de que a última das xuntanzas coa dirección rematase sen acordo. Un grupo de traballadores/as, ao igual que o terceiro delegado da central nacionalista, permanecen acampados no exterior da fábrica dende o domingo á noite para rexeitar os despedimentos previstos pola dirección.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com