Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Entrevista com Noam Chomsky: “Há uma resistência muito significativa contra o assalto neoliberal”
03/03/2015Miguel Mora
A Europa é hoje uma das maiores vítimas dessas políticas económicas de loucos, que somam austeridade à recessão. Até o FMI diz que já não f...
Tentativa golpista contra Venezuela
03/03/2015Ignacio Ramonet
Esta vez, o golpe íase a executar en catro fases. A primeira comezou a principios do mes de xaneiro de 2015, cando o presidente Maduro realizaba un...
Acerca de negociações: lições do caso Syriza
02/03/2015Vaz de Carvalho
A UE tem os povos presos nas grilhetas do endividamento e do euro. Esta situação só será alterada pela resistência popular. O caso grego mostro...
Venezuela: Estados Unidos acelera o golpe
27/02/2015Ángel Guerra Cabrera
O golpismo intensificouse sobre todo a partir da elección do presidente Maduro en abril de 2013. Washington e as oligarquías decidiron botar toda ...
A goleada sofrida pelo Syriza nas negociações da UE
27/02/2015Richard Seymour
As classes dominantes da UE também “ganharam tempo”, e elas dispõem dos recursos e estão ao ataque, enquanto o Syriza recuou. Não há motivo...
Grécia: os próximos quatro meses
27/02/2015Michael Roberts
Syriza, uma via para o poder do povo?
26/02/2015Éric Toussaint
Ucrânia, um ano depois do golpe
26/02/2015Luís Carapinha
ERE
6/2/2014 A empresa de servizos ten cinco días para recorrer ou deberá achegar unha nova proposta
O Xulgado do Mercantil número 2 de Pontevedra vén de anular o ERE de extinción que afecta a 34 traballadores/as da empresa de servizos Coserpont, en concurso de acredores dende o 22 de xullo, ao entender que non existiu negociación. A administración concursal ten cinco días para presentar recurso ou deberá achegar unha nova proposta.
5/2/2014 O comité solicitou a mediación da Inspección de Traballo tras rematar sen acordo a última xuntanza
O cadro de persoal de Treves en Pontevedra decidiu en asemblea convocar mobilizacións no caso de que a empresa auxiliar da automoción decida seguir adiante co Expediente de Regulación de Emprego (ERE) nas actuais condicións. O comité solicitou a mediación da Inspección de Traballo tras rematar sen acordo a última xuntanza.
31/1/2014 A CIG presentara conflito colectivo porque 20 dos 28 traballadores/as incluídos no expediente eran afiliados/as da central
O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) vén de anular a lista de persoas afectadas polo ERE de Securitas na provincia de Pontevedra ao entender que a compañía vulnerou o dereito fundamental de liberdade sindical e condena a empresa a readmitir ou indemnizar os traballadores/as. A CIG presentara demanda de conflito colectivo porque 20 dos 28 traballadores/as incluídos no expediente eran afiliados/as da central nacionalista.
10/1/2014 A CIG de Ourense amosa a súa satisfacción pola “durísima” sentenza tanto coa administración concursal, como co xulgado do Mercantil
O TSXG vén de emitir sentenza pola que se anula o auto de extinción dos contratos da totalidade do persoal de Amencer Reciclado. Unha sentenza que a CIG de Ourense cualifica de “durísima”, tanto coa administración concursal como co xulgado do Mercantil, e na que se sinala que o auto ditado por este non analizou “sequera someramente, a concorrencia das causas económicas, así como a alegada existencia de grupo de empresas, é dicir, a posíbel falta de xustificación das causas sinaladas como xustificativas dunha decisión que a obriga a unha liquidación dunha empresa”.
11/12/2013 A parte social lamenta o desinterese das administracións na defensa dos postos de traballo
Máis de cen traballadores e traballadoras das fábricas do Sargadelos (Cervo) e Cerámicas do Castro (Sada) trasladáronse na tarde do martes até Compostela para concentrarse ás portas do Instituto Galego de Informacións, onde tiña lugar a última xuntanza do período de consultas do ERE extintivo que a empresa pretende aplicar a 70 empregadas/os das dúas plantas.
5/12/2013 O persoal estivo acompañado por traballadores/as doutras empresas auxiliares que están en situación similar
Traballadores de Gabadi, acompañados por persoal doutras empresas auxiliares do naval e da propia Navantia, concentráronse dende as seis da mañá ás portas do estaleiro de Ferrol para esixir a retirada do ERE extintivo para 28 operarios que pretende aplicar a empresa. O Secretario Comarcal da CIG-Metal, Vicente Vidal, explica que a compañía conta nestes momentos con 164 empregados, 75 contratados con carácter indefinido e 89 eventuais, e cunha importante carga de traballo.
4/12/2013 Non contempla propostas de reparto de traballo, nin garante a viabilidade da entidade
A federación de Banca da CIG non asinou finalmente o acordo de ERE acadado en Banco Caixa Geral S.A. Malia recoñecer que ten aspectos positivos entende que nas súas condicións supón un claro retroceso en relación co acadado no ERE anterior, que aínda estaba vixente ao inicio da negociación deste.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com