Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
A partida de xadrez xeopolítica EEUU-Rusia en América Latina
27/05/2016Germán Gorraiz Lopez
As medidas cosméticas tomadas pola Administración Obama no seu primeiro mandato, a respecto de Cuba, deixan intacto o bloqueo e non cambian substa...
O novo cenário brasileiro
27/05/2016Immanuel Wallerstein
O que um movimento que venha a suceder o PT poderá fazer é voltar às raízes, como movimento anti-imperialista consistentemente de esquerda. Não...
Estratégia do golpe global
27/05/2016Manlio Dinucci
No campo de visão da estratégia golpista de Washington encontram-se hoje o Brasil, para minar por dentro os Brics, e a Venezuela, para minar a Ali...
Brasil: O assalto ao poder de um bando de aventureiros
26/05/2016Emir Sader
Privatização de tudo o que puder, sem limite, sem pudor, liquidação do patrimônio publico, entregue ao mercado e aos grandes capitais privados ...
O Euro e a crise na e da União Europeia
26/05/2016João Ferreira
A recuperação da soberania monetária – e por arrastamento da soberania cambial, orçamental e fiscal – é condição necessária, ainda que i...
Venezuela
26/05/2016Pedro Guerreiro
folga
6/5/2016 Traballadores e Concello realizarán de reunións de seguimento de funcionamento do aparcadoiro
A folga indefinida iniciada o pasado 18 de abril polos traballadores do aparcadoiro soterrado da Praza do Inferniño de Ferrol, fica desconvocada a partir deste venres, logo de que a empresa adxudicataria Portanova Park, abonara parte da débeda salarial.
5/5/2016 Denuncian que nestes momentos Galiza conta só con 62 profesionais para realizar todos os controis, un 38% menos que en 2006
As organizacións sindicais CIG, CCOO, CSI•F e UGT veñen de convocar folga entre o persoal Farmacéutico Inspector de Saúde Pública para reclamar medios materiais e humanos e unha mellor organización do servizo que permita garantir a correcta vixilancia sanitaria. O paro dará comezo o 18 de maio, e desenvolverase todos os luns, martes e mércores de xeito indefinido.
4/5/2016 A CIG vixiará o proceso concursal da empresa para garantir que as traballadoras/es cobren os salarios e as débedas pendentes
O Sergas comunicou hoxe, coincidindo coa segunda xornada da folga convocada pola CIG na limpeza dos centros de saúde das comarcas de Pontevedra e do Salnés, a rescisión do contrato con Linorsa. Nada máis coñecer a decisión a central celebrou unha asemblea, na que as traballadoras/es decidiron de xeito maioritario suspender o paro. A partir de agora a federación de Servizos vixiará o proceso concursal da empresa para garantir que o cadro de persoal cobre os salarios e das débedas pendentes.
3/5/2016 As traballadoras/es, que reciben presións da empresa para abandonar a protesta, reclaman o pago dos salarios en tempo
Arredor do 80% do persoal de Linorsa secundou hoxe a primeira xornada da folga de seis días convocada pola CIG-Servizos na limpeza dos centros de saúde de Pontevedra e do Salnés para raclamarlle á empresa o pago dos salarios en tempo e das débedas pendentes. Dende a central lembran que as traballadoras/es, que están a recibir presións para que abandonen a protesta, non cumpren os servizos mínimos do 50% fixados polo Sergas porque Linorsa non lles notificou en que centros teñan que desenvolver a súa actividade.
25/4/2016 O persoal de Linorsa, concesionaria do servizo, esíxelle ao Sergas a rescisión do contrato
A federación de Servizos da CIG anunciou hoxe a convocatoria de folga na limpeza dos centros de saúde e dos Puntos de Atención continuada das comarcas de Pontevedra e do Salnés para reclamarlle a Linorsa, a empresa concesionaria, que abone en tempo os salarios e liquide as débedas pendentes co cadro de persoal. Ao mesmo tempo, solicítalle ao Sergas que proceda a rescindir o contrato ante os constantes incumprimentos da compañía, de igual xeito que fixeron outras Administracións públicas.
5/4/2016 A xornada de loita incluíu concentracións na Coruña e Ourense e unha manifestación en Vigo
A Confederación Intersindical Galega logrou paralizar o sector dos centros de chamadas en Galiza para reclamar un convenio colectivo digno e xusto. A xornada de folga convocada pola central tivo un seguimento maioritario no conxunto do país e foi masivo no caso de Vigo, onde unha concorrida manifestación percorreu as principais rúas da cidade. Na Coruña e Ourense desenvolvéronse concentracións coincidindo coa xornada de loita.
1/4/2016 Convoca para ese día, ás 12:00 horas, unha manifestación en Vigo e concentracións na Coruña e en Ourense
Logo das concentracións e paros realizados o 2 de abril en todo o país, a CIG, primeira forza no sector dos centros de chamadas en Galiza, dá un paso máis no conflito 450 días despois do vencemento do Convenio, coa convocatoria dunha xornada de folga e mobilizacións, coincidindo coa mesma, en Vigo, A Coruña e Ourense.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com