Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
UE/Euro: Prisão de povos
17/07/2015Jorge Cadima
Os acontecimentos dos últimos dias são portadores de importantíssimos ensinamentos sobre a verdadeira natureza da dominação de classe, do imper...
A operação em curso – nome de código: Grécia
10/07/2015Vaz de Carvalho
Contrariamente às ilusões europeístas o sistema é incapaz de resolver os problemas provocados pela financeirização da economia a favor do rent...
Aprofundamento da União Económica e Monetária Europeia – ensaio sobre a cegueira
10/07/2015Miguel Viegas
Em traços gerais, este relatório dos cinco presidentes aponta para o reforço dos pilares neoliberal e federalista da UE. Podando o discurso dos h...
Grécia – a força do povo
10/07/2015Ângelo Alves
O povo grego emitiu uma opinião muito «simples» e clara. Quer mandar no seu próprio devir colectivo. Entende que o seu país é o seu povo e nã...
Uma guerra de classe
10/07/2015Filipe Diniz
A UE conduz uma guerra. Descrever essa guerra como uma guerra que opõe países ricos e países pobres não ajuda a entender a sua natureza. É uma ...
O caldeirão grego
03/07/2015Luís Carapinha
Ucrânia, o fascismo galopante
25/06/2015Raúl Antonio Capote
O contra-senso comum
25/06/2015Boaventura de Sousa Santos
folga xeral
25/1/2011 A empresa impediu a realización dunha asemblea para informar das consecuencias da reforma das pensións e anunciar a convocatoria de folga
A CIG presentou hoxe denuncia diante da Inspección de Traballo contra Carrefou Market de Cee por impedir a realización dunha asemblea neste centro de traballo, co obxecto de informar ao persoal sobre as consecuencias da reforma das pensións e comunicar a convocatoria de folga xeral realizada por esta central sindical.
25/1/2011 Está integrada por representantes das organizacións sindicais UGT, CCOO, CIG e CSIF
A Xunta de Persoal do Concello da Coruña acordou adherirse á convocatoria de folga xeral convocada pola Confederación Intersindical Galega para este xoves 27 de xaneiro, en contra da reforma das pensións e na defensa do emprego.
25/1/2011 A central sindical presentou esta mañá recurso contencioso-administrativo contra a resolución do goberno galego
A CIG confirma a súa oposición ao decreto de servizos mínimos, que a Xunta vén de publicar no DOG, por consideralo abusivo e conculcador de dereitos. A central sindical entende que con este decreto de servizos mínimos non queda garantido o lexítimo exercicio do dereito á folga do conxunto do persoal que traballa para a administración galega. Por iso, a central nacionalista presentou hoxe recurso contencioso-administrativo contra este decreto ao entender que resulta desproporcionado.
24/1/2011 A central anima a todos os galegos e galegas a secundar o paro e participar nas mobilizacións convocadas para este xoves
Caravanas de vehículos, pegada de carteis, pintada de murais,... As actividades para publicitar a convocatoria da folga xeral da CIG deste xoves 27 de xaneiro estanse a intensificar nos días previos á xornada de paro, co obxecto de trasladar a todos os galegos e galegas a necesidade de dar unha resposta contundente se queremos frear a vaga de ataques que os gobernos, atendendo aos intereses do capital financeiro, están a perpetrar contra a clase traballadora.
21/1/2011 Organizada pola CIG-Mocidade da comarca de Ferrol
A CIG-Mocidade desenvolveu na mañá deste venres unha concentración de apoio a dous compañeiros da central, acusados de supostos desordes públicos durante a xornada de folga xeral do pasado 29 de setembro. A protesta, coa que tamén se quería denunciar a persecución do movemento obreiro, realizouse ás portas do xulgado de Ferrol onde ía ter lugar a comparecencia.
21/1/2011 Centos de escritores/as, músicos/as, artistas e traballadores/as en xeral xa asinaron
Unha páxina web de recente creación permite rexistrar as adhesións individuais á folga xeral convocada pola CIG o vindeiro 27 de xaneiro para rexeitar a reforma do sistema público de pensións proposta polo Goberno español. Máis de 600 persoas xa asinaron o documento nas primeiras horas de vida da iniciativa.
19/1/2011 A proposta do Goberno galego practicamente reproduce o decreto da folga xeral de setembro, aínda que incrementa algúns servizos como os de transportes
A CIG trasladou esta mañá a oposición á proposta de servizos mínimos presentada pola Xunta de Galiza por considerala abusiva e conculcadora de dereitos. A central sindical entende que con este borrador de servizos mínimos non queda garantido o lexítimo exercicio do dereito á folga do conxunto do persoal que traballa para a administración galega. Por iso, a central nacionalista confirmou que, ao igual que aconteceu na folga do 29 de setembro, presentará recurso contencioso-administrativo contra este decreto ao entender que resulta desproporcionado.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com