Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Bernie Sanders, o que faz cantar o galo?
26/04/2016António Santos
A campanha eleitoral de massas protagonizada por Bernie Sanders é, em primeiro lugar, uma expressão eleitoral da frustração da classe trabalhado...
O mistério da classe média da América Latina
26/04/2016Alfredo Serrano
Depois da vitória de Mauricio Macri na Argentina, da derrota eleitoral do chavismo na Assembleia da Venezuela, do resultado negativo de Evo Morales...
Para compreender o neoliberalismo além dos clichês
26/04/2016George Monbiot
Os governos usam as crises neoliberais tanto como desculpa quanto como oportunidade para baixar impostos, privatizar os serviços públicos restante...
Brasil: O que está em causa?
22/04/2016Pedro Guerreiro
A situação no Brasil torna patente a agudização da luta de classes neste grande país da América latina, confrontando-se aqueles que lutam por ...
Esclarecendo o Golpe de Estado que se vive no Brasil
20/04/2016Alexandre Banhos Campo
Há uns dias no pgl.gal apareceu um artigo meu, no que falando de certas particularidades da Justiça espanhola, acabava conetando o assunto com a e...
Operação Venezuela
15/04/2016Luís Carapinha
Galego
17/6/2014 “ É inaceptábel que unha administración pública nin sequera garanta os mínimos dereitos laborais legalmente estabelecidos”, denuncia Anxo Louzao
CIG-Ensino e profesorado CELGA fixeron entrega esta mañá, no rexistro da Xunta, dun total de 4.443 sinaturas en apoio ao profesorado que até o de agora viña impartindo estes cursos de galego. O secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, denunciou a situación “irregular, fraudulenta e ilegal” na que a consellaría e a secretaría xeral de Política Lingüística mantivo durante anos a este profesorado;  exixiu o recoñecemento dos seus dereitos e reclamou a retirada da Orde pola que se pretende que sexa profesorado en activo quen imparta, en diante, estes cursos.
2/6/2014 O estudante fotografouse cunha cartulina coa consigna “Defender a lingua non é delito”
A CIG-Ensino de Ferrol vén de sumarse ás peticións de paralización do expediente aberto ao alumno do IES Breamo de Pontedeume, por fotografarse cunha cartulina cunha consigna en defensa da nosa lingua. Para a central sindical, a defensa da liberdade de expresión, e menos aínda a reclamación dos dereitos que lle corresponden ao noso idioma, non pode ser considerado motivo para a apertura dun expediente disciplinario.
26/5/2014 A CIG-ENSINO denuncia que a consellaría impide o ensino en galego nos ciclos de FP a distancia
A CIG-Ensino vén de denunciar que a consellaría Educación copia e obriga a estudar  contidos doutras Comunidades mentres priva o alumnado galego de coñecer a nosa realidade. Asegura que a exclusión da nosa realidade acada tamén os contidos dos materiais, até chegar á “aberración” de que en probas realizadas en Galiza o alumnado ten que coñecer o contido do Estatuto de Autonomía de Andalucía, pois é sobre esta comunidade e este estatuto sobre o que se lle realiza unha pregunta, que ten que ver coa normativa de consumo naquel territorio.
16/5/2014 Os días 20, 22 e 23 de maio, haberá concentracións nos xulgados de Compostela, ás 09:00 horas
A CIG traslada a súa solidariedade e chama a participar nas concentracións convocadas en apoio aos 12 galegos e galegas que serán procesados os próximos 20, 22 e 23 de maio nos xulgados de Compostela por defender activamente a nosa lingua. Para estas 12 persoas a Fiscalía pide 45 anos de prisión e sancións económicas de até 30.000 euros.
12/5/2014 A plataforma Queremos Galego convoca oito mobilizacións “expansivas” no Día das Letras Galegas
O vindeiro sábado, 17 de Maio, a Plataforma Queremos Galego, da que a CIG forma parte, fai un chamamento a multiplicar por oito a defensa da nosa lingua, participando nalgunha das mobilizacións expansivas que se van realizar nas sete cidade e en Foz, baixo o lema “Un paso adiante, e outro ADIANTE, Galiza! Defendamos o noso idioma”.
17/3/2014 A práctica totalidade do profesorado de secundaria de galego negouse a impartir estes cursos como horas extras como pretendía Educación
A CIG-Ensino denunciou este martes en rolda de  prensa a situación que atravesa o profesorado que viña impartindo cursos CELGA unha vez que a Secretaría Xeral de Política Lingüística decidiu desfacerse deste colectivo e ofrecerlle ao profesorado en activo dos centros de secundaria que imparta estes cursos como horas extras, co obxecto de evitar, así, a aplicación da resolución das Inspeccións de Traballo da Coruña e de Ourense que obrigan a contratar a estes docentes.
13/1/2014 A Consellaría mantén un ano máis unha redución de medio millón de euros para proxectos de fomento do uso do galego
A Consellaría publicou hoxe a Orde do 2 de xaneiro de 2014 pola que se anuncia a convocatoria para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego nos centros de titularidade pública para o curso escolar 2013/14. Nesta convocatoria podemos comprobar que a Consellaría recunca no recorte das axudas para a promoción da lingua galega, mantendo para a lingua recortes económicos que non aplica noutras partidas orzamentarias.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com