Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Entrevista com Noam Chomsky: “Há uma resistência muito significativa contra o assalto neoliberal”
03/03/2015Miguel Mora
A Europa é hoje uma das maiores vítimas dessas políticas económicas de loucos, que somam austeridade à recessão. Até o FMI diz que já não f...
Tentativa golpista contra Venezuela
03/03/2015Ignacio Ramonet
Esta vez, o golpe íase a executar en catro fases. A primeira comezou a principios do mes de xaneiro de 2015, cando o presidente Maduro realizaba un...
Acerca de negociações: lições do caso Syriza
02/03/2015Vaz de Carvalho
A UE tem os povos presos nas grilhetas do endividamento e do euro. Esta situação só será alterada pela resistência popular. O caso grego mostro...
Venezuela: Estados Unidos acelera o golpe
27/02/2015Ángel Guerra Cabrera
O golpismo intensificouse sobre todo a partir da elección do presidente Maduro en abril de 2013. Washington e as oligarquías decidiron botar toda ...
A goleada sofrida pelo Syriza nas negociações da UE
27/02/2015Richard Seymour
As classes dominantes da UE também “ganharam tempo”, e elas dispõem dos recursos e estão ao ataque, enquanto o Syriza recuou. Não há motivo...
Grécia: os próximos quatro meses
27/02/2015Michael Roberts
Syriza, uma via para o poder do povo?
26/02/2015Éric Toussaint
Ucrânia, um ano depois do golpe
26/02/2015Luís Carapinha
Galego
21/2/2011 A Consellaría aínda non convocou a Mesa Sectorial Docente para tratar a oferta de emprego público
A CIG-Ensino volveu denunciar que a Consellaría de Educación continúe sen convocar a Mesa Sectorial docente para tratar a oferta de emprego público, varios días despois de que o Conselleiro utilizase este tema propagandisticamente. Así mesmo, a Federación aclarou que vai demandar que, como mínimo, unha parte da proba de acceso se realice na nosa lingua “como mellor forma de garantir que o profesorado que acceda á función pública en Galiza reúna a formación necesaria para cumprir o establecido en materia lingüística”.
14/2/2011 O responsábel provincial xustificou o envío de libros e xogos só en castelán nos resultados da enquisa realizada aos pais e nais
A CIG-Ensino vén de denunciar que a Xefatura Territorial de Educación de Pontevedra enviou ao colexio de Randufe en Tui material só en español para a nova aula de infantil. O Xefe Territorial xustificou o envío do devandito material, unha ducia de libros e varios xogos para adquisición da lectoescritura, botando man dos resultados da enquisa realizada aos pais e nais sobre a lingua materna dos nenos e das nenas.
4/2/2011 Supón un novo ataque a nosa lingua e ademais abre a porta á “colocación a dedo do profesorado”
Na Mesa Sectorial do xoves 3 de febreiro tratouse a Orde de acreditación para impartir en lingua estranxeira. A CIG-Ensino denunciou desde o inicio da Mesa a intencionalidade desta orde dirixida a executar o Decreto de Plurilingüísimo no relativo a redución da presenza do noso idioma, mediante a imposición dun terzo das materias en lingua estranxeira, o que fora negativamente avaliado polo Consello Consultivo de Galiza. Ademais, a orde abre unha porta para a colocación a dedo do profesorado, sen seguir as canles regulamentarias.
18/1/2011 A Federación vai realizar máis de 1.200 asembleas nos centros, recollidas de sinaturas e buscará pronunciamentos dos claustros
A CIG-Ensino compareceu esta mañá en rolda de prensa para valorar o anteproxecto de Lei de Convivencia e Participación da Comunidade Educativa e dar a coñecer as propostas e as accións que a Federación vai levar adiante para mudar dita normativa. En dita campaña está prevista a realización de máis de 1200 asembleas nos centros, recollida de sinaturas e pronunciamentos dos Claustros.
14/12/2010 A plataforma cidadá lamenta “a oportunidade perdida” polo Goberno e o Partido Popular para restabelecer os consensos básicos arredor da nosa lingua propia e que prefiran “continuar coa inxustiza dos ataques contra o galego”
A Plataforma Cidadá Queremos Galego chama ao conxunto da sociedade a continuar “coa loita cívica polo dereito a poder vivir en galego na nosa propia terra” logo de que o pleno do Parlamento de Galiza rexeitase este mediodía, cos votos en contra do Partido Popular, a toma en consideración da Proposición de Lei sobre o uso do galego polas Administracións de Galiza e no ámbito do ensino impulsada ao longo dos últimos meses pola plataforma mediante o procedemento de iniciativa lexislativa popular (ILP).
3/12/2010 Exixe a dotación de materiais en galego para todas as materias do proxecto Abalar
A CIG-Ensino denunciou esta semana que a Consellaría estaba a empregar a aplicación do proxecto Abalar tamén para reducir a presenza do noso idioma nas aulas. Chegaba a esta conclusión despois de analizar a lingua dos materiais postos a disposición do profesorado. Por iso exixe a dotación de materiais en galego, en cantidade suficiente, para todas as materias no proxecto Abalar, e o envío de materiais en galego aos centros de infantil.
30/11/2010 Pide a dimisión do Valedor do Pobo, porque os eu proceder pon en cuestión a fiabilidade desta institución
A CIG-Ensino vai reclamar por escrito á Consellaría de Educación que actúe contra as persoas que están acosando sistematicamente os equipos de normalización lingüística e os seus coordinadores e coordinadoras. A CIG-Ensino esíxelle á Consellaría de Educación que inste a Gloria Lago a retirar da web de Galicia Bilingüe o informe en que se persegue aos equipos de normalización e aos seus coordinadores, nomeadamente á CGENDL e tres dos seus representantes.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com