Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
A partida de xadrez xeopolítica EEUU-Rusia en América Latina
27/05/2016Germán Gorraiz Lopez
As medidas cosméticas tomadas pola Administración Obama no seu primeiro mandato, a respecto de Cuba, deixan intacto o bloqueo e non cambian substa...
O novo cenário brasileiro
27/05/2016Immanuel Wallerstein
O que um movimento que venha a suceder o PT poderá fazer é voltar às raízes, como movimento anti-imperialista consistentemente de esquerda. Não...
Estratégia do golpe global
27/05/2016Manlio Dinucci
No campo de visão da estratégia golpista de Washington encontram-se hoje o Brasil, para minar por dentro os Brics, e a Venezuela, para minar a Ali...
Brasil: O assalto ao poder de um bando de aventureiros
26/05/2016Emir Sader
Privatização de tudo o que puder, sem limite, sem pudor, liquidação do patrimônio publico, entregue ao mercado e aos grandes capitais privados ...
O Euro e a crise na e da União Europeia
26/05/2016João Ferreira
A recuperação da soberania monetária – e por arrastamento da soberania cambial, orçamental e fiscal – é condição necessária, ainda que i...
Venezuela
26/05/2016Pedro Guerreiro
manifestación
15/5/2016 A plataforma Queremos Galego convoca a mobilización polo Día das Letras Galegas
A CIG fai un chamamento a participar este martes 17 de maio, Día das Letras Galegas, na manifestación en defensa da lingua convocada pola plataforma Queremos Galego en Santiago de Compostela. Coa mobilización, que se celebra baixo o lema "O idioma é a vida" e que partirá da Alameda ás 12.00 horas, preténdese reivindicar cambios na lexislación que eviten decretos ou sentenzas contra o idioma propio do país. A central amosa a súa satisfacción polo feito de que as Letras Galegas deste ano se lle dediquen a Manuel María, escritor lucense que ademais de salientar pola súa extensa e valiosa obra literaria fíxoo pola súa militancia sindical, política, cultural e de defensa da lingua.
12/5/2016 Xunta de Persoal e SOS Sanidade convocaron a protesta para denunciar as graves deficiencias que padece a área sanitaria viguesa
Milleiros e milleiros de persoas participaron este xoves en Vigo nunha masiva manifestación convocada pola Xunta de Persoal do Chuvi e a plataforma SOS Sanidade para denunciar as graves deficiencias que padece a área sanitaria sanitaria e reclamar o rescate da concesión do hospital Álvaro Cunqueiro, a xestión pública do Meixoeiro, a utilización dos dous anexos do Xeral, a reapertura do policlínico Cíes e a mellora da atención primaria. Ao remate da protesta leuse un manifesto conxunto no que tamén se esixe a demisión do xerente da EOXI, demanda que foi coreada por todos/as os asistentes.
11/5/2016 Convocada pola Xunta de Persoal e SOS Sanidade, sae da Praza dos Cabalos ás 20.00h
A Xunta de Persoal do Chuvi e a plataforma SOS Sanidade Pública convocan unha manifestación en Vigo para esixirlle á Xunta de Galiza o rescate para a sanidade pública dos hospitais Álvaro Cunqueiro e Meixoeiro, o uso hospitalario dos anexos do antigo Xeral, a reapertura do policlínico Cíes e a mellora da atención primaria no conxunto da área sanitaria. A marcha, que terá lugar este xoves 12 de maio ás 20.00 horas, desenvolverase entre a Praza dos Cabalos e a Porta do Sol.
18/4/2016 A Mesa Intersindical reclama a xestión directa do servizo polas Administracións públicas
Máis de 500 bombeiros/as públicos e privados das catro provincias galegas participaron na manifestación convocada pola Mesa Intersindical en Ourense para rexeitar a privatización dos parques comarcais e reclamar un modelo de xestión directa por parte das Administracións. A mobilización, celebrada co lema 'Rescátanos', contou co apoio da Plataforma de Bombeiros Públicos e da Coordinadora Unitaria de Bombeiros Profesionais. 
6/4/2016 A central celebrou previamente unha asemblea na que se analizou o conflito aberto en Servicarne
Centos de delegados/as da CIG percorreron hoxe en manifestación as rúas do Porriño en solidariedade coa loita do persoal de Servicarne, autónomos/as dependentes da empresa de procesados cárnicos Frigolouro que reclaman unhas condicións laborais dignas. Previamente, a central celebrou unha asemblea na que se abordou, entre outras cuestións, o conflito aberto na cooperativa de traballo asociado.
5/4/2016 A marcha partirá dende a Casa de Cultura do Porriño este mércores ás 11.30 horas
A federación de Alimentación da CIG convoca para este mércores unha manifestación solidaria coa loita que desenvolve o persoal de Servicarne, autónomos/as dependentes de Frigolouro, para reclamar unhas condicións laborais dignas. A marcha partirá da casa da Cultura do Porriño ás 11.30 hora e rematará diante da empresa de procesados cárnicos.
29/3/2016 A manifestación terá lugar o xoves 12 de maio ás 20.00 horas dende a Praza dos Cabalos
A Xunta de Persoal do Chuvi e a plataforma SOS Sanidade Pública convocan unha manifestación en Vigo para esixirlle á Xunta de Galiza o rescate para a sanidade pública dos hospitais Álvaro Cunqueiro e Meixoeiro, o uso hospitalario dos anexos do antigo Xeral, a reapertura do policlínico Cíes e a mellora da atención primaria no conxunto da área sanitaria. A marcha, que terá lugar o vindeiro xoves 12 de maio ás 20.00 horas, desenvolverase entre a Praza dos Cabalos e a Porta do Sol.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com