Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Orzamentos do Estado 2015
16/10/2014María do Carme García-Negro
‘Outra vaca no millo’: resumo coloquial dun orzamento que profunda na traxectoria da acción pública que foi parte activa da crise económica....
Portugal: Sair do Euro para recuperar a soberania e desenvolver o país
14/10/2014Octávio Teixeira
Só com a libertação do jugo do Euro será possível implementar uma efectiva alternativa de esquerda. Sob a ditadura do Euro, objectivamente, a ...
A terceira guerra de Iraq
14/10/2014Ignacio Ramonet
Como as dúas precedentes, e tras case vinte e cinco anos de enfrontamentos, esta nova guerra non conseguirá o seu obxectivo. Primeiro porque nunc...
Dez claves sobre os tratados de libre comercio e investimentos
10/10/2014Sol Sánchez
No caso concreto do TTIP, o proxecto apunta a tres obxectivos principais: eliminar os últimos dereitos de alfándega, reducir as barreiras non ara...
México: Ayotzinapa, crime de Estado
10/10/2014Felipe Cuevas
Os gobernantes xogan á confusión, fanse os desentendidos, demoran as investigacións, están coludidos por diversos intereses; o pobo debe mobili...
Brasil: A luta continua
10/10/2014Albano Nunes
A «receita» para o ébola
10/10/2014Maurício Miguel
O Estado español e as desigualdades
08/10/2014Albert Recio Andreu
naval
9/10/2014 A Sección Sindical da CIG reitera que este cambio podería implicar deixar de lado o mercado civil
Traballadores e traballadores do naval de ría de Ferrol continúan as mobilizacións en defensa do sector e este xoves marcharon a pé até as dependencias do Arsenal Militar, como lugar simbólico, para esixir explicacións pola decisión aprobada no Consello de Ministros de asignar ao Ministerio de Defensa a responsabilidade da planificación, dirección, control e execución das políticas relacionadas con Navantia.
26/9/2014 A CIG-Navantia Ferrol denuncia a incapacidade do PP galego para orientar a dirección interna da empresa e esixe a construción íntegra do flotel
“Nin entendemos, nin aceptamos, nin compartimos esta decisión que non ten motivacións técnicas e  responde só a cuestións políticas. Pedimos a dimisión do director de Navantia Ferrol e un posicionamento contundente do PP galego fronte o desvío dunha carga de traballo que nestes momentos é vital para a empresa e a industria auxiliar”. Con estas aseveracións contestaba o Secretario da Sección Sindical da CIG-Navantia Ferrol, Marcelino Amado, ao anuncio da empresa pública de derivar a construción de oito bloques do BAP (o famoso flotel de Pemex), ao estaleiro de Puerto Real.
19/9/2014 Denuncian que hai empresas que non están a cumprir cos acordos salariais e laborais
Traballadores de Maessa concentráronse este xoves diante das portas do estaleiro de Ferrol para denunciar a situación laboral na que se atopan logo de que a empresa convocara ao Comité a unha negociación para ampliar a vixencia do ERE e ameazara con abandonar os traballos en Navantia se o persoal non se aviña a asumir unha rebaixa salarial.
12/9/2014 A Sección Sindical da CIG resume o encontro sinalando que se atoparon cun “discurso balsámico e carente de compromisos”
A reunión mantida polos Comités de Empresa de Navantia na ría de Ferrol co Conselleiro de Industria na tarde do xoves foi cualificada como “decepcionante” pola Sección Sindical da CIG en Navantia-Ferrol. Na xuntanza, denuncian, manifestouse por parte Goberno galego “unha escandalosa falta de compromiso para co Sector Naval de Ferrolterra”. Así mesmo criticaron a espera de máis de 15 meses para seren atendidos os comités polo titular de Industria, ante a negativa tácita de ser recibidos polo presidente Feijoo.
11/9/2014 Denuncia o recorte dos dereitos sociais e económicos conquistados que suporá o novo marco laboral
A Sección Sindical da CIG en Navantia Ferrol chama os traballadores e traballadoras da empresa pública a loitar para conseguir que non se chegue e aplicar o lesivo convenio colectivo que vén de asinar en Madrid a dirección cunha parte da representación sindical de CCOO, e delegados/as de UGT, e CSIF. A polémica sinatura, que supón ceder dereitos conquistados, xa foi respondida nas instalacións da ría de Ferrol coa mobilización do persoal, que ocupou por dúas veces as oficinas da dirección.
4/9/2014 A Sección Sindical denuncia que a Xunta abandona o seu prometido plan do naval para “seguir os ditados” do Executivo español
Diante das declaracións efectuadas nestes días a raíz da contestación do Comisario da Competencia da UE –en funcións- a unha pregunta sobre o financiamento do Dique, e sobre a finalización do veto sobre o antigo estaleiro de ASTANO, dende a  Sección Sindical da CIG en Navantia-Ferrol manifestan o seguinte:
28/8/2014 Alertan dos atrasos producidos polo novos sistema organizativo e das pretensión de orientar a empresa só ao mercado militar
A CIG-Navantia Ferrol aposta por continuar na mobilización para facer fronte ás políticas “que pretenden acernar a carga de traballo e o futuro tanto no sector de Reparacións como no da construción civil”. Así o manifestan nun comunicado repartido entre o persoal do estaleiro, no que advirten dos atrancos por parte da dirección para atender en tempo e forma o contrato do BAP, das intencións do goberno español de orientar Navantia exclusivamente ao sector militar e dos incumprimentos reiterados do convenio colectivo.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com