Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Grecia: Existe un "bo dracma"?
02/09/2015Michel Husson
A experiencia recente mostra que a redución de salarios en Grecia non se traduciu nunha redución de prezos senón nun aumento das marxes de benefi...
O euro e o desemprego em Portugal
01/09/2015Manuel Brotas
São menos os trabalhadores portugueses que produzem riqueza e maior a proporção dos trabalhadores, igualmente explorados, que asseguram a circula...
A era das guerras imperiais (Das guerras regionais, às "mudança de regime" e à guerra global)
31/08/2015James Petras
Milhões de refugiados de guerra escapam rumo à segurança na Europa Ocidental, juntando-se aos milhões de refugiados económicos que fugiram da p...
UE/Euro: Prisão de povos
17/07/2015Jorge Cadima
Os acontecimentos dos últimos dias são portadores de importantíssimos ensinamentos sobre a verdadeira natureza da dominação de classe, do imper...
A operação em curso – nome de código: Grécia
10/07/2015Vaz de Carvalho
Contrariamente às ilusões europeístas o sistema é incapaz de resolver os problemas provocados pela financeirização da economia a favor do rent...
Grécia – a força do povo
10/07/2015Ângelo Alves
Uma guerra de classe
10/07/2015Filipe Diniz
O caldeirão grego
03/07/2015Luís Carapinha
naval
13/4/2015 Dan por rematada a vía do diálogo ante os reiterados incumprimentos por parte das empresas
As centrais sindicais CIG, CCOO, UGT, MAS, AI e USTG, xunto cos membros da Comisión de Auxiliares dos Comités de Empresa de Navantia Fene e Ferrol e os/as delegados/as de persoal das empresas auxiliares do naval, concentráronse diante do estaleiro ferrolá e compareceron en rolda de prensa para informar do resultado da última reunión mantida coa patronal polos incumprimentos dos acordos laborais e salariais e anunciar novas mobilizacións.
1/4/2015 Representantes da central sindical mantiveron unha reunión con membros do Clúster para abordar a situación e os problemas do sector
O pasado luns, representantes da CIG-Industria de Ferrol mantiveron unha reunión con representantes da Asociación Clúster do Naval Galego (Aclunaga) para abordar a situación do sector na comarca. Neste marco, a Federación de Industria denunciou o feito de que empresarios que conviven en patronais e no propio Clúster como asociados se fagan competencia desleal dunha maneira tan manifesta e reclamouse o cumprimento dos acordos laborais e salariais para a industria auxiliar.
25/3/2015 O operario, da Cooperativa Iris, faleceu ao caerlle enriba unha carga que estaba manipulando
Os traballadores e traballadoras das instalacións de Navantia Fene e Ferrol acordaron en sendas asembleas secundar unha xornada de paro este mércores en sinal de loito polo accidente laboral que na noite do martes lle custou a vida a un operario da empresa Cooperativa Iris. Por este motivo, o persoal tamén decidiu adiar a mobilización que tiñan convocada para mañá xoves.
12/3/2015 A Sección Sindical da CIG pide responsabilidades á dirección da empresa por unha decisión que consideran "unha inmoralidade" e "unha inxerencia sindical"
A Sección Sindical da CIG en Navantia Ferrol pide responsabilidades ao Presidente e á Xefa de Recursos Humanos da empresa pública polo nomeamento de José A. Oliva como novo Xefe de Persoal na Baía de Cádiz, pois entende que esta actuación ten “connotacións claramente antisindicais”. Cómpre lembrar que Oliva foi un dos asinantes do IV Convenio Colectivo –agora anulado por sentenza xudicial- a pesar de xa ter renunciado ao seu cargo como Presidente do Comité Intercentros e de estar desautorizado pola súa organización sindical. 
10/3/2015 A Sección Sindical da CIG entende que se trata dunha reprimenda “aos/ás traballadores/as que impugnamos o seu IV Convenio”
No día de onte, a dirección de recursos humanos de Navantia comunicaba aos membros dos comités de empresa a súa decisión de incumprir a sentencia que anula o IV Convenio Colectivo, así como que ten anunciado o recurso perante o Tribunal Supremo. Para a Sección Sindical da CIG en Navantia esta é unha manobra que “parece encamiñada a reprender aos traballadores e traballadoras que impugnamos o “seu” IV Convenio”. 
5/3/2015 A asemblea xeral de traballadores/as das subcontratas e de Navantia deberá ratificar o novo calendario de protestas
A asemblea de delegados e delegadas das industrias auxiliares de Navantia acordou continuar e intensificar as mobilizacións en demanda do cumprimento dos acordos laborais e salariais, logo de que as dúas empresas que máis carga de traballo están conseguindo na obra do flotel confirmaran que non van respectar os pactos de 2001. 
27/2/2015 As centrais sindicais chaman á non realización de horas extraordinarias
Este xoves, os traballadores e traballadoras da industria auxiliar de Navantia secundaron de xeito masivo unha nova xornada de mobilizacións en demanda do cumprimento dos acordos laborais e salariais. O persoal, que contou co apoio dos traballadores/as da empresa principal, secundaron un paro de hora e media, unha concentración diante das oficinas da industria auxiliar e unha asemblea-concentración na cabeza da grada. 
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com