Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
América Latina despois de Panamá
16/04/2015Juan Manuel Karg
Aínda que Obama logrou a foto que quería xunto a Raúl Castro, e aproveitou os días previos para se reunir cos países do Caribe nucleados en Car...
Algumas notas sobre o TTIP (Acordo de Parceria Transatlântica de Comércio e Investimento UE-EUA)
16/04/2015João Ferreira
O TTIP comporta sérias ameaças ao emprego – levando a uma corrida ao fundo no plano dos direitos, salários e condições de trabalho. Sublinhe-...
Eric Toussaint: “A débeda ilexítima non se debe pagar”
16/04/2015
 Eric Toussaint, Coordinador da comisión do Parlamento de Grecia para a auditoría da Débeda, e Adolfo Muñoz "Txiki", secretario xeral de EL...
Israel prepara a guerra
13/04/2015Immanuel Wallerstein
O primeiro-ministro de Israel, Benyamin Netanyahu alcançou uma expressiva vitória eleitoral em Israel, em 17 de março. Conseguiu isso fazendo doi...
A historia endexamais contada da integración europea
13/04/2015Héctor Illueca Ballester
A verdadeira disxuntiva consiste en saír do euro e recuperar a soberanía ou afrontar unha lenta pero inexorábel transición cara ao subdesenvolve...
Caos
10/04/2015Jorge Cadima
O conceito de imperialismo
07/04/2015Prabhat Patnaik
Alvos de guerra
07/04/2015Max Altman
Defendamos a Venezuela em perigo
30/03/2015Guillermo Almeyra
Navantia
17/4/2015 Denuncian que, fronte a propaganda do PP, a falta de carga de traballo continúa sen resolverse
Ás doce do mediodía do xoves, unha columna formada por máis de 2.000 traballadores e traballadoras do naval saían das portas do estaleiro de Ferrol para enfilar a Ponte das Pías. Da outra beira, agardaban os compañeiros e compañeiras da antiga Astano e, unha vez xuntos, continuaron a marcha a pé atravesando os concellos que bordean a ría nun percorrido próximo aos 20 quilómetros.
13/4/2015 Dan por rematada a vía do diálogo ante os reiterados incumprimentos por parte das empresas
As centrais sindicais CIG, CCOO, UGT, MAS, AI e USTG, xunto cos membros da Comisión de Auxiliares dos Comités de Empresa de Navantia Fene e Ferrol e os/as delegados/as de persoal das empresas auxiliares do naval, concentráronse diante do estaleiro ferrolá e compareceron en rolda de prensa para informar do resultado da última reunión mantida coa patronal polos incumprimentos dos acordos laborais e salariais e anunciar novas mobilizacións.
25/3/2015 O operario, da Cooperativa Iris, faleceu ao caerlle enriba unha carga que estaba manipulando
Os traballadores e traballadoras das instalacións de Navantia Fene e Ferrol acordaron en sendas asembleas secundar unha xornada de paro este mércores en sinal de loito polo accidente laboral que na noite do martes lle custou a vida a un operario da empresa Cooperativa Iris. Por este motivo, o persoal tamén decidiu adiar a mobilización que tiñan convocada para mañá xoves.
12/3/2015 A Sección Sindical da CIG pide responsabilidades á dirección da empresa por unha decisión que consideran "unha inmoralidade" e "unha inxerencia sindical"
A Sección Sindical da CIG en Navantia Ferrol pide responsabilidades ao Presidente e á Xefa de Recursos Humanos da empresa pública polo nomeamento de José A. Oliva como novo Xefe de Persoal na Baía de Cádiz, pois entende que esta actuación ten “connotacións claramente antisindicais”. Cómpre lembrar que Oliva foi un dos asinantes do IV Convenio Colectivo –agora anulado por sentenza xudicial- a pesar de xa ter renunciado ao seu cargo como Presidente do Comité Intercentros e de estar desautorizado pola súa organización sindical. 
10/3/2015 A Sección Sindical da CIG entende que se trata dunha reprimenda “aos/ás traballadores/as que impugnamos o seu IV Convenio”
No día de onte, a dirección de recursos humanos de Navantia comunicaba aos membros dos comités de empresa a súa decisión de incumprir a sentencia que anula o IV Convenio Colectivo, así como que ten anunciado o recurso perante o Tribunal Supremo. Para a Sección Sindical da CIG en Navantia esta é unha manobra que “parece encamiñada a reprender aos traballadores e traballadoras que impugnamos o “seu” IV Convenio”. 
5/3/2015 A asemblea xeral de traballadores/as das subcontratas e de Navantia deberá ratificar o novo calendario de protestas
A asemblea de delegados e delegadas das industrias auxiliares de Navantia acordou continuar e intensificar as mobilizacións en demanda do cumprimento dos acordos laborais e salariais, logo de que as dúas empresas que máis carga de traballo están conseguindo na obra do flotel confirmaran que non van respectar os pactos de 2001. 
27/2/2015 As centrais sindicais chaman á non realización de horas extraordinarias
Este xoves, os traballadores e traballadoras da industria auxiliar de Navantia secundaron de xeito masivo unha nova xornada de mobilizacións en demanda do cumprimento dos acordos laborais e salariais. O persoal, que contou co apoio dos traballadores/as da empresa principal, secundaron un paro de hora e media, unha concentración diante das oficinas da industria auxiliar e unha asemblea-concentración na cabeza da grada. 
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com