Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Grécia: Por que se deve realizar uma auditoria da dívida?
25/03/2015Éric Toussaint
A auditoria demonstrará que uma parte muito grande da dívida grega contraída tanto no período precedente à intervenção da Troika como no post...
Por trás das sanções da Casa Branca contra a Venezuela
25/03/2015Mark Weisbrot
Os governos latino-americanos compreenderam esta estratégia de impor novas sanções à Venezuela vista como uma grave ameaça à democracia na reg...
Dez claves para entender a “lex mercatoria”
25/03/2015Juan Hernández Zubizarreta e Pedro Ramiro
A oposición frontal das grandes potencias e dos lobbies transnacionais á creación de normas que poidan poñer en risco as súas perspectivas de n...
A pobreza em Portugal
25/03/2015Maria do Carmo Tavares
A pobreza em Portugal sempre assumiu grande extensão e intensidade, a ela estão associadas profundas desigualdades sociais, acumulação de riquez...
O capitalismo no país das maravilhas
23/03/2015António Santos
Há actualmente 15 milhões de crianças com fome nos EUA. Destas, 1,5 milhões não tem casa. Com efeito, na lista de países que melhor protegem a...
Brasil na encruzilhada
23/03/2015Luís Carapinha
Pensar as crises
11/03/2015Antoine Casanova e Remy Herrera
Grecia: Saír do euro ou suicidio político
09/03/2015Héctor Illueca Ballester
negociación
30/6/2009 A representación das traballadora/es reclama ao Conselleiro de Economía que aclare os termos da xuntanza mantida con Jove
Na mañá do luns 29 de xuño daba comezo o novo proceso negociador en Caramelo, dentro dun novo marco de relacións tutelado pola administración. Non obstante, a pesar da boa disposición dos representantes dos traballadores, a dirección da empresou teimou nas súas posturas intransixentes e na falta de vontade negociadora, negando que estea a desmantelar a fábrica de A Grela e presentado a mesma proposta de indemnizacións e prexubilacións de hai meses. Dada a actitude da dirección, o persoal de Caramelo tamén reclamou ao conselleiro de Economía que aclare os termos da conversa mantida co accionista maioritario da empresa, Manuel Jove, a respecto das propostas e respostas obtidas.
26/6/2009 A empresa propuxo parar dúas das tres liñas de producción durante a folga de 15 días sen garantir o reinicio da súa actividade
A Dirección da empresa propuxo aos traballadores/as un sistema de servizos de seguranza e mantemento para as 15 xornadas de folga convocadas a partir do venres 26 de xuño, que, segundo indicaron dende a CIG de Verín, supón un “peche patronal ilegal”. A empresa pretende deter dúas das tres liñas de produción, aínda que non achegou as garantías axeitadas para o reinicio da actividade unha vez rematada a folga. Así mesmo, o Consello Galego de Relacións Laborais conseguiu que a dirección da Vidreira aceptase iniciar un proceso negociador, xunto coa CIG e a representación legal dos traballadores/as a partir do vindeiro 1 de xullo.
24/6/2009 Reclaman unha xuntanza para fixar o prezo da xornada a maiores
Dezaseis dos dezasete axentes da policía Local de Verín, tomaron a decisión de non seguir facendo horas extraordinarias durante este verán se o alcalde do Concello non cumpre co acordado acadado na reunión do pasado cinco de maio e se avén a negociar un prezo para o pagamento das mesmas. Os axentes conceden ao rexedor local o prazo dunha semana para convocar á representación dos traballadores/as a unha xuntanza.
23/6/2009 A CIG-Autonómica de Ourense lamenta que a única decisión do Concello até agora fose rebaixar o salario aos policías locais
A CIG-Autonómica exixiu ao alcalde do Concello de Celanova que convoque de “xeito inmediato” a Mesa Xeral de Negociación para solucionar os problemas laborais que padece o colectivo de traballadores/as da policía local. Dende a CIG lémbrase que, ademais do cumprimento da lexislación, o alcalde ten pendente de executar unha sentenza xudicial a respecto da elaboración da relación dos postos de traballo e do establecemento das condicións laborais do persoal municipal.
12/6/2009 A administración comprométese a "capitanear" un novo proceso de negociacións na empresa
A Consellaría de Economía e a de Traballo comprometéronse a iniciar un novo proceso de negociación en Caramelo, capitaneado pola propia administración, logo de ter coñecemento do informe contrario ao ERE emitido pola Inspección. E así llo trasladaron aos traballadores/as na reunión celebrada na mañá do 12 de xuño, mes e medio despois de ser solicitada polo Comité e os sindicatos, e co recente decreto do peche patronal da fábrica.
11/6/2009 O venres continúa convocada a folga xeral para todo o sector
O xoves 11 de xuño comezaba a séptima xornada de folga pola negociación do convenio provincial do Metal de Pontevedra. O mércores 10 de xuño desde as doce da mañá comezaba unha xornada intensiva de negociación na Delegación da Xunta de Galiza en Vigo, coa presenza dos mediadores, dos representantes da patronal e da Comisión Negociadora das centrais sindicais. Non obstante, ás nove da noite suspendíanse as negociacións perante a postura intransixente da patronal que, a pesar da vontade negociadora da parte sindical, continuaba a presentar unha oferta salarial demasiado baixa. Nesta xornada de folga, de novo milleiros de traballadores e traballadoras sairon ás rúas, desta volta dun xeito máis masivo se cabe, visibilizando que o Metal non se rende, e que continúa a dar esta batalla pola dignidade e a xustiza.
11/6/2009 O representante da administración comprometeuse a trasladar á dirección da empresa a proposta presentada pola central
Membros do Comité e representantes da CIG-Verín mantiveron na mañá do 10 de xuño unha reunión-mediación co “superdelegado” da Xunta en Ourense para tentar buscar unha saída ao conflito que se vive na Vidreira do Atlántico dende o ano pasado. Dende a CIG valoraron “positivamente” o encontro, aínda que matizaron que a mediación entra dentro das funcións do delegado da administración, ao tempo que subliñaron que a dirección da empresa continúa a incumprir a súa obriga de negociar.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com