Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
O novo estado da vigilância global
08/02/2016Ignacio Ramonet
Cada clique, cada telefonema, cada compra no cartão de crédito e cada navegação na internet, fornecem excelentes informações sobre cada um de ...
Portugal: pressões e chantagens
08/02/2016Pedro Guerreiro
Para a UE, para a troika e os seus arautos não há restrições ao aumento do défice quando se trata de financiar o grande capital financeiro, ape...
Nova lei anti folga dos conservadores na Gran Bretaña
29/01/2016Clodomiro Montero e Luciano Luxilde
O goberno de David Cameron, aliado e amigo do Rajoy, defende unha nova lei que restrinxe gravemente a liberdade sindical, nomeadamente o dereito de ...
“El Jefe”, retrato da precariedade laboral nos USA
27/01/2016Clodomiro Montero M.
O grupo de comunicación Atresmedia, que conta entre as súas cadeas co canle de referencia da progresía española “La Sexta”, emite un programa...
O imperialismo contemporáneo
20/01/2016Samir Amin
A ofensiva actual do imperialismo colectivo dos Estados Unidos/Unión Europea/Xapón contra todos os pobos do Sur descansa sobre dous alicerces: o ...
Arxentina, Venezuela e a loita de clases
18/01/2016Ángel Guerra Cabrera
Os BRICS: unha fábula do noso tempo
15/01/2016Immanuel Wallerstein
A década da Bolívia
15/01/2016Luís Carapinha
normalización lingüística
17/9/2010 A central traslada o seu apoio incondicional ás equipas e ao seu traballo a prol da nosa lingua
A CIG-Ensino declara que os Equipos de Normalización están a desenvolver o seu traballo con absoluta responsabilidade, na procura do obxectivo que lles corresponde: a difusión e promoción da nosa lingua. A CIG rexeita, por tanto, as difamacións vertidas por un grupo de persoas que non representa a ninguén, pero que agora pretenden actuar como a “Inquisición” perseguindo as opinións e as actuacións dos coordinadores e coordinadoras dos Equipos de Normalización e mesmo do alumnado de diferentes centros e de toda persoa ou organización comprometida coa normalización lingüística.
7/7/2010 Educación publicou o martes no DOG a orde pola que inicia a implantación do terzo das materias en inglés
A CIG-Ensino denuncia que a Consellaría de Educación segue a súa “folla de ruta contra o galego sen reparar nin en gastos nin en consecuencias”. O martes publicouse no DOG a Orde do 30 de xuño de 2010 pola que se regulan, con carácter experimental, os centros plurilingües na Comunidade Autónoma de Galicia, para o curso 2010/2011, que ten por único obxecto reducir a presenza da nosa lingua no ensino mediante a implantación dunha medida que o Consello Consultivo valorou como contraproducente e que é un dos motivos do seu informe desfavorábel. Tal e como recolle o Consello Consultivo “ese máximo dun terzo do horario podería resultar desproporcionado con relación ao horario que se dispensa ás dúas linguas oficiais… pode supor un sacrificio para a aprendizaxe tanto oral coma escrita das linguas oficiais, tendo en conta os mandatos e fins tanto do Estatuto de Autonomía de Galicia coma da Lei de normalización lingüística… e da Carta europea das linguas rexionais e minoritarias.”
17/6/2010 A Federación de Ensino amosa a súa preocupación pola dimisión do equipo de coordinadores provinciais e central de normalización
A CIG-Ensino continúa coas denuncias contra a galegofobia da Consellaría de Educación que dedica o seu tempo “a ditar instrucións e ordes contra o noso idioma”. Así, hoxe mesmo, a administración educativa anunciou que non se poderá ofertar ao alumando de tres anos que se incorpora a Educación Infantil a posibilidade de se matricular nunha liña en galego, opción que xa existía dende hai catro anos. Así mesmo, a Federación do Ensino da CIG amosou a súa preocupación pola dimisión do equipo de coordinadores provincias e central de normalización e trasladoulles o apoio da central por esta difícil decisión.
17/6/2010 A CIG-Ensino denuncia que a Consellaría segue a súa folla de ruta contra o galego sen reparar nin en gastos nin en consecuencias
Educación acaba de convocar a Mesa Sectorial para este venres 18 de xuño coa fin de tratar a orde coa que perpetrarán o seu verdadeiro obxectivo do Decreto 79/2010, reducir o máximo posíbel a presenza do noso idioma. Así, denuncia a CIG-Ensino, o seu primeiro interese no desenvolvemento do Decreto 79 é, nin máis nin menos que a implantación do inglés. O Secretario Nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, declara que “sempre co obxectivo de reducir a presenza do noso idioma primeiro acordaron malgastar 6 millóns de euros en comprar libros en español porque non lles serven en galego e agora implantan o terzo en inglés, mentres non se ditan instrucións sobre a impartición en galego doutras materias diferentes das establecidas no Decreto e que terán que ser fixadas polos centros.”
16/6/2010 Organizado pola CIG-Ensino, en colaboración coa plataforma Queremos Galego, ás 18 horas no Museo do Pobo Galego
A CIG-Ensino, en colaboración coa plataforma Queremos Galego, celebrará un encontro que terá lugar o vindeiro día 18 de xuño, ás 18 horas, no Museo do Pobo Galego, en defensa “de podermos continuar a impartir as aulas de Matemáticas, Tecnoloxía e Física e Química en galego e para amosar o rexeitamento a este decreto que procura erradicar o galego como lingua de comunicación científica”. Dende a CIG-Ensino denuncian que o decreto do plurilingüismo pretende marxinar o noso idioma do sistema educativo, impide a normalización lingüística e imposibilita que o alumnado acade a competencia suficiente para que poida usar o galego con toda a normalidade.
11/6/2010 A Federación advirte que o alumnado pode quedar privado do uso da lingua galega
A CIG-Ensino denuncia que o cuestionario enviado esta semana pola Consellaría de Educación aos centros para a súa distribución entre os pais e nais vai dar lugar ao incumprimento dos dereitos lingüísticos do alumnado, pois pode dar como resultado a falta de contacto coa súa lingua propia, incumprindo así a Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos e procura a desaparición do galego como lingua vehicular na educación infantil.
7/6/2010 Cando está xa rematando o curso escolar, aínda non foi publicada
A CIG-Ensino denuncia que, cando está xa rematando o curso escolar, aínda non foi publicada a Convocatoria da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa dos premios a proxectos de innovación en normalización lingüística de centros da Consellería de Educación para desenvolver no curso académico 2010-2011.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com