Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Os bancos centrais da tríade, entre guerras e crises
19/12/2014Ariel Noyola Rodríguez
A autonomía dos bancos centrais, imposta durante a década de 1990 polo capitalismo neoliberal, vinculou de xeito decisivo o apoio estatal á moeda...
Cara a unha Terceira Guerra Mundial?
18/12/2014Atilio A. Boron
A historia apréndenos que todas as transicións xeopolíticas globais -e estamos inmersas nunha delas- estiveron acompañadas por grandes guerras ...
NATO: Perigo para a paz mundial
18/12/2014Immanuel Wallerstein
A NATO e o que ela simboliza hoje representa um perigo severo devido à reivindicação dos países ocidentais do direito de interferir em qualquer ...
Capitalismo e corrupção
18/12/2014Albano Nunes
A corrupção é sistémica. É algo inerente ao funcionamento do sistema capitalista. Não se toca nos offshore nem se avança sequer na taxação ...
A crise xaponesa e nós
17/12/2014Albert Recio Andreu
Nas economías capitalistas sempre que existe estancamento económico se traduce en paro masivo, expansión da pobreza e variedade de sufrimentos hu...
A terceira guerra mundial
15/12/2014Boaventura de Sousa Santos
A importância do "Económico"
15/12/2014Prabhat Patnaik
orzamentos 2011
13/9/2011 Un novo recorte ao ensino público: A Xunta vén de anunciar que de aquí a finais de ano a consellaría de Educación contará con 8,7 millóns de euros menos
A CIG-Ensino afirma que é totalmente inaceptábel e inxustificábel que se sigan reducindo os orzamentos dedicados a Educación. Lembra que os orzamentos do exercicio 2011 tiveron xa un decrecemento do 6,7% , ou o que é o mesmo, de 160 millóns menos que o exercicio do ano anterior. A ese recorte hai que lle sumar agora estes 8,7 millóns que a Xunta de Galiza vén de anunciar. “Estamos ante unhas políticas antisociais, que pretende que sexan os servizos públicos os prexudicados e que conduce a deteriorar e privatizar a educación”, afirma Anxo Louzao.
13/9/2011 Alerta de que son políticas que responden á ideoloxía neoliberal do PP, que pretende desmantelar o sistema público para proceder á súa privatización
CIG-Saúde denuncia que a previsión da Xunta de Galiza de recortar aínda máis os orzamentos deste ano en Sanidade -segundo as informacións aparecidas en prensa en 14,2 millóns de euros-, aos que hai que engadir os 17,8 millóns de euros que prevé recortar en Benestar, terán graves repercusións para a Sanidade Pública. María Xosé Abuín, secretaria nacional da federación de Saúde da CIG lembra que nos orzamentos deste ano xa se aplicaba un drástico recorte e asegura que incrementalo agora provocará a aceleración do desmantelamento deste servizo público esencial para favorecer a súa posterior privatización.
22/12/2010 Delegados e delegadas da área pública da CIG concéntranse diante da Delegación do Goberno contra as contas do estado para 2011
A CIG continuou na mañá deste mércores co calendario de mobilizacións previsto polas Federacións da Área Pública (Administración, Ensino e Saúde) en contra dos orzamentos que o Parlamento Galego e o Congreso veñen de aprobar. Nesta ocasión, a protesta desenvolveuse diante da Delegación do Goberno na Galiza, en A Coruña, para manifestar o rexeitamento ás contas do goberno español para 2011; uns orzamentos que a central sindical considera regresivos tanto dende o punto de vista social como económico e que, en palabras do Secretario Xeral, “non son os que precisaría o Estado para reactivar a economía e xerar emprego de cara ao vindeiro ano”.
21/12/2010 Delegados/as da área pública da CIG concentráronse diante do Parlamento para manifestar a súa oposición a uns orzamentos que favorecen a privatización, precarización e perda de calidade dos servizos públicos
A CIG saíu novamente á rúa para manifestar a súa oposición aos orzamentos que o PP vén de aprobar no Parlamento. Delegados e delegadas das federacións da área pública da central sindical concentráronse, durante o seu debate e votación no Hórreo, para denunciar que se trata dos orzamentos máis restritivos e antisociais que se teñen aprobado en Galiza. Suso Seixo denunciaba, no decurso da mobilización, que a redución dos investimentos nos sectores produtivos povocará un incremento, aínda maior, do desemprego e que a drástica caída das partidas destinadas aos servizos públicos ten como obxectivo favorecer a súa progresiva privatización.
20/12/2010 A central rexeita as contas dos gobernos galego e español, que serán aprobadas mañá, ao incidir no recorte do investimento de carácter produtivo, do gasto social e na rebaixa dos salarios das e dos empregados públicos
Delegados e delegadas da área pública da CIG (Administración, Ensino e Saúde) desenvolveron esta mañá peches simbólicos nos servizos centrais e nas delegacións da Consellaría de Facenda en Compostela, A Coruña, Vigo e Lugo para rexeitar os orzamentos xerais do estado e da Xunta de Galiza para o ano 2011, que serán aprobados definitivamente no Parlamento este martes. Uns orzamentos que, para a CIG, son os máis antisociais dos últimos anos, reproducindo os recortes marcados polo goberno español, continuando adiante coa redución salarial das e dos traballadores da administración e destruíndo emprego e servizos públicos.
16/12/2010 Convocan concentracións “En defensa dos salarios, do emprego e dos servizos públicos”, o martes día 21 ás 11:30 horas diante do parlamento de Galiza, e o mércores 22 na Delegación do Goberno
As federacións da área pública da CIG manifestaron, en rolda de prensa, o seu rotundo rexeitamento ás medidas anunciadas tanto polo goberno español, como pola Xunta de Galiza, para enfrontar a crise económica. Por iso anunciaron a convocatoria de novas mobilizacións que terán lugar os días 21 de decembro, ás 11:30 h diante do Parlamento de Galiza, en Compostela, e 22 de decembro diante da Delegación do Goberno en Galiza, na Coruña, á mesma hora, baixo o lema “En defensa dos salarios, do emprego e dos servizos públicos”. O propio secretario xeral, Suso Seixo, denunciou os recortes orzamentarios previstos e exixiu o incremento dos investimentos de carácter produtivo e do gasto social, imprescindíbeis para contribuír a reactivar a economía, xerar emprego e mellorar a calidade de vida dos cidadáns.
17/11/2010 Demanda o desenvolvemento da Lei 13/2008 de Servizos Sociais de Galiza
A Plataforma en Defensa do Sistema Público Galego de Servizos Sociais, da que forma parte a CIG, denuncia o grave deterioro do sistema público galego de servizos sociais, polo escaso interese práctico de desenvolver a Lei de Servizos Sociais de Galiza e pola forte redución de recursos destinados aos servizos de benestar social no presente ano 2010. Unha redución que será maior para o vindeiro ano, segundo a Proposta de Orzamentos para o ano 2011. Por iso manifesta “o rexeitamento das entidades e persoas que conformamos esta Plataforma diante destas actuacións, que se producen ademais nun contexto de importante crecemento das persoas en situación de pobreza e exclusión social por mor da actual crise económica”.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com