Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Ucrânia, o fascismo galopante
25/06/2015Raúl Antonio Capote
Na Ucrânia se trava uma grande batalha contra o fascismo, o triunfo das forças obscuras deixaria aberta a via da opção fascista, nunca descartad...
A crise da UE e a “experiência” grega
25/06/2015Ângelo Alves
A realidade na Grécia, mas também em toda a UE, é de uma luta de classes muito aguda. Nessa luta, os fatores nacional e supranacional relacionam-...
O contra-senso comum
25/06/2015Boaventura de Sousa Santos
O modo como a crise financeira da Europa do Sul tem sido "resolvida", o vasto cemitério líquido em que se transformou o Mediterrâneo, o crescimen...
A duplicidade como política de Washington para a América Latina: Marines para a América Central e diplomatas para Cuba
11/06/2015James Petras
No período imediato , na maior parte da região, Washington busca uma política de intervenção e pressão política, diplomática e económica. A...
AENC: Control horario vs traballo por obxectivos
03/06/2015Clodomiro Montero M.
O AENC 2015, recentemente asinado entre CCOO, UGT e as patronais a nivel estatal, xa está marcando as liñas da negociación colectiva. Máis alá ...
A nova xeopolítica do petróleo
01/06/2015Ignacio Ramonet
Nos 70 anos da Vitória de 1945
13/05/2015Jorge Cadima
orzamentos 2012
21/12/2011 Ergueron carteis contra a privatización e os recortes e repartiron un “kit” de supervivencia hospitalaria entre os deputados/as, con útiles de aseo e comida
A Plataforma “SOS Sanidade Pública”, que aglutina a todas as plataformas en defensa da Sanidade Pública constituídas nas diferentes áreas sanitarias, convocou na tarde deste mércores, coincidindo co debate dos orzamentos, unha concentración diante do Parlamento de Galiza. Mentres representantes das numerosas plataformas do país denunciaban que “O público é servizo, o privado beneficio” fronte o edificio do Hórreo, no interior, membros desta plataforma levantaban carteis en defensa do sistema público e contra as privatizacións. Entre os aplausos dos deputados e deputadas da oposición, a presidenta do Parlamento os expulsaba do pleno.
21/12/2011 Demandan uns servizos públicos galegos, sen recortes, sen privatizacións e sen copagos
As federacións da Área Pública da CIG (Administración, Saúde e Ensino) concentráronse diante do Parlamento de Galiza para manifestar o seu rexeitamento ás medidas de recorte na función pública contempladas nos orzamentos de 2012, que pretende aprobar o Goberno do PP. Denuncian que os orzamentos reducen os salarios dos empregados/as públicos/as e destrúen o emprego público co conseguinte deterioro dos servizos públicos, mentres se consolidan privilexios do persoal directivo e altos cargos. Fronte a iso, demandan uns servizos públicos galegos, sen recortes, sen privatizacións e sen copagos.
16/12/2011 O mércores 21 de decembro, ás 11:30 horas, diante do Parlamento de Galiza
As federacións da área pública da CIG (Administración, Saúde e Ensino) veñen de anunciar a convocatoria dunha concentración de delegados/as ante o Parlamento de Galiza o vindeiro mércores día 21 de decembro, ás 11:30 horas, para manifestar o seu rexeitamento a uns orzamentos restritivos, que consolidan os recortes de servizos públicos e que afondan na rebaixa das retribucións dos/as traballadores/as do sector público.
29/11/2011 CIG-Ensino denuncia que se reducen en 12,6 millóns respecto de 2011, pero supoñen 507 millóns menos que en 2007
Os orzamentos para Educación caen un 0,6% para 2012, ou o que é o mesmo, 12,6 millóns de euros. Fronte a isto, a CIG-Ensino denunciou, en rolda de prensa, que amplían a privatización, tendendo a un ensino máis clasista e selectivo, que os centros terán menos profesorado, que aumentarán o fracaso escolar, que amosan un total desleixo cara o noso idioma e que, no seu conxunto son tan restritivos que poñen en perigo o xa debilitado ensino público.
18/10/2011 CIG-Saúde denuncia que a redución de persoal da sanidade pública galega provocará que a prestación do servizo sexa, en 2014, inviable
CIG-Saúde denunciaba esta mañá, en rolda de prensa, que o mantemento dunha taxa de reposición do 10% -é dicir, que de cada 100 traballadores/as só se suplan 10- nas Leis de Orzamentos dos seguintes anos terá o efecto de eliminar postos de traballo na Sanidade Pública e levará a que no ano 2014, o cadro de persoal estea tan mermado que a prestación do servizo público será inviable.
18/10/2011 O recorte orzamentario en persoal suporá unha redución de 600 profesores/as
O goberno galego, segundo se recolle no capítulo I do Proxecto de Lei de Orzamentos da Xunta de Galiza para o ano 2012, pretende continuar coa redución salarial do profesorado, que se concreta, aproximadamente, nunha media do 7% das retribucións e nun 30% nas pagas extra. Redución que xa se vén aplicando, no primeiro caso, desde o mes de xuño de 2010 e, no segundo, desde decembro deste mesmo ano.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com