Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Nos 70 anos da Vitória de 1945
13/05/2015Jorge Cadima
A História mostra que o fascismo torna-se uma ameaça séria quando as classes dominantes optam pelo exercício do seu poder através da violência...
O medo de sair da zona do euro não deveria mais paralisar a Grécia
13/05/2015Stathis Kouvélakis
O que está em jogo na Grécia é a possibilidade de uma mudança radical e uma virada política na direção da emancipação não só de um povo e...
Stathis Kouvelakis
13/05/2015
...
Odessa não esquece
08/05/2015Luís Carapinha
Cumpriu-se o primeiro aniversário dos sangrentos acontecimentos de 2 de Maio em Odessa que culminaram com o incêndio e a chacina na Casa dos Sindi...
Grécia, ditadura financeira e caos
08/05/2015Immanuel Wallerstein
A Grécia foi admitida na zona do euro em 2000, supostamente por ter alcançado as exigências formais para isso. Quando, depois de 2008, a dívida ...
Hai alternativas ao TTIP e aos tratados de “libre comercio”?
05/05/2015Juan Hernández Zubizarreta e Pedro Ramiro
Tragédia no Mediterrâneo
30/04/2015Albano Nunes
Parlamento
19/5/2015 Entende que Galiza debe ser compensada polas consecuencias sociais e medioambientais de ser produtora e exportadora
A CIG presentou este martes no rexistro do Parlamento galego un escrito solicitando que se dea trámite á “proposición de lei por Iniciativa Lexislativa Popular de medidas para garantir a enerxía como servizo público e contra a pobreza enerxética”. O secretario xeral, Suso Seixo, explicou que Galiza sofre as consecuencias sociais e medioambientais de ser produtora e exportadora, pero non obtén a cambio ningunha compensación nin para a súa economía produtiva nin para a súa poboación.
29/4/2015 Concentráronse no Parlamento onde entregaron un escrito aos grupos parlamentares solicitando que se deixen sen efecto as medidas aprobadas polo goberno central
Representantes das xestoras do Colectivo de Xubilados/as e Pensionistas da CIG de todas as comarcas concentráronse esta mañá diante do Parlamento en demanda de que son se aplique o repago de medicamentos en Galiza. Antes de comezar a concentración presentaron no rexistro da Xunta 4.500 sinaturas en apoio ás súas demandas e no propio Parlamento rexistraron un escrito dirixido aos grupos parlamentares no que se solicita que se adopten todos os acordos necesarios para deixar sen efecto todas as decisión do Goberno español en relación ao sistema de repagamento de medicamentos.
25/3/2015 Exixen unha inmediata resolución do concurso de acredores e do ERE extintivo
Traballadores e traballadoras de REGAKI (COGAMI-GES) concentráronse este mércores diante do Parlamento de Galiza para demandar a inmediata intervención da Xunta de Galiza no conflito e exixir o urxente abonamento dos salarios que se lles adebedan. Carmiña Naveiro, da CIG-Servizos asegurou, no decurso da mobilización, que “hai traballadores que xa tiveron que recorrer aos comedores sociais para poder alimentarse”.
10/3/2015 Louzao puxo en cuestión a lexitimidade do PP porque non representa ao profesorado e porque incumpriu todos os puntos referidos a ensino do seu programa electoral
O secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, defendeu esta mañá no Parlamento de Galiza a Iniciativa Lexislativa Popular de medidas para restituír os dereitos laborais, profesionais e retributivos do profesorado e mellorar a calidade do ensino en Galiza. O PP, fiel á súa liña, defendeu a súa xestión e utilizou a súa maioría parlamentaria para laminar esta Iniciativa que viña avalada por 23.000 sinaturas.
29/10/2014 Traballadores/as de Pontevedra pendentes de pagos do FOGASA concéntranse diante do Parlamento para denunciar os atrasos dos expedientes
Traballadores/as de Pontevedra pendentes de pagos do Fondo de Garantía Salarial concentrábanse esta mañá diante do Parlamento de Galiza para demandar que se axilicen os seus expedientes e que se lles dea información sobre o cambio de normativa. Marcos Conde, secretario comarcal da CIG de Pontevedra, denuncia que o PP reduciu en máis de 3.500 millóns de euros a partida destinada ao FOGASA nos Orzamentos Xerais do Estado para 2015 e acusa de mentir á ministra Fátima Báñez, quen asegurou que cos cambios introducidos os pagos estarían ao día no mes de outubro.
9/10/2014 A CIG da USC denuncia que o conselleiro mente ao afirmar que se pode manter a continuidade das titulacións e a actividade con menos profesorado
A CIG da USC denuncia que no debate do Estado da nación celebrado no Parlamento de Galicia o Presidente Feijóo anunciou que o novo Plan de Financiamento que van negociar coas universidades seguirá na senda de insuficiencia actúal.  Consideran que pon ás universidades a competir por un financiamento por obxectivos  mentres que cada vez perde maior peso o financiamento estrutural ligado ao funcionamento da universidade (número de alumnos, titulacións, profesorado…).    
6/6/2014 Chega ao seu debate na cámara co respaldo de máis de 31.000 sinaturas, co apoio de concellos, comités de empresa e organizacións sociais e políticas
O secretario xeral da CIG, Suso Seixo, defenderá este martes, no pleno do Parlamento a Iniciativa Lexislativa Popular impulsada pola central sindical na que se recollen 100 medidas para promover o crecemento económico e a creación de emprego en Galiza. Unha ILP que chega avalada por máis do dobre das sinaturas necesarias e que conta ademais co apoio de numerosas organizacións sociais, políticas, comités de empresa e concellos.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com