Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
A luta pela independência na Escócia não terminou apesar do voto do medo
29/09/2014Tariq Ali
O medo conduz à passividade e ainda que neste caso os unionistas tenham conseguido meter medo no voto, talvez não sejam capazes de voltar a fazê...
Como enfrentar os fundos abutres e o imperialismo financeiro
29/09/2014Éric Toussaint
Eric Toussaint A dívida já que se converte, novamente, em um poderoso instrumento de subordinação dos povos da América Latina. Que será...
A austeridade neoliberal ameaza con máis sufrimento
29/09/2014Albert Recio Andreu
Seguimos baixo o dominio dunhas políticas deseñadas para garantir unha distribución da renda extraordinariamente favorábel ás grandes elites e...
EUA: Um estado inimigo da Humanidade
26/09/2014Miguel Urbano Rodrigues
A contra-ofensiva imperialista iniciada logo após o final da II Guerra Mundial intensificou-se na década de 80 do século passado e atingiu dimen...
Geopolítica do petróleo e gás natural
26/09/2014Rui Namorado Rosa
A energia, colocando severos problemas técnicos quanto ao seu armazenamento em larga escala, carece de vastas infra-estruturas de transporte e dis...
“Caos Controlado”
26/09/2014Ângelo Alves
Analogias entre Jugoslávia e Ucrânia
24/09/2014Stephen Karganovic
O triunfo cultural do neoliberalismo
24/09/2014Marcos Roitman Rosenmann
pontevedra
1/10/2014 O seguinte paso será reclamar que os Orzamentos estatais de 2015 inclúan unha partida para liquidar as débedas cos traballadores/as
Máis dun cento de afectados/as polos atrasos nos pagos do Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) concentráronse onte diante da Subdelegación do Goberno en Pontevedra, onde fixeron entrega de escritos individuais reclamando a axilización do proceso. Os traballadores/as esixen información sobre o cambio de normativa e anuncian que o vindeiro día 7 realizarán unha nova mobilización na delegación do Ministerio de Facenda para solicitar que os Orzamentos estatais inclúan a partida de cartos necesaria para liquidar as débedas do Fogasa.
26/9/2014 A central denuncia que o Ministerio de Emprego reclámalle a traballadores/as que aínda non cobraron a devolución de supostos ingresos indebidos
A CIG convoca unha concentración diante da Subdelegación do Goberno español en Pontevedra este martes día 30 ás 12.00 horas para reclamar a axilización dos pagos por parte do Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) aos traballadores/as despedidos de empresas en concurso de acredores ou en suspensión de pagos. O sindicato denuncia que o Ministerio de Emprego reclámalle a algúns afectados/as a devolución de supostos cobros indebidos do desemprego a pesar de non ter recibido pago algún.
25/9/2014 A empresa e o comité continúan sen achegar posicións a pesar da mediación do AGA
A segunda xornada da folga indefinida convocada en Treves de Pontevedra para reclamar carga de traballo e melloras salariais e sociais rexistrou novamente un 100% de seguimento por parte do cadro de persoal. Dende o comité de empresa (presidido pola CIG) explican que as posturas continúan moi afastadas “porque os interlocutores cos que negociamos din que non está na súa man garantir carga de traballo”.
22/9/2014 O comité denuncia que a empresa de automoción fabrica pezas fóra de Galiza mentres ten un ERE
O cadro de persoal da empresa Treves de Pontevedra ratificou este sábado a proposta de folga indefinida presentada polo comité para reclamar carga de traballo e denunciar que a dirección se nega a introducir melloras salariais e sociais no convenio colectivo. Dende a representación dos traballadores/as critican que a compañía continúa a fabricar pezas para Citroën fóra do noso país “mentres mantén un Expediente de Regulación de Emprego (ERE)”.
5/9/2014 Celebrarán unha manifestación na xefatura territorial de Educación en Pontevedra o martes 9 ás 10.00 horas
A comunidade educativa da Escola Superior de Arte Dramática de Galiza (ESAD), con sede en Vigo, vén de convocar un calendario de protestas contra as accións da Consellería de Educación para a redución en case o 10% do seu profesorado. Este martes día 9 celebrarán unha manifestación diante da xefatura territorial de Educación en Pontevedra ás 10.00 horas.
11/8/2014 CIG-Saúde explica que a situación nos centros de saúde vese agravada, ademais, polo incremento da poboación durante o verán nas zonas costeiras
CIG-Saúde denuncia que as listas de espera nos Centros de Atención Primaria da Área Sanitaria de Pontevedra e Salnés estanse “disparando” como consecuencia de non substituír aos e as profesionais durante o período de verán. Así, sinalan, hai esperas de máis de unha semana para unha consulta co médico de cabeceira e para as analíticas.
10/7/2014 Mellora a súa representación con respecto ao comité anterior ao sumar unha nova acta
A CIG de Pontevedra vén de valorar positivamente os resultados obtidos nas eleccións sindicais celebradas na empresa Treves Galicia SLU, nas que obtivo seis dos nove delegados/as que se escollían. A central entende que o apoio obtido supón un respaldo ao seu traballo sindical e sinala o importante reto que se lle presenta a partires de agora: a negociación do convenio de empresa no marco actual da reforma laboral e das directrices de Citroen orientadas a reducir custos nas auxiliares.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com