Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Os bancos centrais da tríade, entre guerras e crises
19/12/2014Ariel Noyola Rodríguez
A autonomía dos bancos centrais, imposta durante a década de 1990 polo capitalismo neoliberal, vinculou de xeito decisivo o apoio estatal á moeda...
Cara a unha Terceira Guerra Mundial?
18/12/2014Atilio A. Boron
A historia apréndenos que todas as transicións xeopolíticas globais -e estamos inmersas nunha delas- estiveron acompañadas por grandes guerras ...
NATO: Perigo para a paz mundial
18/12/2014Immanuel Wallerstein
A NATO e o que ela simboliza hoje representa um perigo severo devido à reivindicação dos países ocidentais do direito de interferir em qualquer ...
Capitalismo e corrupção
18/12/2014Albano Nunes
A corrupção é sistémica. É algo inerente ao funcionamento do sistema capitalista. Não se toca nos offshore nem se avança sequer na taxação ...
A crise xaponesa e nós
17/12/2014Albert Recio Andreu
Nas economías capitalistas sempre que existe estancamento económico se traduce en paro masivo, expansión da pobreza e variedade de sufrimentos hu...
A terceira guerra mundial
15/12/2014Boaventura de Sousa Santos
A importância do "Económico"
15/12/2014Prabhat Patnaik
pontevedra
9/11/2009 Haberá asembleas para fixar novas medidas de presión o 16 e 17 de novembro
A última xuntanza da negociación do convenio do Comercio de Alimentación da Coruña, o 6 de novembro, supuxo a ruptura definitiva entre a parte social e a patronal, do mesmo xeito que aconteceu en Pontevedra semanas atrás. Agora, o persoal de ámbalas dúas provincias está convocado a asembleas o 17 e 18 de novembro, nas que posibelmente se acorde a convocatoria de folga no sector.
6/11/2009 Continuarán o martes 10 en Lugo e A Coruña, e o xoves 12 en Ourense e Pontevedra, de novo
O martes día 3 de novembro iniciáronse os peches en protesta contra a supresión dos acordos asinados co Servizo Galego de Saúde. Os peches realizáronse nos hospitais da Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Monforte e Burela con moi boa participación e ánimo. O xoves 5 de novembro realizaranse os peches en Vigo, Pontevedra, Ourense e o Barco, contando tamén con amplísimo seguimento e bon ambiente, polo que se agarda contar coa mesma resposta do persoal para os peches previstos para a próxima semana.
5/11/2009 A Federación sospeita que Traballo e Benestar pretende pechar o centro polas tardes
A CIG-Administración autonómica de Pontevedra reclamou á Xefatura Territorial de Traballo e Benestar que cubra o posto de técnico/a especialista en xardín de infancia na Escola de Campolongo e deixe de escusarse en “falsas restricións orzamentarias”. Dende a central sospéitase que tras o desinterese da Xunta por cubrir esta baixa se atopa a intención de pechar o centro polas tardes.
26/10/2009 "É un proceso sen garantias, só para xustificarse", polo que a central sindical nacionalista chama a non participar neste proceso
Ao longo da última semana de outubro CCOO e UGT anunciaron que van realizar referendos en máis de 700 empresas do metal da provincia de Pontevedra  para preguntar sobre o preacordo que xa asinaron coas asociacións empresariais do Metal na semana pasada. A CIG-Metal xa anunciara que non ía asinar este preacordo, xa que é insuficiente e é a mesma proposta que xa fora presentada no mes de xuño, rexeitada polas asembleas de traballadores en folga. Diante da convocatoria destes referendos a CIG chama a non participar deste proceso, xa que "é unha votación para xustificar o seu preacordo e lexitimar unha sinatura dun convenio, que queda moi lonxe das demandas do sector e polas que se loitou moi duramente este ano".
22/10/2009 O novo software provoca atrasos na tramitación dos procedementos
O Sector de Xustiza da CIG vén de denunciar o deficiente funcionamento do programa informático Minerva no Xulgado de Violencia sobre a Muller de Pontevedra, que está a provocar atrasos nos trámites dos procedementos e que pode levar a un atasco “moi difícil de pórlle remedio”. Dende a central reclámase a Xunta que revise a instalación do software e busque unha solución urxente a este problema.
13/10/2009 A central convoca folga o día 19 e concentracións de delegados/as os días 20 e 21 de outubro
Coincidindo cunha nova reunión entre patronal e sindicatos na Mesa de Negociación do Metal de Pontevedra, a CIG realizou un chamamento a todos os traballadores e traballadoras do sector para que secunden a xornada de folga convocada o vindeiro día 19, con motivo da celebración do xuízo a trece compañeiros que participaron na folga do ano 2006. Así mesmo, os días 20 e 21 de outubro a CIG-Metal desenvolverá concentracións de delegados e delegadas de todos os sectores.
1/10/2009 Informase do estado da negociación do convenio entre outras cuestións
CIG-Metal vén de editar outra folla informativa sobre a situación da negociación colectiva que será repartida entre os traballadores e traballadoras afectadas polo convenio provincial do Metal de Pontevedra. Outros temas como a celebración do macroxuizo contra 13 traballadores do sector polo convenio do 2006 ou as sancións ou a contratación son algunhas das cuestións que se abordan neste texto, que reproducimos a continuación
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com