Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Bernie Sanders, o que faz cantar o galo?
26/04/2016António Santos
A campanha eleitoral de massas protagonizada por Bernie Sanders é, em primeiro lugar, uma expressão eleitoral da frustração da classe trabalhado...
O mistério da classe média da América Latina
26/04/2016Alfredo Serrano
Depois da vitória de Mauricio Macri na Argentina, da derrota eleitoral do chavismo na Assembleia da Venezuela, do resultado negativo de Evo Morales...
Para compreender o neoliberalismo além dos clichês
26/04/2016George Monbiot
Os governos usam as crises neoliberais tanto como desculpa quanto como oportunidade para baixar impostos, privatizar os serviços públicos restante...
Brasil: O que está em causa?
22/04/2016Pedro Guerreiro
A situação no Brasil torna patente a agudização da luta de classes neste grande país da América latina, confrontando-se aqueles que lutam por ...
Esclarecendo o Golpe de Estado que se vive no Brasil
20/04/2016Alexandre Banhos Campo
Há uns dias no pgl.gal apareceu um artigo meu, no que falando de certas particularidades da Justiça espanhola, acabava conetando o assunto com a e...
Operação Venezuela
15/04/2016Luís Carapinha
Queremos Galego
14/12/2010 A proposición de lei pretende “garantir inequivocamente” o uso oficial do galego no ensino e nas administracións públicas de Galiza para que a cidadanía poida “exercer plenamente os seus dereitos lingüísticos”
O pleno do Parlamento de Galiza debaterá hoxe, 14 de decembro, a toma en consideración da proposición de lei impulsada no seu día pola Plataforma Cidadá Queremos Galego para “a garantía e protección dos dereitos lingüísticos no ensino e no ámbito das administracións públicas” a través do procedemento de Iniciativa Lexislativa Popular (ILP).
18/10/2010 Será presentada como proposición de Lei polo BNG logo de ser rexeitada a súa tramitación como Iniciativa Lexislativa Popular polo PP na Mesa do Parlamento
Representantes de diversas organizacións e colectivos integrados na plataforma cidadá Queremos Galego -entre os que se atopaban o secretario xeral da CIG, Suso Seixo ou o secretario nacional de CIG-Ensino, Anxo Louzao- presentaron no rexistro do Parlamento de Galiza preto de 30.000 sinaturas recollidas en apoio á Iniciativa Lexislativa Popular en defensa dos dereitos lingüísticos. A plataforma escolleu esta emblemática data por coincidir co día no que se celebrou, en 2009, a máis grande manifestación cívica a prol do galego.
20/6/2010 Preto de 250 profesores /as participaron no encontro organizado pola CIG-Ensino e Queremos Galego contra a prohibición de ensinar na nosa lingua matemáticas, tecnoloxía, física e química
Preto de 250 profesores/as participaron no encontro organizado pola CIG-Ensino e Queremos Galego, no marco do Museo do Pobo Galego, en Compostela, en defensa “de podermos continuar a impartir as aulas de Matemáticas, Tecnoloxía e Física e Química en galego e para amosar o rexeitamento a este decreto que procura erradicar o galego como lingua de comunicación científica”. Dende a CIG-Ensino, o seu secretario nacional, Anxo Louzao, denunciou que o decreto do plurilingüismo pretende marxinar o noso idioma do sistema educativo, impide a normalización lingüística e imposibilita que o alumnado acade a competencia suficiente para que poida usar o galego con toda a normalidade.
16/6/2010 Organizado pola CIG-Ensino, en colaboración coa plataforma Queremos Galego, ás 18 horas no Museo do Pobo Galego
A CIG-Ensino, en colaboración coa plataforma Queremos Galego, celebrará un encontro que terá lugar o vindeiro día 18 de xuño, ás 18 horas, no Museo do Pobo Galego, en defensa “de podermos continuar a impartir as aulas de Matemáticas, Tecnoloxía e Física e Química en galego e para amosar o rexeitamento a este decreto que procura erradicar o galego como lingua de comunicación científica”. Dende a CIG-Ensino denuncian que o decreto do plurilingüismo pretende marxinar o noso idioma do sistema educativo, impide a normalización lingüística e imposibilita que o alumnado acade a competencia suficiente para que poida usar o galego con toda a normalidade.
20/5/2010 Núñez Feijóo desoe a miles de persoas, organizacións sociais, institucións e mesmo ao Consello Consultivo
A plataforma cidadá Queremos Galego, que agrupa a máis de 700 diversas entidades que teñen como nexo común a defensa da lingua propia de Galiza, rexeita o “decretazo contra o galego” que volveu presentar esta mañá o presidente da Xunta “con só unha pequeniña nova capa de maquillaxe”.
17/5/2010 O máis reivindicativo Día das Letras Galegas celébrase cunha histórica manifestación
Unha multitudinaria manifestación percorreu as rúas de Compostela convocada pola plataforma cidadá Queremos Galego, baixo o lema “O galego, o noso existir”, para celebrar un histórico e reivindicativo Día das Letras Galegas. Unha xornada na que estivo presente na memoria de todos e todas as asistentes Uxío Novoneyra, ao que se homenaxeaba nesta data, porque o galego, a forza do noso amor, non pode ser inútil, como se lembrou, unha e outra vez nas diferentes intervencións.
14/5/2010 A marcha sairá as 12 do mediodía dende a Alameda de Compostela, baixo o lema “O Galego, o noso existir”
A Plataforma Queremos Galego insta a toda a cidadanía galega a participar nunha nova manifestación nacional en defensa da nosa lingua propia o vindeiro luns 17 de maio, Día das Letras Galegas. Baixo o lema “O Galego, o noso existir” a plataforma cidadá agarda que a mobilización “sexa de novo histórica polas súas dimensións” e que se repita a imaxe do pasado 21 de xaneiro cando a Praza do Obradoiro quedou pequena para acoller á multitude que secundou a manifestación contra o decretazo.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com