Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Um olhar sobre o Brexit
01/07/2016João Ferreira
A ausência ou debilidade de projectos de ruptura pela esquerda com a UE constitui um perigo capaz de comportar consequências potencialmente trági...
Brasil: O golpismo contra-ataca
30/06/2016Emir Sader
A incapacidade de iniciativa política da luta contra o golpe, que combine mobilizações populares com proposta política viável no curto prazo, ...
Porque os britânicos disseram não à Europa
28/06/2016John Pilger
O voto maioritário dos britânicos a favor do abandono da União Europeia foi um acto de democracia pura. Milhões de pessoas comuns recusaram-se a...
UE: Os dias contados
28/06/2016Jorge Bateira
Tendo em conta que as políticas da UE não serão alteradas no essencial, já que isso é do interesse das elites alemãs e da tecno-burocracia de ...
O referendo inglês: o irrecusável "não", suas perspectivas e riscos
28/06/2016Haroldo Lima
A UE frustrou a esperança de vida de grande parte da gente que dizia unir. O bem-estar foi substituído pela "austeridade". E as reações se este...
O direito soberano de decidir
23/06/2016João Pimenta Lopes
readmisión
23/10/2013 A CIG reitera a súa denuncia a respecto do despilfarro escandaloso que supón o desembolso de 400.000 € en concepto de custos salariais
O comité de empresa de AGADER, do que forman parte UGT, CCOO, CSI-CSIF e a CIG, acordou en xuntanza extraordinaria celebrada o pasado martes reclamar da Xunta de Galiza a readmisión inmediata de todas as traballadoras despedidas. A CIG reitera  a súa denuncia a respecto do despilfarro escandaloso que supón o desembolso de 400.000 € en concepto de custos salariais para facer fronte ás sentenzas que declaran nulos os despedimentos.
11/10/2013 A Xunta leva gastados en concepto de salarios, a estas alturas, 400.000 euros mantendo á xente na casa
O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza vén de emitir sentenza pola cal se reitera a nulidade dos despedimentos de traballadoras e traballadores da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER). A CIG considera que deste xeito queda constatado o despilfarro de cartos públicos ao manter a estas persoas na casa, cobrando e sen traballo efectivo, só para eludir as sentenzas que obrigaban á readmisión deste persoal.
18/4/2013 Ao remate da rolda de prensa realizaron un peche en Medio Rural do que saíron, contra as 12:30 horas, escoltadas pola policía
A CIG denunciou esta mañá en rolda de prensa que a Xunta prefire pagar ás traballadoras readmitidas de Agader por orde xudicial, sen darlles traballo efectivo e nin sequera un lugar físico onde estar. Renato Núñez, secretario de Organización da central sindical en Compostela, que compareceu acompañado por 11 traballadoras e traballadores, asegura que este ente público pretende así evitar que se visualice que existe traballo que este persoal poderían realizar.
19/3/2013 A CIG-Servizos realizou unha concentración diante do edificio coincidindo coa presenza de Núñez Feijoo na clausura dunhas xornadas
Traballadoras do Pazo de Congresos continuaron este martes co calendario de mobilizacións para protestar polo despedimento de todo o persoal de limpeza dese edificio. A mobilización realizouse aproveitando a celebración no Pazo de Congresos dunhas xornadas de empresarios a cuxo acto de clausura asistiu o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, quen nin sequera se interesou pola situación das traballadoras.
12/3/2013 Denuncia que readmitíndoos agora xa terá que pagar uns 100.000 euros, cantidade que se incrementará canto máis atrase a súa reincorporación
En novembro de 2012 a empresa pública AGADER procedía á modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT) e despedía así a 23 traballadoras e traballadores. As sete primeiras sentenzas feitas públicas declaran nulos os despedimentos, o que obriga á súa readmisión e a pagar a Seguridade Social destes meses ademais dos salarios de tramitación. Renato Núñez, secretario de Organización da CIG de Compostela demanda a súa inmediata readmisión, así como a de todas as demais traballadoras e traballadores e denuncia que se agora o organismo tería que pagar xa uns 100.000 euros, a cantidade será maior canto máis atrase a súa reincoporación.
28/11/2012 O xulgado do social recoñeceu a improcedencia do despedimento de dous xardineiros de Suplusa, empresa que depende do ente provincial
A CIG de Lugo interrompeu a sesión do Pleno da Deputación de Lugo celebrada na tarde do martes para esixir á readmisión dos dous traballadores de Suplusa (empresa dependente do ente provincial) que foron despedidos por reclamar os seus lexítimos dereitos e cuxo despedimento foi considerado improcedente polo Xulgado do Social.
16/11/2011 Arredor dun cento de persoas concentrouse fronte á Deputación de Pontevedra para reclamar estabilidade laboral
Arredor dun cento de bombeiros de todos os parques do país participaron hoxe na concentración convocada ás portas da Deputación de Pontevedra para reclamar a readmisión de dous compañeiros do Porriño. Os traballadores/as, que levan máis de catro meses en folga, denuncian que a empresa que xestiona os parques provinciais segue sen garantir a estabilidade laboral.
cig.prensa@galizacig.com