Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Sahara, un conflito esquecido
26/08/2016Iosu Perales
O obxectivo marroquí non é outro que provocar unha fatiga en Nacións Unidas, e mesmo na poboación saharauí, de maneira que cedan ante o que é ...
EEUU en contra do Libre Comercio?
26/08/2016Germán Gorraiz Lopez
A Asociación Transpacífico (TPP polas súas siglas en inglés) sería a peza central de Obama na súa política de reafirmación do poder económi...
Portugal: Sanções, FMI e cegueiras
24/08/2016Sandra Monteiro
A arquitectura da União Europeia neoliberal, mais ou menos punitiva, está formatada para impor a Portugal desemprego, salários baixos, emigraçã...
A nova doutrina estratégica Turca
23/08/2016Thierry Meyssan
A nova doutrina estratégica Turca conduziu já Ancara a restaurar boas relações, pelo menos comerciais, com vários dos seus vizinhos. No fim de ...
A lógica do capitalismo neoliberal
22/08/2016Prabhat Patnaik
Os dias tranquilos do neoliberalismo estão acabados, o que portanto traz para a agenda histórica uma luta pela sua transcendência. Isto pode ser ...
Guerras e crises na África de hoje
22/08/2016Carlos Lopes Pereira
50 verdades sobre Fidel Castro
17/08/2016Salim Lamrani
sanidade pública
21/7/2016 Demanda a apertura de todas as camas para atender as e os doentes desta especialidade
A CIG-Saúde de Lugo denuncia que en toda a provincia e nas súas tres áreas sanitarias quedan abertas só 49 camas da especialidade de cirurxía, ao estar unicamente operativas 15 no Hospital da Mariña e 34 en Lugo. No hospital de Monforte as camas desta especialidade “están todas pechadas”.
1/6/2016 A Comisión de Centro de Especializada do CHUAC mobilizouse para esixir un incremento de persoal e contra o peche de camas no verán
Persoal sanitario realizou este mércores unha concentración no Hospital da Coruña contra os recortes aplicados pola Xunta do PP, que, unha vez máis, repite peche de camas durante o período estival. Na área da Coruña esta medida suporá contar con arredor de 200 camas menos “o que abocará o servizo de urxencias ao colapso e os/as doentes a estar amoreados/as nos corredores días e días pola falta de camas para ingresar”.
27/5/2016 Consideran a medida un “novo golpe, que vai provocar unha maior deterioración da sanidade pública”
A Xerencia do Hospital da Coruña vai pechar en torno a 200 camas este verán. A medida afecta a todos os hospitais e a todas as áreas: unidade de coidados intensivos, reanimación, uroloxía, pediatría, unidade de coidados continuos/paliativos, reumatoloxía, medicina interna, hospital de día. A Comisión de Centro hospitalaria denuncia este “novo golpe ao hospital, que vai provocar unha maior deterioración da sanidade pública”.
12/5/2016 Xunta de Persoal e SOS Sanidade convocaron a protesta para denunciar as graves deficiencias que padece a área sanitaria viguesa
Milleiros e milleiros de persoas participaron este xoves en Vigo nunha masiva manifestación convocada pola Xunta de Persoal do Chuvi e a plataforma SOS Sanidade para denunciar as graves deficiencias que padece a área sanitaria sanitaria e reclamar o rescate da concesión do hospital Álvaro Cunqueiro, a xestión pública do Meixoeiro, a utilización dos dous anexos do Xeral, a reapertura do policlínico Cíes e a mellora da atención primaria. Ao remate da protesta leuse un manifesto conxunto no que tamén se esixe a demisión do xerente da EOXI, demanda que foi coreada por todos/as os asistentes.
26/4/2016 A central denuncia a escaseza de persoal no centro e demanda o rescate da sanidade pública
A CIG de Vigo convoca unha concentración na entrada das consultas externas do hospital Álvaro Cunqueiro este mércores ás 10.00 horas para denunciar a precariedade laboral no centro médico e a escaseza de traballadores/as en todas as súas áreas. Con esta mobilización a central quere reclamar tamén o rescate da sanidade pública e reivindicar un servizo gratuíto e de calidade.
11/4/2016 A Federación alerta da falta de inversións en equipamentos e os recortes de persoal e cuestiona a xestión na área de xestión integrada
A CIG-Saúde denuncia que a falta de inversións en equipamentos e os recortes en persoal está tendo consecuencias moi negativas para a sanidade pública na Área de Pontevedra e o Salnés. A falta de investimentos e o traslado de servizos a outras áreas sanitarias “é unha mostra do abandono ao que ten sometido a Pontevedra o goberno de Feijoo”, censuran.
1/3/2016 Convocan concentracións o día 3 nas áreas sanitarias e manifestación o 10 en Santiago
CIG, CCOO, UGT, CSI-F, CESM-Omega, SATSE e máis SAE anunciaron esta mañá, en rolda de prensa, a convocatoria de concentracións en todas as áreas sanitarias o día 3 de marzo e unha manifestación en Compostela, o día 10 de marzo, con saída ás 11:00 horas de diante da explanada da consellaría de Sanidade, en San Lázaro, para denunciar a OPE que vén de ser convocada, a eliminación de postos de traballo e a precariedade laboral que se está a dar no SERGAS. Unha política laboral que está afectando á prestación deste servizo público básico por mor da falta de persoal.
cig.prensa@galizacig.com