Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Entrevista a João Pedro Stédile: “O verdadeiro objectivo do golpe no Brasil não era Dilma”
31/08/2016Geraldino Colotti
Neste momento tão crítico para a luta de classes no Brasil, em que a direita nos impôs um golpe parlamentar e expulsou a presidente, só podemos ...
Brasil: A coragem da democracia contra a covardia da ditadura
31/08/2016Emir Sader
A direita está moralmente derrotada, comprometida com a ideia e a pratica de um golpe contra a democracia. Se apoia no monopólio privado da mídia...
Refugiados e deslocados: Podíamos ser nós…
29/08/2016João Pimenta Lopes
O fluxo de refugiados e deslocados, hoje já sem as muitas capas e noticiários que encheu até Março deste ano, tem uma dimensão que é muitas ve...
Mercosul na contra-maré
29/08/2016Luís Carapinha
A inflexão do rumo do Mercosul ou mesmo a sua paralisação se inscrevem na estratégia dos EUA de promoção da Aliança do Pacífico (à qual a A...
Sahara, un conflito esquecido
26/08/2016Iosu Perales
O obxectivo marroquí non é outro que provocar unha fatiga en Nacións Unidas, e mesmo na poboación saharauí, de maneira que cedan ante o que é ...
EEUU en contra do Libre Comercio?
26/08/2016Germán Gorraiz Lopez
Portugal: Sanções, FMI e cegueiras
24/08/2016Sandra Monteiro
A nova doutrina estratégica Turca
23/08/2016Thierry Meyssan
A lógica do capitalismo neoliberal
22/08/2016Prabhat Patnaik
sanidade pública
6/3/2014 A CIG-Saúde atribúe o ocorrido ao deterioro “dun hospital que non se coida” e ás políticas neoliberais de desmantelamento do sistema público
O mércores pola mañá tivo lugar un derrubamento do teito na área de consultas externas do Hospital da Costa en Burela. Afortunadamente, sinalan dende a CIG-Saúde da Mariña, non houbo que lamentar danos persoais, a pesar de que pasou nunha zona e hora con grande afluencia de usuarios e usuarias que se atopaban nas consultas.
3/2/2014 Aseguran que este é o único servizo que carece dun plan funcional debido á discrepancia no número de facultativos necesarios para atender a demanda
A Comisión de Centro da atención especializada do CHUS denuncia o deterioro da calidade asistencial do servizo de urxencias do Hospital Clínico onde os doentes vénse obrigados a permanecer horas en espera dunha cama para o seu ingreso. Algo que afirman “cada vez é máis complicado debida a perda de camas que leva tendo este Complexo Hospitalario nos últimos tempos por mor da política da dirección de minimizar o ingreso de doentes”.
30/1/2014 O Comité Europeo de Dereitos Sociais emitiu un informe no que lembra ao goberno que ten a obriga de garantirlles o acceso sexa cal sexa o seu estatus ou residencia
O Comité Europeo de Dereitos Sociais vén de emitir un informe no que lembra ao Estado español que limitando o acceso á sanidade á poboación inmigrante está a violar a Carta Social Europea, da que é asinante desde 1978. A CIG-Saúde exixe a inmediata retirada do Real Decreto 16/2012.
15/1/2014 Denuncian o endurecemento das politicas privatizadoras do PP malia o éxito das mobilizacións de decembro e a ausencia de diálogo da consellaría
As organizacións sindicais que operan no ámbito da sanidade pública, CIG, CCOO, SAE, CESM e OMEGA compareceron esta mañá en rolda de prensa para denunciar que, malia o éxito da folga dos días 9 e 10 de decembro e das masivas mobilizacións, a Xunta de Galiza, lonxe de mudar as súas políticas en materia sanitaria, aínda as “radicalizou” máis. Xunto a isto denunciaron a ausencia de diálogo coa consellaría de Sanidade, exixiron a presenza da conselleira na próxima Mesa Sectorial e adiantaron que coincidindo coa súa celebración convocaranse mobilizacións.
13/12/2013 A central sindical denuncia que unha planta de pediatría permanece pechada dende o verán
A CIG-Saúde rexeita o peche/bloqueo de 40 camas no Hospital Lucus Augusti durante este nadal, acordado pola Xerencia e do que a central sindical tivo coñecemento a través das informacións publicadas na prensa, pois dende a dirección non se realizou aviso nin comunicación a este respecto.
10/12/2013 Conclúen dúas xornadas de folga contras as políticas privatizadoras e de recortes deseñadas polo PP e impostas pola consellaría de Sanidade
Miles de persoas saíron ás rúas das cidades e vilas galegas na tarde-noite deste martes para amosar o seu rexeitamento ás políticas sanitarias do PP e en defensa da sanidade pública, universal, gratuíta e de calidade. As mobilizacións puxeron o colofón a dúas xornadas de folga que foron secundadas masivamente polo persoal contra os recortes nas prestacións, nos servizos e nas condicións laborais. Unha políticas que abren a vía cara o seu progresivo desmantelamento e privatización “para poder facer negocio coa enfermidade das persoas”.
5/12/2013 CIG-Saúde denuncia esta nova demora e lembra que antes da privatización os problemas resolvíanse de xeito inmediato
A CIG-Saúde de Lugo vén de denunciar que a privatización da Sección de Electromedicina (unha parte do servizo de mantemento que se encarga de determinados equipos, sinaladamente nos servizos de Quirófano, Endoscopias, Radioloxía, Esterilización, Diálise, etc.) seguen a ser fonte de problemas. Nesta ocasión trátase dun aparato que se utiliza en Cirurxía Ortopédica e Neurocirurxía, que leva máis de 15 días inutilizado.
cig.prensa@galizacig.com