Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
UE/Euro: Prisão de povos
17/07/2015Jorge Cadima
Os acontecimentos dos últimos dias são portadores de importantíssimos ensinamentos sobre a verdadeira natureza da dominação de classe, do imper...
A operação em curso – nome de código: Grécia
10/07/2015Vaz de Carvalho
Contrariamente às ilusões europeístas o sistema é incapaz de resolver os problemas provocados pela financeirização da economia a favor do rent...
Aprofundamento da União Económica e Monetária Europeia – ensaio sobre a cegueira
10/07/2015Miguel Viegas
Em traços gerais, este relatório dos cinco presidentes aponta para o reforço dos pilares neoliberal e federalista da UE. Podando o discurso dos h...
Grécia – a força do povo
10/07/2015Ângelo Alves
O povo grego emitiu uma opinião muito «simples» e clara. Quer mandar no seu próprio devir colectivo. Entende que o seu país é o seu povo e nã...
Uma guerra de classe
10/07/2015Filipe Diniz
A UE conduz uma guerra. Descrever essa guerra como uma guerra que opõe países ricos e países pobres não ajuda a entender a sua natureza. É uma ...
O caldeirão grego
03/07/2015Luís Carapinha
Ucrânia, o fascismo galopante
25/06/2015Raúl Antonio Capote
O contra-senso comum
25/06/2015Boaventura de Sousa Santos
sanidade pública
18/12/2012 Solicita do goberno galego que inste ao goberno central a derrogar o RD Lei 16/2012 de 28 de maio
CIG-Saúde congratúlase pola sentenza que vén de emitir o Tribunal Constitucional avalando o dereito á atención sanitaria dos estranxeiros non comunitarios sen os papeis en regra. Esta sentenza vén de lembrar o que se recolle no artigo 1 da Lei 14/1986 de 25 de abril da Lei Xeral de Sanidade que estaba baseada no artigo 43 da Constitución e demais artigos relativos. Unha Lei que contempla, no artigo 1, que son titulares do dereito á protección da saúde e atención sanitaria todas/os as/os cidadáns, incluídos os estranxeiros que teñan estabelecida a súa residencia no estado español.
16/12/2012 María Xosé Abuín asegura que “é nazismo” cebarse cos colectivos máis desfavorecidos, cos que padecen enfermidades crónicas ou con quen teñen patoloxías máis graves
O goberno de Mariano Rajoy vén publicando, nas últimas semanas, toda unha serie de ordes ou borradores de ordes, que introducen medidas de recorte nas prestacións sanitarias, desde o (re)pago no transporte sanitario, ortopróteses ou produtos dietéticos, até o aumento do número de medicamentos excluídos ou o pagamente daqueles que son de uso hospitalario para doentes que seguen o tratamento no seu domicilio. A CIG-Saúde denuncia que se trata dun imposto á enfermidade, e que “o PP cébase con aqueles colectivos máis desfavorecidos, máis enfermos, con patoloxías máis graves e con menos recursos”.
13/12/2012 Matiza que o informe presentado representa só a opinión dos seus 10 redactores, e en todo caso do presidente da OMC e da cúpula estatal dos colexios de médicos
Diante das informacións aparecidas na prensa sobre o informe “Profesión médica e reforma sanitaria” solicitado polo presidente da Xunta, e entregado este luns polo presidente da Organización Médica Colexial (OMC), a Agrupación Médica de CIG Saúde considera que se trata dunha operación de marketing a favor de Núñez Feijóo.
5/12/2012 CIG-Saúde denuncia que o fixo en plena campaña electoral pero que, no canto de anuncialo no DOG, recorreu ao Diario Oficial da UE para que pasara desapercibido
O pasado 14 de novembro, en plena campaña electoral, o SERGAS publicou no Diario Oficial da Unión Europea (DOUE) unha oferta para privatizar o servizo de mantemento da Sanidade Pública Galega. A CIG-Saúde, vén de pór en marcha unha campaña para sensibilizar ao persoal das consecuencias que ten esta decisión e de que o camiño para a privatización está en marcha.
4/12/2012 Organizacións sindicais e Plataformas realizaron este martes mobilizacións nos hospitais e centros de saúde
Traballadores e traballadoras dos hospitais e centros de saúde do país desenvolveron este martes unha xornada de protestas en contra do proceso de desmantelamento e privatización do sistema sanitario público e para demandar que os Orzamentos da Xunta para 2013 se contemplen as partidas necesarias para garantir e fomentar a sanidade pública.
27/11/2012 Os/as asistentes ás xornadas de enfermería abandonaron a sala antes do inicio da conferencia da Directora de RRHH de Capio Hospitales
Persoal do Hospital Lucus Augusti protagonizou este martes unha protesta en contra da privatización da sanidade pública aproveitando a presenza da Directora de Recursos Humanos do Grupo Capio Hospitales, Elena Arias Ménéndez, no marco dunha xornada organizada polo Colexio de Enfermería de Lugo. Cómpre lembrar que o grupo empresarial se encarga da xestión de hospitais públicos, sobre todo en Madrid, Castela A Mancha e Valencia, que foron privatizados polos gobernos do PP.
5/11/2012 Advirte que o SERGAS será incapaz de cumprir os prazos máximos de 60 días para intervencións cirúrxicas e de 45 días nas consultas e que dará maior participación á privada
CIG-Saúde denuncia que desde a Consellaría de Sanidade preténdese vender o anteproxecto de Lei de Garantías de Prestacións Sanitarias como unha norma dirixida a facilitar ás persoas usuarias do  sistema sanitario unha maior calidade na prestación e un uso máis democrático do mesmo, cando “o que se esconde detrás é o fracaso das políticas sanitarias levadas a cabo nestes 4 anos” e está ateigado de “vaguidades e falsas verdades”, poñendo en cuestión o mantemento dunha sanidade “pública, gratuíta, universal e de calidade”.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com