Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Brasil, chave do futuro da América Latina
31/05/2016Emir Sader
A eventual destituição de Dilma e o final da experiência de governo do PT no Brasil aparece, para a direita continental, como o que seria uma vir...
A natureza da crise sistêmica global: às vésperas do choque das placas tectônicas do capital
30/05/2016Edmilson Costa
Mesmo com toda a ofensiva do capital, o quadro de aparente calmaria pode mudar bruscamente se as massas se colocarem em movimento. Todas as revoltas...
Colonialismo, Neocolonialismo e Balcanização: As três idades de uma dominação
30/05/2016Said Bouamama
À mutação da base material do capitalismo corresponde uma mutação das formas da dominação política. O principal objectivo já não é instal...
A partida de xadrez xeopolítica EEUU-Rusia en América Latina
27/05/2016Germán Gorraiz Lopez
As medidas cosméticas tomadas pola Administración Obama no seu primeiro mandato, a respecto de Cuba, deixan intacto o bloqueo e non cambian substa...
O novo cenário brasileiro
27/05/2016Immanuel Wallerstein
O que um movimento que venha a suceder o PT poderá fazer é voltar às raízes, como movimento anti-imperialista consistentemente de esquerda. Não...
Estratégia do golpe global
27/05/2016Manlio Dinucci
Venezuela
26/05/2016Pedro Guerreiro
sanidade pública
2/4/2013 A CIG-Saúde de Compostela denuncia o deterioro da asistencia na área sanitaria
A CIG-Saúde da  Área de Compostela denuncia a xestión da  Xerencia Integrada  de Santiago  e a política sanitaria da Consellería de Sanidade, que facendo uso do seu plan de austeridade non están a cubrir con substitutos as prazas de médicos que están de baixa por Incapacidade Temporal. Aseguran que a diminución de persoal nos servizos afectados está a provocar unha merma da calidade asistencial, xa que as/os doentes correspondentes a estas/es facultativos téñenos  que asumir  o resto, incrementando o volume  de  pacientes nun  200% en casos como psiquiatría. Denuncian que hai doentes que teñen que ser atendidos/as mesmo por médicos en período de formación.
18/3/2013 O persoal do Hospital da Costa realizou este luns unha concentración en demanda dun decreto de xestión propio
Miles de persoas manifestáronse este sábado en Monforte en defensa da autonomía e a capacidade de xestión do Hospital Comarcal, xa que a aprobación do Decreto de xestión integrada de ámbito provincial, suporá que os hospitais de Monforte e Burela pasarán a depender da área sanitaria de Lugo, afondando así no desmantelamento destes centros hospitalarios, na perda de servizos e no deterioro da atención prestada á cidadanía destas zonas.
7/3/2013 A central sindical considera que non poden estar nun mesmo plano a sanidade pública e a privada
Esta mañá celebrouse, na sede da CIG en Compostela, unha xuntanza entre representantes da Asociación de Hospitais Privados de Galiza (Ahospgal), nomeadamente o seu presidente, Justo Jorge López e o seu secretario, Manuel López-Pardo e en representación da central sindical o secretario xeral, Suso Seixo, a secretaria nacional de CIG-Saúde, María Xosé Abuín.
19/2/2013 Secretaria Nacional de CIG-Saúde
O persoal do SERGAS desenvolveu nas últimas semanas unha campaña de mobilizacións para denunciar que os recortes previstos nos Orzamentos da Xunta para 2013 provocarán a deterioración da sanidade pública galega e das condicións laborais e salariais do seu persoal. A secretaria nacional de CIG-Saúde, María Xosé Abuín, advirte de que con estas medidas non se trata de paliar a crise, senón de aplicar a folla de ruta que o Partido Popular puxo en marcha desde a súa chegada ao goberno da Xunta e que persegue, tal e como explica nesta entrevista, a súa privatización.
14/2/2013 Negaron as afirmacións da xerencia e a consellaría, que xustifican o estado de saturación do servizo por un incremento de doentes
A Comisión de Centro do CHUAC compareceu este xoves en rolda de prensa para denunciar o estado “de extrema gravidade” no que continua o Servizo de Urxencias así como “as reiteradas mentiras” a respecto da situación do servizo realizadas “polos responsábeis do Hospital, a Consellería de Sanidade e o propio presidente da Xunta”.
14/2/2013 Coincidindo coa conmemoración do Día Europeo da Saúde Sexual e Reprodutiva
Coincidindo coa conmemoración este xoves do Día Europeo da Saúde Sexual e Reprodutiva, realizouse unha nova concentración en defensa da continuidade do Centro de Orientación Familiar (COF) do Ventorrillo (A Coruña), cuxo servizo vai pechar tras a decisión do Sergas de non cubrir a praza de xinecólogo/a, logo da xubilación do profesional que a ocupaba.
7/2/2013 En contra dos novos recortes e medidas contempladas nos orzamentos da Xunta
A primeira hora da mañá deste xoves retomábanse os peches itinerantes e as mobilizacións que as organizacións sindicais teñen acordado realizar en todas as áreas en protesta polas políticas antisociais que está a aplicar o PP e os recortes e medidas contempladas na Lei de Orzamentos de 2013 que, denuncian, terán graves consecuencias laborais, salariais e para a calidade da prestación sanitaria. Desta volta as protestas realizáronse nos hospitais de Ferrol, Pontevedra, Monforte e Cee.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com